Hai só uns días publicabamos o “making off” desta animación que fixeron na biblio un grupo de alumnos de 2ESOC que ten como base un dos contos preferidos polos pequenos do CEIP Crespo Rivas que visitaran a nosa biblio en breve. Forma parte dos materiais cos que agasallaremos a tan importantes visitantes.
O próximo luns visitaremos cun grupo de alumnado de 1ºBAC TIC a exposición Type in motion na fundación Barrié en Vigo que xa reseñamos no seu momento e que volvemos a recomendar de novo.
Despois de facer a visita o alumnado paricipará nun obradoiro onde realizarán e editarán en video unha secuencia de créditos dunha película imaxinaria.
“Os títulos de crédito son moi importantes en calquera película xa que, desde o inicio, teñen a obriga de conectar co espectador, meterlle dentro da historia que se vai a contar. Desde hai varios anos, non só teñen a función de presentar aos produtores e autores da película (director, actor, produtor,etc), senón que se converteron nun elemento artístico tan importante como a propia película. Uns bos títulos de crédito fan que unha película sexa boa? Non sempre, con todo na maioría de casos si ocorre”.
E esta é a escolma e os comentarios sobre algúns dos , na súa opinión, mellores créditos na historia do cine
ATRAPAME SI PUEDES
¿Cómo olvidar esta secuencia inicial de Atrapame si puedes? Estos memorables títulos de crédito fueron creados por Kuntzel y Deygas para el filme de Steven Spielberg. Una secuencia que condensa toda la historia de la película, desgranando musicalmente con una partitura de Henry Mancini.
SEVEN
Los títulos, ya clásicos, de la película Seven, creados por Imaginary Forces y Kyle Cooper, representan los siete pecados capitales de los que se habla en la película. David Fincher es conocido por su meticulosidad y lo cuidadoso que es en todos los filmes que realiza, algo que se puede observar en títulos tan visualmente atractivos y artísticos como estos.
STAR WARS
Aunque puedan parecer unos títulos no tan conseguidos como los demás, los interminables títulos de créditos de Star Wars ya han pasado a la historia del cine. En parte, gracias a la increible banda sonora compuesta por John Williams.
DRIVE
La película revelación de este último año ocupa la cuarta posición de nuestra lista de 15 mejores títulos de crédito. Nos gustan esas letras rosas en los créditos, con un cierto aire a peli de serie B. Y Ryan Gosling conduciendo su coche por las calles de Los Ángeles, con la música de Kavinsky ('Nightcall') sonando de fondo... ¿Qué más se puede pedir?
CASINO ROYALE
La vuelta de la saga James Bond en 2006, con Daniel Craig, nos trajo uno de los mejores títulos de crédito de toda la saga (quizás el mejor).
2001: UNA ODISEA EN EL ESPACIO
Más que la intro en sí, lo realmente bueno de este inicio es la música ¿Cómo olvidar este mítico tema que ya ha pasado a la historia? La obra de Richard Strauss titulada 'Así hablaba Zarathustra' es uno de los grandes temas musicales del cine. Y no podía faltar en nuestra lista.
TORO SALVAJE
Robert De Niro preparándose en el ring, en blanco y negro, y con la música de la Cavalleria Rusticana de Pietro Mascagni -tema que apareció también en El Padrino: Parte III. Increible opening para una de las mejores películas de Martin Scorsese.
SIN CITY
La música blues del comienzo, una atmósfera con cierto parecido al cine clásico de Hollywood, y la memorable actuación de Josh Harnett (probablemente una de las mejores de su carrera, aunque sólo aparezca al incio y al final de la película) hacen que el inicio de Sin City merezca estar en la lista de 15 mejores openings del cine.
LA VIDA DE BRIAN
Los Monty Python siempre se han caracterizado por un humor absurdo, lleno de sarcasmo y situaciones surrealistas. Pero algo característico de este grupo británico son sus openings, como habrán podido comprobar los seguidores de sus películas. En esta, nos intentan explicar, de una forma peculiar y surrealista, la caída de Jesucristo a no se sabe donde, la destrucción -sin sentido- de varias esculturas del imperio Romano y, finalmente, el ascenso a los cielos de la Virgen Maria.
