Showing posts with label JAPÓN.. Show all posts
Showing posts with label JAPÓN.. Show all posts

Saturday, 19 March 2011

Ikuko: primaveira en Xapón

Unha antiga tradición de Xapón, hanami, leva ás familias,  grupos de amigos ou compañeiros de traballo a celebrar a primavera observando e gozando ao aire libre das flores, en especial das cerdeiras,  fonte de emocións para a súa cultivada sensibilidade.
Ante as circunstancias que fan que os días sexan difíciles: as restricións enerxéticas, a ameaza radioactiva, saber da destrución de pobos do seu país e da perda de vidas, quizais algunhas próximas, entón é cando se pon máis de manifesto os valores da súa cultura e das súas xentes.


Case nos custa entender a fortaleza de ánimo de Ikuko, unha amiga de Tokio, que responde ao noso mail de preocupación pola súa situación actual, dicindo:

ikukuo

Querida Ikuko desde Galicia queremos soñar cun hanami global.

Aquí podedes ver o que deberían estar a facer Ikuko e os seus amigos nestes días.

Wednesday, 25 April 2007

ESES PACIENTES MESTRES XAPONESES...

Se premedes aquí, podedes ver con detalle a gran onda, ameazante e escumosa, a piques de destruír coa súa forza as pequenas embarcacións. Esta é TSUNAMI, a obra máis coñecida do famoso pintor e gravador xaponés Hokusai 1760-1840, que por certo cuñou o termo manga xa en 1814, nada menos. Manga quere dicir bosquexo, debuxo apresurado. Aquí tendes un pequeno exemplo dun dos manga de Hokusai que mostra a súa pericia para captar os movementos do corpo. Aos 89 morreu "o vello enfadado coa pintura", como el mesmo se definía, sen satisfacer a procura da última verdade sobre esta arte. Quince anos antes escribira:
.
"[...] á idade de cinco anos tiña a teima de facer trazos das cousas. Á idade de 50 producira un gran número de debuxos, con todo, ningún tiña un verdadeiro mérito ata a idade de 70 anos. Aos 73 finalmente aprendín algo sobre a calidade verdadeira das cousas, paxaros, animais, insectos, peixes, as herbas ou as árbores. Polo tanto á idade de 80 anos faría un certo progreso, aos 90 penetraría o significado máis profundo das cousas, aos 100 faría realmente marabillas e aos 110, cada punto, cada liña, posuirá vida propia [...]"
.
Nestes tempos de présas e esixencias de resultados inmediatos, non está mal un pouco da sabia filosofía de Hokusai. Esta é unha das mellores ligazóns que atopamos na rede para que disfrutedes da súa obra. Os seus gravados foron importados a París a mediados do século XIX. Entre os seus admiradores podemos citar aos impresionistas Degas, Monet e Toulousse-Lautrec.
Tivo un magnífico seguidor no seu discípulo Hiroshige
..

Related Posts with Thumbnails