Desde Mesturas queremos felicitarlles polo seu enorme traballo especialmente neste curso en que nun tempo record foron quen de deseñar unha vez máis a páxina web recentemente reformada e adaptárona á plataforma Drupal, por non falar da calidade e a coordinación dos cursos realizados na aula virtual Moodle.
Entendemos que é un auténtico privilexio ter estes compañeir@s dos que aprendemos continuamente e que son un estímulo para todos. Haberá que seguir traballando como ata agora, sen apenas redución horaria e sen o apoio da Administración. Unha auténtica decepción e, sen desmerecer o traballo realizado polos centros seleccionados, unha inxustiza non poder ter acceso á formación que proporciona a devandita rede a pesares dos materiais e propostas que se levaron a cabo e o inxente esforzo e recursos investidos en infinitas horas de traballo e autoformación que moi poucos estarían dispostos a asumir.