EL RESPLANDOR
Siniestra música en el opening de la película de Kubrick, pero también técnicamente impresionante, con el seguimiento al coche por los bosques y carreteras del estado de Oregón. Como curiosidad y por si no lo sabíais, se ve la sombra de un helicóptero en el suelo.
KILL BILL vol.1
"La venganza es un plato que se sirve frío". Así comenzaba Kill Bill. Instantes después, oíamos la angustiosa respiración de Uma Thurman, agonizando y llena de sangre, producto de los golpes de Bill y sus secuaces. El tema 'Bang Bang', de Nancy Sinatra, se ha convertido en otro clásico del cine.
LA NARANJA MECÁNICA
Otra peli de Kubrick que merece estar en nuestra lista de 15 mejores openings del cine, por ese travelling inverso, y por la música Music for the Funeral of Queen Mary-March de Henry Purcell, en donde vemos a Alex y sus 'drugos' en el Milk Korova Bar, consumiendo leche plus, leche con velocentina, syntheisitiseina o drencromina, sustancias que potencian la conducta violenta, mientras planean sus próximas fechorías nocturnas
GOLDFINGER (James Bond)
Algunos la consideran la mejor película de la saga Bond. Y títulos como estos contribuyen a crear esa opinión (amén de su trama, una de las mejores de toda la saga). Respecto a la canción 'Goldfinger', está compuesta por John Barry e interpretada por Shirley Bassey.
RESERVOIR DOGS
Con la música de George Barker y su 'Little Green Bag', Taratino nos presenta a la banda de criminales formada por el señor naranja, el señor blanco, el señor rosa, el señor rubio, el señor azul, el señor marron y Eddie y Joe Cabot. Imprescindible. (Podéis encontrar la intro completa y en vídeo en Youtube)
Hoxe deron na radio o tema You never can tell de Chuck Berry, inmortalizado na famosa escena do baile de Pulp Fiction, na que contan que Uma Thurman case sofre unha crise nerviosa porque pensou que nunca podería estar á altura de Travolta. Non resistimos a tentación e achegamos a letra por se vos animades.
Para os interesados en saber practicamente todo da que moitos consideran sen dúbida a mellor obra de Tarantino
It was a teenage wedding and the old folks wished them well you could see that Pierre did truly love the madamoiselle And now the young monsieur and madame have rung the chapel bell "c `est la vie", say the old folks it goes to show you never can tell.
They furnished off an apartmentwith a two room Roebuck sale the coolerator was crammed with TV dinners and ginger ale But when Pierre found work the little money comin` worked out well "c `est la vie", say the old folks it goes to show you never can tell.
They had a hi-fi phono, boy did they let it blast seven hundred little records, all rock,rhythm and jazz but when the sun went down the rapid tempo of the music fell "c `est la vie", say the old folks it goes to show you never can tell they bought a souped-up jitney `twas a cherry red `53 they drove it down to Orleans to celebrate the anniversary it was there that Pierre was married to the lovely madamoiselle
Non deixedes de ver este interesantísimo video realizado pola ONG Survival que denunciou ante James Cameron a ameaza que representa a empresa Vedanta para os indíxenas Dongria Kondh que habitan a zona, dende tempo inmemorial, en perfecta integración co seu entorno.
Hoxe, mentras andabamos á procura de información sobre escritores rusos para o noso club de lectura (temos un socio que é un auténtico experto no tema) atopamos unha interesante referencia a Pnin unha obra de Nabokov que non coñecíamos e resulta que se pode descargar de balde na rede. Entón lembramos a inesquecible Lolita e atopamos estas fermosas esceas das dúas versions cinematográficas: a protagonizada polo xenial Jeremy Irons en 1997, e a dirixida polo tamén xenial Sanley Kubrick en 1962, aínda que pensamos que non é a mellor das súas obras.
