Thursday, 31 May 2007
AS SETE NOVAS MARABILLAS DO MUNDO
Tuesday, 29 May 2007
OS MUNDOS DE M.C.ESCHER
Saturday, 26 May 2007
CAN I HAVE A WORD?
Unha interesante iniciativa da fundación británica Barbican é Can I have a word. Trátase dunha serie de recursos na rede para potenciar a escritura creativa en secundaria. Está organizado ao redor de catro grandes temas: segragación e racismo, a Odisea, os catro elementos e o corpo humano. Permite oir a poetas británicos novos, e proporciona actividades interesantes para descargar e traballar na aula, por exemplo pódense descargar os textos dos poemas ao tempo que escoitamos aos autores recitar. Obviamente está en inglés, pero recomendamos botar unha ollada á sección TopTips (consellos) no menú da esquerda, que calquera entenderá, e por suposto e moi especialmente, as atractivas animacións para cada un dos temas propostos. A finalidade, aparte do evidente pracer estético, é proporcionar ao alumnado o vocabulario máis axeitado e preciso para unha mellor competencia á hora de escribir sobre estas cuestións. Unha idea imaxinativa. Thursday, 24 May 2007
A MODERNIDADE DA ANTIGA ALEXANDRÍA
Parécenos obrigado reservar un espazo nesta bitácora a unha das bibliotecas máis coñecidas de todos os tempos: A Bibliot
eca de Alexandría.
xeografía, matemáticas, bioloxía, enxeñería...A nova biblioteca de Alexandría cos seus imponentes edificios e instalacións non se libra da crítica. Ata que punto era imprescindible un gasto tan descomunal para financiar unha obra faraónica, nunca mellor dito, nun país con tantas necesidades culturais como Exipto? Fálase tamén duns fondos bibliográficos certamente escasos para instalacións que poden albergar literalmente millóns de documentos e de problemas de orzamento para manter a colección actualizada, debido aos enormes gastos que provoca o mantemento das instalacións. 
....
.
En calquera caso, non deixedes de botar unha ollada á galería de imaxes.
Tuesday, 22 May 2007
AULAS AUTOSUFICIENTES. ARIÑO. TERUEL
Saturday, 19 May 2007
O DÍA DE INTERNET

O pasado día 17 de maio celebramos en Galicia o día das Letras Galegas, pero ademais esta data está dedicada en todo o mundo a Internet. Todos sabemos o moito que supuxo a introdución desta gran rede de comunicación, a cantidade de información que nos pode subministrar, novas formas de mercar, as posibilidades de traballar doutra maneira, de comunicarnos con outras persoas. O espazo contráese no mundo virtual.Pero Internet non é allea aos problemas que padece a sociedade e dalgunha maneira pode reproducir algúns dos seus inxustos esquemas, dificultade de acceso para as persoas que teñen discapacidades, imposibilidade para a poboación máis desfavorecida de conectarse á rede, control da información ...
O futuro de internet e da sociedade depende en gran medida do que os usuarios fagamos, se somos quen de utilizalo como plataforma desde a que as voces silenciadas poidan oírse e unirse para impulsar movementos que nos fagan máis iguais e mais libres. 
Pincha aquí para acceder ao proxecto software libre.
Thursday, 17 May 2007
DÍA DASLETRAS GALEGAS: ORDENADORES NOVOS E PALABRAS FERMOSAS
Wednesday, 16 May 2007
100 PREGUNTAS DE BIOLOXÍA
.
CANDO ABRAS A LIGAZÓN:
- Preme na opción ABRIR
- Preme na opción SÓ LECTURA
Cando queirades
Monday, 14 May 2007
CÓMICS AFRICANOS???
Este é o argumento de Oulaï: para que a ablación remate, un relato sobre a mutilación xenital, por Cisse Samba Ndar.
Thursday, 10 May 2007
FASHION MADE IN AFRICA
O adorno corporal, o coidado pola estética, a miúdo proporcionan unha valiosa información acerca das culturas africanas e os seus complexos elementos simbólicos, históricos, políticos e relixiosos.A arte do adorno corporal ten unha especial relevancia na África subsahariana, ben sexa utilizando o propio corpo como soporte: tatuaxes, escarificacións, pintura corporal, elaborados peiteados etc., ou ben utilizando outros elementos que embelecen o corpo: vestidos e xoias
Estes elementos ofrecen ós individuos a oportunidade de elaboraren a súa presentación diante do resto da comunidade, do resto do mundo. Na África subsahariana constitúen un poderoso soporte visual que mesmo chega a representar correntes culturais ou identidades nacionais nos modernos estados africanos multiétnicos.

