Wednesday, 28 March 2007
Tuesday, 27 March 2007
EL FINAL DEL CUENTO DE HADAS
Estes son dous titulares aparecidos na prensa durante o fin de semana pasado. "A Garda Civil busca ao marido dunha muller achada morta nun descampado en Murcia" .
"Detido un home en Alacante tras incendiar un coche coa súa ex parella dentro. A muller, que está ingresada no Hospital Xeral de Alacante, atópase grave con quemaduras no 28% do seu corpo".
É un constante suma e sigue ante o que sobran os comentarios, tan só unha puntualización: é normal entre as victimas de abusos non ser conscientes da situación en que se atopan e tamén ter sentimentos de culpabilidade pensando que, dalgún xeito, elas provocan o maltrato coa súa actitude. Por favor entra no seguinte cuestionario e busca axuda se contestarías SI a algunha destas preguntas. Ti soa non poderás resolver o problema.
Se vos apetece podedes ver o seguinte video feito por un grupo de alumnos e alumnas de Valladolid sobre un tema de El Chojín.
Monday, 26 March 2007
Tuesday, 20 March 2007
DÍA INTERNACIONAL DA POESIA. BAGHDAD BURNING


O primeiro poema
Desde o lonxe saúdo a túa ribeira, ¡oh Tigris! dono de xardíns
Sedento saúdo a túa ribeira, buscándote cal buscan as pombas
entre a auga, entre a lama.
Tigris, por sempre fortificado
con cidades de miseria,
cos teus mártires que, de tumba en tumba
ven como a túa estrela sangra.
Bagdad, non es máis que un cemiterio para os teus seres queridos.
Bagdad, o meu poema de amor extraviado.
.E pídeme que lle recite un poema,

unha bágoa cae dos meus ollos á almofada.O meu fillo próbaa, abraiado, dicindo:
"¡Pero esta é unha bágoa, pai, non un poema!"
E eu dígolle:
"Cando medres, meu fillo,
e leas o diván de poesía árabe,
descubrirás que a palabra e a bágoa son irmás
e o poema árabe
non é máis que unha bágoa chorada polos dedos que a escriben".
O meu fillo pon as súas plumas, a súa caixa de xiz fronte a min
e pídeme que lle debuxe unha patria.
Entón o pincel treme nas miñas mans
E bótome a chorar.
.