Pnin ( PDF para descargar ou botar unha ollada por se queredes)
“La dama y la muerte”ven de recibir un Goya á mellor curta de animación. Producida por Kandor Moon y dirixida por Javier Recio, fala do importante e pouco debatido tema do dereito a tomar decisións sobre a propia morte. Alma de Rodrigo Blaas. Conta a historia dunha nena que atopa unha boneca exactamente igual a ela nunha tenda de xoguetes. Margaritade Álex Cervantes, a historia da famosa protagonista do poema de Rubén Dario. Fala de nenas que buscan estrelas , ou o que é o mesmo, de como non renunciar aos soños. Tachaaan de Rafael Cano, Carlos del Olmo y Miguel Ángel Bellot. Xa con varios galardóns en diferentes festivais. Unha historia que ten como escenario un circo dos anos 50.
Simplemente xenial. Esta historia de amor tan tenra da señora que limpa o aseo día tras día sabendo que ela nunca terá unha oportunidade…ou si? Unha curta do rusoKonstantin Bronzit. Lavatory – Lovestory- que presenta unha fermosa historia de amor nun orixinal escenario: un baño público. Bronzit utiliza un sobrio trazo en negro para contar sen diálogo de ningún tipo esta emotiva e divertida historia de amor e moito suspense en 10 minutos. Animádevos.
Buscando materiais sobre de H.P Lovecraft para a correspondente sección do club de lectura atopo esta marabilla de curta merecidisimamente galardoada e que non coñeciamos. Unha estética incrible sacada dos mundos de Verne con personaxes victorianos e un texto con reminiscencias de Poe. Non podo dicirvos se me gusta ou non a historia porque aínda non a vin enteira, pero non me puiden resistir a subila primeiro. Paga a pena vela durante algúns minutos polo menos. É tremendamente orixinal e tiven a sorte de atopar esta versión subtitulada. Mágoa non ter estes videos disponibles cando traballamos sobre Verne. Podedes ver a primeira parte, pero se vos interesa as dúas seguintes tamén están subtituladas en You Tube
Unha fotógrafa deberá tomar unha importante decisión que supoñemos familiar para moitos reporteros que cubren conflitos armados. Que facer ante unha situación que implica perigo de morte para alguén, axudar e implicarse ou permanecer alleo ao que a cámara filma?
Tamén propón unha reflexión sobre a nosa falta de reacción ante o horror cotián que contemplamos cada día desde a comodidade dos nosos comfortables fogares. Volvémonos inmunes? Olvidamos que estamos a contemplar algo real e verdadeiro, algo terrible e inhumano?.
Xa veredes que é unha curta realmente impactante, a cuarta do equipo formado porSusan Jacobson e Alex Bodenque anteriormente filmaronBushido: the way of the warrior, Cracks in the ceiling e Couch conversation.
A guerra do Líbano e a masacre de Sabra e Shatila, en debuxos animados. O cineasta israelí Ari Folman atreveuse a facer da súa experiencia persoal no exército un documental de animación e recibiu recompensa. 'Vals con Bashir' non só gañou un Globo de Ouro, senón que aspira con forza a levarse o Oscar á mellor película de fala non inglesa. Folman asegura que lle foi imposible realizar este documental con imaxes reais. O estrés postraumático que lle provocou o horror da guerra impídelle lembrar con exactitude os feitos, que no seu cerebro mestúranse con pesadelos.
Chéganos hoxe a través do correo a curta gañadora no último Festival de Cannes celebrado no pasado mes de Maio. Esta Historia dun letrero pouco despois xeraría unha viva polémica ao ser acusado de plaxio o seu autor, o mexicano Alonso Alvarez Barreda por ser a historia que conta sorprendentemente parecida á do video que aparece en segundo lugar, "Una limosna, por favor" tamén presentado con anterioridade, na categoria de curtas de menos de 30 segundos de duración, noutro festival cinematográfico Notodofilmfest. O curioso é que o seu autor, o español Francisco Cuenca Alcaraz comentou non sentirse ofendido, nin moito menos plaxiado, porque tampouco el era o creador da idea orixinal, senón que ésta baseábase nunha historia anónima que circulaba pola rede. Cada vez máis difícil o tema este dos dereitos de autor. Miúda complicación.
