Monday, 31 March 2008
Panoramas
Adeus aos rickshaws
traen ás súas familias a vivir con eles nestas naves en condicións precarias, doutro xeito apenas se verían unha vez ao ano pois os seus ingresos non lles permiten desprazarse ata os seus lugares de orixe. Non teñen forma de enviar aos seus fillos ao colexio, co que estes se verán obrigados a desempeñar o mesmo ou parecido traballo. Os seus clientes?: nenos e nenas aos que levan diariamente ao colexio con todo coidado, eles que apenas ven aos seus fillos. As familias confían totalmente nestes homes e contrátanlles durante todo o curso para desempeñar esta tarefa. Tamén traballan para os comerciantes dos grandes mercados aos que axudan co transporte de mercancías polo complicado labirinto de rúas da cidade. Imprescindibles nos grandes festivais relixiosos para desprazarse Saturday, 29 March 2008
Castelos no aire. A arquitectura tamén é política
Proxectos como estes posiblemente estean xerando vocacións entre a nosa mocidade, algun@s aspiran a poder estudar esa carreira cegados por tanta beleza, creatividade e boas expectativas profesionais.
.
Comparemos con estoutras imaxes:

A da esquerda é a Casa da Muller sede da Unión de Mulleres Saharauís en Dahla. Un espazo xestionado e constuído por e para mulleres. Nela se reunen para recibir formación, debater, compartir experiencias, participar en asuntos públicos ...
A cúpula da dereita, é un tipo de edificación tradicional, moi apropiada ao clima, sinxela de levar a cabo pero nos campamentos saharauís quedan poucas familias que saiban construílas.
Algunhas ONG (Arquitectos sen fronteiras) están intentando mellorar estes campamentos, nos que este pobo leva instalado máis de trinta anos, para iso experimentan cos sistemas construtivos. É o caso desta edificación feita cunha mestura de adobe e cemento, trátase de que l@s morador@s incorporen novas técnicas construtivas tras ver o modelo realizado nun dos campamentos.
Retomando a entrada anterior, cal é a situación da construción e a arquitectura en Palestina? Unha das estratexias seguidas polas autoridades israelís para conseguir o seu obxectivo, anexionar os territorios palestinos sen os seus habitantes, consiste en dificultar a creación de proxectos de urbanismo, de vivendas, de forma que as novas parellas teñan graves obstáculos para establecerse. A destrución de edificios públicos e privados, redes de abastecemento de auga,etc. están na mesma liña.
No outro lado, a casa dos Shawamreh na aldea de Anata, situada en Cisxordania, unha familia de nove persoas cuxa vivenda foi demolida catro veces, converteuse en símbolo da resistencia palestina ante esa política. Con infinita paciencia e a axuda de veciños é reconstruída unha e outra vez para denunciar a ilegalidade da medida que aplica Israel.
Jumana Odeh Esawee (palestina) Ivonne Mansbach (israelí)
de de estreitos dos que atopamos en calquera outra parte do mundo. Tamén hai imaxes do bloqueo con inmensas pedras que impiden o tráfico e o transporte nas vías máis importantes dos teritorios ocupados, fotos de nenos que deixaron de falar por algo que viron e nunca deberon ver, máis fotos de nenos e nenas que andan quilómetros só para asistiren a un local onde poder rir e xogar un pouco durante un intre sempre demasiado curto. Elas sorrín e din que é necesario atopar unha linguaxe común para ambos os pobos, que os dereitos civís hai que gañalos cada día, que ninguén poderá destruír xamais o pobo palestino que se levanta obstinadamente, unha e outra vez. Falan tamén de fundamentalistas exaltados que sementan o terror entre a poboación civil israelí e de como ese medo é utilizado habilmente polos políticos . Pero pronto sorrín de novo e contan como crece a disidencia, como cada vez máis mozos non queren bombardear os territorios palestinos indiscriminadamente, como algúns se negan a cumprir os tres anos de servizo militar obrigatorio. Admirables estas dúas mulleres polo que fan e o que simbolizan.
tinos nos cárceres israelís para intentar impedir torturas e vexames .A doutora Jumana Odeh Esawee é palestina vive en Xerusalén e é a directora do centro pediátrico Palestine Happy Child Center. Membro moi activo na súa comunidade, loitadora infatigable polos dereitos civís, acredita nas numerosas charlas fóra do seu país as vexacións e o sufrimento a que está sometida a poboación palestina, especialmente nos seus elementos máis vulnerables: os nenos e nenas e as mulleres.
Machsom Watch existe desde 2001. É unha organización de mulleres israelís contra a ocupación dos territorios e a sistemática r
epresión da nación palestina. Reclaman liberdade de movemento dentro dos territorios e o final da ocupación que destrúe a sociedade palestina e tanto dano causa á sociedade israelí. Estas admirables mulleres gravan, filman e testemuñan diariamente, hora por hora, todo tipo de vexames e abusos . Logo difunden ese material a través de internet porque é imposible facelo doutro xeito dentro do seu propio país. É evidente o risco que esta actividade implica para elas.Friday, 28 March 2008
Vestido novo
Vestido novo é a historia de Mario, un neno que o día de Entroido na escola decide levar un vestido de nena para sorpresa de alumnado, profesorado e familiares. Dez premios en diversos festivais nacionais avalan esta curta de Sergi Pérez, de factura impecable e inmensa sensibilidade.
vía el País
Wednesday, 26 March 2008
Profesións respectables
Buda estalou por vergoña
Podedes ver no video a desenvoltura coa que esta rapaza tan nova contesta ás preguntas dos xornalistas, o ben que se expresa, o acertado das súas respostas. Por exemplo:
P.-¿Como conseguiches que a nena fixera as esceas máis violentas? Cal foi a súa preparación?