A recomendación é unha visita ao blog Bagdag en llamas, tradución ao español da bitácora Baghdad Burning, mantida por Riverbend pseudónimo dunha rapaza iraquiana. Extraordinario documento da sinrazón dunha guerra tan real como a de Irak. Que a cronista sexa unha xove muller iraquí culta -é informática- que se relaciona co mundo por Internet métenos a todos no horror máis cotián onde conta as experiencias dela e da súa familia e amigos na desdichada cidade. A bitácora foi varias veces galardoada e declarada Mellor blog africano e de Oriente Medio 2006 (Bloggies). Paga a pena unha visita. De verdade.
Thursday, 15 March 2007
LENDO AÍNDA MÁIS
Moi pronto empezaremos o proxecto de lectura na aula deseñado especialmente para o alumnado de 1º A. Tan só falta que o titor, o profesor Fran Pérez Bo, regrese da excursión á neve. Xa veredes os libros, haberá sorpresas...
Wednesday, 14 March 2007
LEONARDO DA VINCI COCIÑEIRO E OUTRAS EXQUISITECES
Están a piques de rematarse os receitarios para os participantes na III Mostra gastronómica dentro do programa COCIÑA COOLTURAL, xa vos avisaremos.Varios grupos de compañeir@s, seguindo este proxecto, están traballando en diferentes cursos en temas relacionados coa cultura alimentaria, a forma en que comemos e as repercusións que a alimentación ten tanto para cada un de nós como para a sociedade. A todos eles ánimo e visitade esta páxina onde baixo o titulo de Caldeirada de letras podedes encontrar suxestións bibliográficas acompañadas dun breve comentario. Entre esas referencias hai unha que promete aportar moita luz sobre a tendencia dos galegos e doutros pobos a celebrar con grandes e interminables banquetes os acontecementos sinalados: vodas, bautizos e mesmo pasamentos.
Non vos preguntachedes como nun momento de proliferación de dietas e de publicidade encamiñada a vender unha imaxe estilizada do corpo proliferan as festas gastronómicas e persisten as comidas pantagruélicas?
O libro en cuestión chámase El hambre en España. Una Historia de la alimentación, escrito por Miguel Ángel Almodóvar.
No prologo dise: "Sólo un pueblo que ha pasado mucha hambre durante siglos y milenios puede desarrollar un gen, o una enzima, que permita a sus miembros trasegar las descomunales cantidades de comid
a que trasiegan los nuestros".
Quizais conveña non esquecer as vicisitudes históricas cheas de fame e miseria polas que atravesamos non só para entender os nosos costumes senón para comprender as persoas e pobos que padecen a inxustiza e a pobreza.Fai clic en Cociñando na lareira para entrar no receitario con elaboracións da cociña tradicional galega.
MÁIS SAÚDOS E PARABÉNS PARA SECRETOS DE ARGOS
Ulises e as sirenas. de Herbert Draper (1909). 
Sunday, 11 March 2007
POÑER FIN Á IMPUNIDADE DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E AS NENAS
A eliminación da violencia contra as mulleres segue sendo, por desgraza, un dos desafíos máis graves e imperiosos dos nosos tempos. Todo o mundo ten a responsabilidade de actuar ante tal violencia. Todos e cada un de nós temos o deber de apoiar e manter un contexto político e social no que non se tolere a violencia contra as mulleres e as nenas, no que os amigos, os familiares, os veciños, os homes e as mulleres interveñan para impedir que os autores deses actos queden impunes.
"Polo menos unha de cada tres mulleres foi golpeada, obrigada a ter relacións sexuais ou maltratada doutro xeito ao longo da súa vida. Polo xeral, o autor da violencia é un membro da súa propia familia ou algún coñecido. A violencia no fogar é a forma máis xeralizada de maltrato da muller no mundo enteiro, independentemente da orixe étnica, a educación, a clase social e a relixión".
atopar unha guía PRÁCTICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO.Wednesday, 7 March 2007
DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. "ELLAS CREAN"
A terceira edición da Mostra “Ellas Crean” afrontará do día 1 ao 8 de marzo en Madrid unha programación que consolida este festival como unha importante cita cultural en torno á conmemoración do “Día Internacional das Mulleres” (8 de marzo). Este ano, as principais liñas argumentais da súa oferta xiran en torno ás mulleres do continente africano. Por uns días as mulleres africanas darán a coñecer a súa capacidade creadora e organizativa, a miúdo silenciada e oculta. Parece pois, por fin, necesario considerar as mulleres africanas como un eixo fundamental para o desenvolvemento das súas sociedades no que a comunidade internacional atopará un instrumento válido no seu intento de cooperación e axuda. PODEDES ACCEDER AO PDF DO DO
CUMENTO DA MOSTRA Monday, 5 March 2007
UNHA DE CORES
É interesante ver como a simboloxía e o significado asociado ás cores varía coas diferentes culturas ou as distintas épocas. O outro día catalogando uns libros de francés, unha das profesoras deste departamento contaba a curiosa historia da aversión dos actores e o mundo do teatro en xeral a incluír a cor amarela no vestiario ou a decoración durante unha representación teatral. Esta é a historia:
mesmo o papel principal, xa que de feito estaba doente: sufría unha avanzada tuberculose. Na cuarta representación da obra, o 17 de febreiro de 1673, Moliere sufriu un terrible ataque de tose. Tan forte tusiu que se lle rompeu unha vea e o seu traxe amarelo manchouse de sangue. Perdeu o coñecemento sobre o escenario e morreu unhas horas despois. A partir dese momento, vestirse de amarelo en escena pasou a ser sinónimo de mal
a sorte. O mundo do espectáculo ten as súas propias regras en canto á boa e a mala fortuna. Paradoxicamente, no teatro (e logo por extensión en calquera outro espectáculo), desexar sorte, din, dá mala sorte. Nesas circunstancias débese reco
rrer ao coñecido merde ( merda) cuestión que tamén ten a súa explicación racional: cando este costume empeza, eran épocas nas que as carruaxes e os cabalos eran o medio de locomoción por excelencia, ter moito excremento na porta do teatro representaba ter a sala chea cos propietarios deses animais.