Pensamos que vos gustaría curiosear un pouco por esta reportaxe fotográfica adicada a Paul Newman. Compuxemos o documento en base a fotografías e textos aparecidos en TIME
THE END é unha inquedante curta que utiliza o vello xénero do western para pór en evidencia un dos temas que ben podería ser decisivo nas sociedades do futuro: a escaseza de auga potable. A curta foi moi ben recibida na expo de Zaragoza e se tedes curiosidade por botar unha ollada ao ambente que Eduardo Chapero-Jackson, o seu autor, consigue recrear podedes ver varias esceas publicadas polo País nesta ligazón. O argumento da curta, que ten unha duración estimada de 30 minutos, ten moito de actualidade: a loita pola falta de auga xa fai que nos enfrontemos por obter o control de tan prezado elemento. Así a historia trata dun grupo de civís que buscan arrebatar o control da auga ás compañias privadas e organismos oficiais e asaltan un convoy escoltado da reserva federal de auga potable. Accidentalmente, no altercado vese involucrada unha familia norteamericana, que terá que enfrontarse a unha épica supervivencia nun paraje seco, inhóspito e violento. Na súa procura, atopan unha antiga fonte , pero esta xa foi descuberta por outros superviventes. A auga enfrontará ás dúas familias que superadas pola necesidade, terán que recorrer ao mais instintivo de si mesmos. É outra lei a que impera. O salvaxe oeste volve, non como un idealizado xénero de ficción, senón como unha crúa e desapiadada realidade. Texto da sinopse traducido vía Almeríaclips.
Nesta outra ligazón podedes ver un trailer bastante interesante da premiada curta Contracuerpo, do mesmo autor. Conta a historia dunha moza que na súa obsesión polo corpo perfecto, decide transformarse en maniquí.
Despedimos definitivamente as publicacións en Mesturas ata o comezo do próximo curso en Setembro e deixamos aos nosos visitantes e lectores o agasallo de Larutanatural, curta que no seu momento obtivo o galardón de mellor curtametraxe no certame Sundance 2006. Impactante traballo de Alex Pastor que nos fai ver a reversibilidade da vida e a morte, as dúas caras da mesma vella moneda, unha simple cuestión de perspectiva e de punto de vista. Haberá que reflexionar sobre o tema... Feliz mes de agosto e algúns palíndromos máis
Parece que acaba de saír a poxa unha gravación cunhas escenas inéditas de Marilyn Monroe durante a rodaxe de The Misfits (Vidas rebeldes), con Clark Gable. Hai pouco escoitabamos o relato das súas desavenencias con Sir Lawrence Olivier cando se empeñou en producir personalmente unha película para non ter que desempeñar o papel de loura parva que sempre lle asignaban e viaxou a Londres co seu marido de quenda, o escritor Arthur Miller. A rodaxe de "O príncipe e a corista" foi un pesadelo porque ela estaba xa moi perturbada e as crises eran frecuentes. Hai só uns meses oímos dun libro que conta as últimas sesións co seu psiquiatra pouco antes do seu ¿suicidio?. Pero o que vos ofrecemos hoxe son estas imaxes da doce Norma Jeane moito antes de ser famosa. Cando era só unha rapaza que aínda botaba de menos a súa nai...
Pecha o mítico cine Palacio de la Música da Gran Vía de Madrid. Para quen pasamos a infancia en cidades pequenas próximas á gran urbe e perpetuamente anuladas por ela, cidades "de provincias", denominación que sempre nos pareceu case un insulto, ir ao cine en Madrid constituía unha ocasión especialísima que as nosas familias só de cando en vez se podían permitir. Eses espazos inmensos, cos seus palcos e grandes cortinas que só deixaban ver a enorme pantalla cando empezaba a función, nada tiñan que ver cos pequenos cines onde pasabamos as tardes de domingo. Case 500 cines había en Madrid dos que só quedan 20 no centro. Corren a mesma sorte noutras cidades: volvémonos cómodos e preferimos o videoclub da esquina ou a área comercial onde ademais de ver a película, de paso, podes ir ao supermercado ou botar unha ollada á roupa da nova tempada.
Apetécenos hoxe un paseo nostálxico por esta selección de boas películas. De ningún modo nos atrevemo a dicir que son as 100 mellores porque, coma sempre, toda selección é máis que subxectiva.