R.-Foi moi doado, en realidade. Forma parte da súa cotidianedade. É así como ela vive todos os días.
P.-É unha película para nenos ou adultos?
R.-É algo que a miúdo dubidei no seu momento. Agora penso que os nenos tamén deben vela porque hai moitos nenos e nenas que viven esas situacións e para eles non hai censura.
Monday, 24 March 2008
Morte temida, morte desexada
Hoxe en día non abundan as directoras de cine pero en 1943 era realmente excepcional, mais neste ano Maya Daren presenta unha curtametraxe de estilo surrealista que é considerada coma unha auténtica obra de arte.
De que trata?
É suficientemente polisémica como para que cada quen lle dea unha interpretación diferente. En Meshes of the Afternoon (As trampas da tarde) os soños, os desexos reprimidos, a morte, amósanse nunha especie de poema realizado con imaxes, onde unha moza se encontra cun estraño personaxe que ten por rostro un espello, encontro repetido desde distintas perspectivas que poden xerar unha certa distorsión do tempo.
Quizais este filme pode servirnos de desculpa para iniciar unha reflexión sobre as caras da morte neste momento en que parece absolutamente necesario establecer un diálogo social sobre a loucura das mortes temidas polas mulleres maltratadas, sobre a morte desexada por persoas que como a francesa Chantal Sébire reivindican o seu dereito a morrer, sobre milleiros de mortes forzadas en Iraq, Palestina, Somalia ....
Malia a pouca calidade desta copia merece a pena dedicar 13 minutos a ver esta curtametraxe.
O gran Bansky
Sorprendente auga virtual
O consumo dunha soa cunca de café equivale a gastar 140 litros de auga.
Para obter un anaco de queixo de 500 gramos serían necesarios uns 2.500 litros deste recurso.
Para un litro de leite, máis de 3.000.
Para un quilo de carne de res, máis de 10.000...
É dicir, no menú diario, un consumidor emprega entre 2.000 e 5.000 litros de 'auga virtual'.
O profesor John Anthony Allan do King's College de Londres e da Escola de Estudos Orientais e Africanos, foi laureado co prestixioso Premio Estocolmo da Auga 2008, pola súa invención deste concepto da AUGA VIRTUAL
Thursday, 20 March 2008
A Asemblea Xeral da ONU declarou o Ano 2008, Ano Internacional do Saneamento. En consecuencia, o Día Mundial da Auga 2008, que se celebra este ano o xoves 20 de marzo, fará énfase en cuestións relacionadas co saneamento, de conformidade co establecido.
Friday, 14 March 2008
Cambiamos
Thursday, 13 March 2008
Toscani ataca de novo
Probablemente lembredes ao famoso fotógrafo italiano Oliviero Toscani moi coñecido polas súas comentadas campañas publicitarias para a firma Benetton nos anos 90. De novo volveu provocar polémica en Italia pola súa publicidade contra a violencia de xénero. No cartel, como podedes ver aparecen unha nena e un neno espidos, etiquetados coas palabras torturador e vítima. Segundo o fotógrafo, con esta campaña quere plasmar como unha educación equivocada pode marcar a nenos e nenas nun principio inocentes e carentes de todo prexuicio. Segundo el, a educación ten un papel fundamental no desenvolvemento dos roles de nenos e nenas e é nos primeiros anos onde se inculca o xerme do que pode derivar en violencia de xénero. Como podedes supoñer, a campaña provocou numerosas reaccións a favor e en contra. Admítense comentarios.Wednesday, 12 March 2008
As novas tecnoloxías nas grandes superficies
Recomendámosvos ver este idílico vídeo onde parece que facer a compra nunha gran superficie será a actividade máis gratificante das nosas vidas nun futuro próximo. Verdadeiramente as grandes empresas alimentarias deben estar fregándose as mans...
Monday, 10 March 2008
Mulleres do III Reich
Botade unha ollada para que non esquezamos o que somos capaces de facer e desculpar.
Saturday, 8 March 2008
Tom Zé ao vivo: alén da marxinación tropicalista.
Damos un salto: estamos xa a finais dos anos oitenta. O que fora líder dos Talking Heads, David Byrne, anda á procura de novos talentos para gravar nun recén creado selo discográfico, Luaka Bop. Zé aparece no horizonte dun músico tan inquedo como visionario. Axiña publica unha compilación coas súas mellores cancións, Tom Zé (Luaka Bop, 1990), á vez que comeza a ser mundialmente recoñecido.
