People in Order's Age. Dirixido por Lenka Clayton and James Price . Esta curta, presentado no Portable Festival parte dunha idea tan simple como pedir a un grupo de persoas que toquen o tambor. Quen son os intérpretes? Representantes de todas as idades de 1 a 100 anos. Dura tres minutos. Tedes que velo, é tremendamente efectivo e ata conmovedor.
Showing posts with label VELLEZ. Show all posts
Showing posts with label VELLEZ. Show all posts
Tuesday, 15 January 2008
A ritmo de tambor
Etiquetas:
RECOMENDACIÓNS,
VELLEZ
Wednesday, 12 September 2007
Diferenzas
Onte líamos na prensa o entusiasmo de María Amelia, a internauta coruñesa de 95 anos que declaraba estar chea de vida e gozando de cada minuto que pasaba conectada á rede. Era case imposible non sorrir de admiración ao vela tan fresca, tan sedenta de información. Aquí tendes a ligazón do seu envexable blog, que recibe centos e centos de visitas de xente de todo o mundo e de todas as idades. Foi un agasallo do seu neto para celebrar o seu cumpreanos. Por certo, non vos perdades o vídeo.
Hoxe, en cambio, lemos a morte do Toro de la Vega, festexo declarado de interese turístico rexional pola Junta de Castilla y León. Entramos nesta páxina de denuncia onde se describe con detalle todo este ritual de morte e crueldade extremas. Entramos tamén nesta ligazón onde se defende a morte do animal con vehemencia en nome de non sabemos que estúpidas raíces e tradicións.
É certo que debemos construír entre todos sociedades plurais onde poidamos convivir malia as nosas diferenzas pero ás veces non podemos nin queremos ocultar o sorriso e a admiración que nos produce a enriquecedora vellez de Mº Amelia nin a repulsa e o noxo máis contundentes ante o Torneo del Toro de la Vega
Sunday, 10 June 2007
VELLOS ROCKEIROS
Non é fácil ser vello nesta sociedade onde a beleza e a mocidade son valores en constante alza. Que che pasará pola cabeza cando ves que a sabedoría acumulada ao longo da túa vida non vale para nada, que te tratan como a un neno torpe e ignorante? Como se sente unha persoa nunha institución para anciáns? A idea deste vídeo xorde cando o documentalista británico Tim Samuels decide recrutar a unha chea de anciáns solitarios e abandonados, crear unha banda de rock con eles, facelos saír das súas casas en busca da gloria rockeira e facer unha película con todo isto, incluíndo a linguaxe xestual das míticas bandas de rock e utilizando a emblemática canción My generation dos inesquecibles THE WHO. Ides ver unha banda moi especial: ademais de ser un grupo moi numeroso, hai que sinalar que o seu cantante ten 90 anos, e non é o máis vello, xa que hai algún membro de case 100 .
Este vídeo está na liña da mellor crítica social británica que ás veces nos deleita con películas inesquecibles: é brillante, ácido, conmovedor divertido e deixa a porta aberta á esperanza dun mundo un pouco máis acolledor para todos nós.
Que o disfrutedes
Etiquetas:
DEREITOS HUMANOS,
MÚSICA,
VELLEZ
Subscribe to:
Posts (Atom)