O pasado venres na 2 de TVE, no programa Versión Original puidemos ver a película Las alas de la vida.
É un documental sobre un médico, Carlos, que contrae unha grave, rara e fatal enfermidade: como asume o que lle pasa, como se enfronta á morte, que espera dese momento, como o vive a súa familia na que hai posicións diferentes, como crece a súa filla, os seus amigos... todo iso sen mexericadas, sen facer espectáculo, respectando posicións diversas e sen deixar de impactar un só momento. ¡Non sei como conseguiron tal! Parabéns ao seu director, Antoni P. Canet.
No coloquio o ministro Bernat Soria dixo que o Ministerio de Sanidade comprara os dereitos e que a ía difundir xa que a sociedadade estaba necesitada de falar da morte e romper o tabú que o mundo urbanita industrializado fixo dela.
É ben certo, tanta morte espectáculo que se oculta a morte real.
No ano 1992 o cineasta norteamericano Ron Fricke estreou "Baraka", unha das películas documentais máis impactantes das últimas décadas. O termo baraka é unha antiga voz sufí que significa "alento vital". Con esta obra, filmada ao longo de varios anos en máis de 24 países por todo o globo, Fricke pretendeu ilustrar a tensa relación existente entre o planeta e o ser humano. Para conseguilo non dubidou en contrastar imaxes de fondo calado estético e grande beleza con secuencias nas que queda patente a brutal e ás veces daniña natureza humana. Ademais, Fricke decidiu non incluír ningún tipo de rótulo ou voz en off: as imaxes debían falar por si soas, convidando ao espectador a un exercicio de reflexión e análise constante. Limitouse a remarcar as imaxes coa música de grandes nomes do panorama sonoro contemporáneo, entre eles a do xaponés Somei Satoh, os chilenos Inkuyo ou os australianos Dead Can Dance, responsables da música que ilustra o primeiro fragmento que vos presentamos.
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 2010. BIBLIOTECA IES SÁNCHEZ CANTÓN
Recomendacións de lecturas. Inverno 2009-10
Biblioteca IES Sánchez Cantón
Busco, busco
25 de Novembro 2009. IES SÁNCHEZ CANTÓN
Followers
Mesturas. De todo un pouco
Sabemos que a blogosfera é un dos espazos máis dinámicos da rede. Esta é unha bitácora de tantas que nace vencellada á biblioteca de noso centro coa única pretensión de ser unha ferramenta útil, áxil e aberta: unha ponte máis de achegamento a toda a comunidade escolar do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
As opinións e a liña xeral de Mesturas reflicte os posicionamentos do grupo de docentes que xestiona esta bitácora, non ten por que reflectir as opinións do IES Sánchez Cantón como comunidade educativa nin do actual equipo directivo.
Brendan Barnum "Linked"
COCIÑA COOLTURAL. Proxecto Interdisciplinar coordinado polo equipo da Biblioteca
Xa temos bastantes materiais elaborados. Podedes ver a correspondente sección na web do centro, os materiais e os comentarios do alumnado de 1ºBAC en Filosofía, os materiais para o alumnado de 1º ESO, e facer unha visita como invitado ao Curso MERCADO DE PROXIMIDADE na nosa aula virtual
Esta é a porta de acceso a algunhas cousas que nos gusta facer, a outras que xa fixemos, en fin, esperamos que sexa útil para que nos coñezades un pouco mellor.
Caixa de búsqueda específica capaz de atopar calquera documento en calquera formato dentro dos 67 sitios entre blogs e páxinas de apoio creados polos responsables das Bibliotecas Escolares Galegas.
vía A Nosa Biblioteca
Sabemos que a blogosfera é un dos espazos máis dinámicos da rede. Esta é unha bitácora de tantas que nace vencellada á biblioteca de noso centro coa única pretensión de ser unha ferramenta útil, áxil e aberta: unha ponte máis de achegamento a toda a comunidade escolar do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
GÚSTANOS FALAR DE
Esta é a BIBLOGTEKA, o espazo para que os distintos Departamentos traballen en rede.