.
Non é, por tanto, estraño constatar no mundo da moda un claro expoñente da crecente capacidade das mulleres africanas para organizar empresas en alza. Invitámosvos a botar unha ollada ás creacións de dúas deseñadoras senegalesas recoñecidas e varias veces galardoadas no esixente mundo da alta costura Claire Kane e Oumou Sy
Wednesday, 9 May 2007
SENEGAL: UN BONITO SORRISO
ametraxe Mon beau sourire , no que plasma o ritual do tatuaxe de enxivas , práctica que levan a cabo algunhas mulleres senegalesas para acadar un sorriso máis estético con brancos dentes destacando sobre as enxivas azuis. Angéla recoñece que un dos seus obxectivos é amosar o que as mulleres son quen de facer con tal de dar pracer aos homes.Seguro que podíamos facer unha longa lista de cousas dolorosas que facemos as mulleres occidentais por parecer máis fermosas segundo os canons de beleza dominantes.
Monday, 7 May 2007
OS NENOS DO PAÍS ONDE NACEN OS CAIUCOS
En Senegal, o país da teranga (hospitalidade en wolof ), os caiucos convertéronse na única esperanza para miles de persoas. O perfil dos viaxeiros case sempre é o mesmo: nenos de once a quince anos e homes que non superan os corenta. As mulleres senegalesas non viaxa
n. As que o fan adoitan ser doutros países.Cada vez chegan máis menores senegaleses ás costas canarias. Un dato que é comprensible porque a maioría deses rapaces non teñen temor: moitos deles son pescadores, están afeitos á auga e non senten medo. Por se fora pouco, as súas familias prefiren velos marchar, a pesares do tremendo perigo que supón para eles a longa travesía, antes que a certeza da fame e a necesidade.
A vaga de caiucos vaise incrementar con toda probabilidade e cada vez se embarcarán máis nenos que chegarán exhaustos, cando non mortos, ás nosas costas. Non podemos esperar outra cousa se temos en conta unhas cifras que paralizan o corazón: só no distrito de Pikin, ao sur de Dakar calcúlase que uns 100.000 rapaces e rapazas viven en condicións de miseria extrema. Moitos deambulan pola rúa, condenados a padeceren enfermidades, incluída a sida, e a sufrir todo tipo de abusos sexuais.
Friday, 4 May 2007
SÁNCHEZ CANTÓN EN WIKIPEDIA
Somos un grupo de alumnos y alumnas de 3º ESO, pioneros en este centro y parece que entre los primeros de toda la comunidad autónoma, en colaborar con Wikipedia. Esta enciclopedia en red de libre circulación es un punto de encuentro global que permite aportaciones diversas y voluntarias. Se llegó al acuerdo de preparar entradas que tuvieran una relación directa con la ciudad o con nuestras vivencias personales. Entre ellas destacaremos una biografía de Francisco
Javier Sánchez Cantón elaborada por los alumnos Víctor Sanmartín y Jaime Tomé. Gonzalo Rodríguez, ayudado por José Adolpho Rincón, trabajaron sobre una importante celebración en Leones, localidad situada en Córdoba (Argentina), llamada Fiesta Nacional del Trigo . Gonzalo, que es natural de Leones, tiene muy buenos recuerdos de esa fiesta y se da la circunstancia de que su abuela fue elegida Reina Nacional del Trigo en 1950. Aquí podéis ver lo guapa que era.Susana Simón y Shezzaly Rincón investigaron sobre la batalla del Puente Sampaio de la que pronto se conmemorarán dos siglos. Enara Martínez aportará una entrada acerca de la ría de Pontevedra. Estas entradas se subirán en fechas próximas.
Coordinó la actividad el profesor de Lengua y Literatura Andrés Freire. Se utilizaron fondos documentales y equipos informáticos de la biblioteca. (equipo informático, en realidad, ya sabéis de nuestro problema del robo…)
Thursday, 3 May 2007
1º OBRADOIRO DE NARRATIVA. VISITA DE MANUEL LOURENZO
Wednesday, 2 May 2007
LUIS BARÁ E CYRANO DE BERGERAC. PAN, POESÍA E BOMBARDEOS
Comentando o outro día esta interesante iniciativa da Dirección Xeral de Creación e difusión Cultural cunha profesora de literatura que ten unha excelente e envidiable memoria, recordaba ela unha pasaxe de Cyrano de Bergerac onde se describe unha iniciativa parecida. Nesta pasaxe a dona dunha panadaría, con moita menos sensibilidade literaria que o Sr Bará, empeza a envolver o pan cos versos do seu marido e os seus amigos poetas, como castigo ao que ela consideraba unha lamentable perda de tempo. O pobre e frustrado autor exclama:
"Ceos que vexo,
As mellores poesías dos meus amigos! Impía profanación! Inaudito atentado!...
Se me queres devolver o soneto que che dei escrito neses papeis, en vez de tres, seis pasteis vouche dar..."
.Curiosa a coincidenc
ia e curiosas as reaccións e as diferentes lecturas que un mesmo feito pode provocar.Comentabamos tamén que, malia que a poesía non é o xénero literario máis lido, segue a conservar unha innegable e poderosa forza simbólica e recordabamos a brillante iniciativa de tres xornalistas chilenos que bombardearon con poemas cidades que foran especialmente castigadas. Comenzaron co Pazo da Moeda, continuaron con Dubrovnick e por suposto non esqueceron Guernika. Paga a pena ver o vídeo e a reacción de persoas de todas as idades que saían entusiasmadas ao oíren o ruído dos helicópteros, para recoller un dos millóns de poemas que caían do ceo.
Tuesday, 1 May 2007
MAIO DO IES SÁNCHEZ CANTÓN
Velaquí unha escolma das súas coplas tan premiadas:
Os puntos andan moi caros
nas subastas de Internet
pagaremos pola ducia
Estes novos condutores
pensan que poden correr
como Raikhonen e Alonso
e sen nada que perder.
...
Os rapaces de hoxe en día
non pegaron o estirón
pero toman "chocolate"
cando toca o biberón.
Eles aínda son nenos
confunden a diversión
pensan que o máis moderno
é face-lo botellón.
Cando saímos de troula
atopamos un montón
deses mozos tan pequenos
sempre montando follón
...
Coa cidade peonil
xa podemos pasear
ben tranquilos pola rúa
sen que veñan molestar.
Pensamos que Pontevedra
sería aínda máis fermosa
se puideramos sacar
a maldita Celulosa

ENTREGA DE RECEITARIO E MATERIAIS DA III MOSTRA GASTRONÓMICA

Sortearanse tamén tres memorias USB entre as persoas que participaron ou colaboraron na organización.