No ano 2005 publica o seu Estudando o pagode (Trama), traballo que continúa de xeito lóxico o disco Estudando o samba de 1975, onde Zé reivindica o pagode en canto expresión da vontade creativa popular, mais matizándoo. O pagode, reinvención do samba nacido nas rúas de Rio de Janeiro nos anos oitenta, adoita tratar temas amorosos en clave fondamente sexista, vicio do cal Zé quixo fuxir, rescatando a víscera rítmica á vez que modificaba os contidos dos seus textos. O resultado, unha opereta xenial, Segregamulher, politicamente comprometida, musicalmente exuberante. En 2006 presentou o seu último disco, Danç-Êh-Sá (Tratore), ecléctico e fondamente contemporáneo: dese risco nace unha xira que o vai levar a Santiago de Compostela o vindeiro domingo día 13 de Abril, no Auditorio de Galicia, dentro dunha nova entrega do Ciclo Sons da Diversidade.
O amor é um rock... e a personalidade dele é um pagode.
Ao vivo, creando un dos temas do seu estudo do Pagode: estúpido rapaz.
8 de Marzo. Día da Muller Traballadora
¿Ata cando?
Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.
Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.
Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.
Botan a mañá traballando nas leiras.
Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.
Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.
Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.
Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.
Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.
¿por canto tempo, aínda balbinas?
(Clica na imaxe para ver o álbum)
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Thursday, 6 March 2008
O medo á escola das nenas
Imos contar mentiras
Cando teñamos unha sociedade, un planeta inequívocamente solidario, no futuro pensarán que nada disto é real.
Home e muller, ombreiro con ombreiro, sorriso con sorriso, loitando porque a atmósfera sexa máis respirábel.
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade
Mulleres e arte
Ata hai ben pouco as mulleres concretas e individuais cos seus desexos e preocupacións non aparecían nas plasmacións artísticas porque tiñan moi restrinxido o acceso como productoras de arte e non dominaban o ámbito que a sociedade patriarcal define e valida como arte verdadeira. Deste modo, as mulleres foron rexeitadas como creadoras e por tanto, a súa visión do mundo e de si mesmas case nunca foi exposta aos demais. As poucas mulleres que malia as enormes trabas acadaron importantes logros foron, en xeral, ignoradas pola Historia do Arte. Por outra banda, a arte e, na actualidade, tamén a publicidade, constrúen unha muller inventada e pouco cambiante. Prescíndese, en xeral, das mulleres de carne e oso xerando unha construcción universal que contenta as fantasías e os desexos que os homes desenvolven nunha sociedade onde a eles tamén se lles impoñen uns determinados valores tipificados como masculinos e bos. Certamente unha análise seria amosará outras produccións artísticas que non encaixarán neste esquema tan simplista. Porén, é innegable que non facer unha reflexión desde unha perspectiva de xénero é ocultar o papel que a arte ten como xustificadora de roles e constructora de conciencias.“A historia da arte
nega ás mulleres e afirma á muller”
Marián L.F.Cao (Profesora da Universidade Complutense de Madrid)
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade
A Muller na Literatura Española ata o S. XIX
Rita Levi- Montalcini
Rita Levi-Montalcini, un admirable exemplo de solidariedade e de loita pola igualdade
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Wednesday, 5 March 2008
10 Mulleres de cine no século XXI
O cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que votar mán do cine.

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.
Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.
En cualquera caso , a consigna e vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.

Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.
Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.
Tuesday, 4 March 2008
Maruja Mallo. A gran transgresora do 27
Poucos saben que a soberbia triloxía formada por Lorca, Buñuel e Dalí, de sobra coñecida por todos, foi en realidade un cuarteto. Quen era esa cuarta figura, estrañamente silenciada pola historia? Por que foi relegado ao esquecemento o seu nome? Maruja Mallo foi, sen lugar a dúbidas, unha pintora xenial, á que unha suma de adversidades históricas e prexuízos sociais negaron de xeito insólito o recoñecemento que merece.
En 1928 Ortega y Gasset bríndalle os salóns da Revista de Occidente para realizar a súa primeira exposición. O debut estivo arroupado por comentarios e recensións de prensa, referendado por intelectuais e pola alta sociedade madrileña fascinada por aquelas combinacións de elementos festivos e burlescos, pola alegría da cor, as distorsionadas composicións das súas verbenas e polas atléticas mulleres que protagonizan as súas estampas deportivas.
Para saber máis:
Biografía en Cutlura galega feita pola catedrática de historia da arte contemporánea Mª Luisa Sobrino
Biografía en Wikipedia
En Ciudad de Mujeres
Entrevisa a J.L. Ferris autor da última monografía editada sobre M. Mallo
Bibliografía
GÓMEZ DE LA SERNA, R., Maruja Mallo, Buenos Aires, Losada, 1942.
MARUJA Mallo, Madrid, Galeria Guillermo de Osma, 1992
VIDAL, C., Maruxa Mallo. Vigo, A nosa terra, 1999
MARUJA Mallo, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, 2003.
FERRIS, J.L., Maruja Mallo. La gran transgresora del 27, Madrid,Temas de hoy, 2004, (Biografías).
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.
aruja







