Monday, 13 February 2012

As historias do profe Anxo

Transcribimos literalmente o correo que nos remitiu o noso querido compañeiro Anxo González Guerra porque pensamos que a súa historia, magníficamente contada, merece ter un lugar moi destacado neste blog.

Fui eu hoje a Sant-Iago en ua trattoria almoçar, amigos, e veede o que ali eu vii:

Nunha mesa había unha moza e unha muller (que respondía por mamá). Tiña a moza un caderno e un bolígrafo. Tiña a nai un libro de 4º ESO Lingua Galega.

A señora miraba polo libro e íalle ditando frases á moza, sinalándolle mesmo os puntos e as comas... Falaban en lengua castellana pero a nai ditaba en lingua galega. Polo medio a moza miraba algunha mensaxe no telemóbel, polo medio a nai miraba algunhas mensaxes no outro telemóbel. Nun momento a señora chamou a alguén e díxolle:... no entendemos esto de historias de emigrantes... claro... si ... vale... E seguía a moza a escribir no seu caderno e a nai a lerlle do libro que tiña unha foto grande dun tal Neira Vilas...

E logo xantaron... e logo seguiron e semellaron rematar mentres a nai tomaba un descafeinado cortado ...

Perante istes feitos este docente/jograr de Lingua galega pensou en que postura mental tomar:

1-A postura tradicional do docente de galego pertencente á Escola dos Queixumes (ai o Medulio, ai a Frouxeira, ai os mártires de Carral, ai a Ditadura, ai o Feijoo): non paga a pena poñer traballos aos alumnos, fánllelos os pais, que copian do libro, nin o galego usan para faceren os deberes, para que pasar tempo logo a corrixir se non sei nin a quen lle corrixo, mellor me sería dar latín ou relixión... dimito...

2-A postura do moderno docente 3.0 de galego pertencente á Escola dos trovadores Iesus Vasques e Angelo Lorenço: que marabilla, que subidón de autoestima docentedinamizadora, conseguiuse interactuar coa familia, implicouse a nai na nosa materia, trascendeuse o ámbito docente do ies para introducirse no lecer da findesemana, internacionalizouse o galego sendo levado naturalmente e sen imposicións a unha contorna culinaria italiana, a nai usou o galego coa súa filla ditándolle nunha lingua culta e non falándolle no seo familiar coma antigamente en castrapo, usáronse as tic-móbiles por parte da moza e da nai que mesmo implicou a terceiras persoas para poder investigar no tema...

E TODO ISTO SE ACADOU SÓ CON PEDIR (supostamente, claro, é un supositorio deste observador) UN TRABALLIÑO SOBRE NEIRA VILAS.. nin nos seus mellores soños don Ramón Piñeiro maxinou isto!

Non tendo clara ningunha das dúas posturas... este docente decidiu facer caso á SantaNaieSeñora Rosalía que di nunha poesía: vamos bebendo... e procedeu a rematar o viño tinto da botella

Fui eu hoje a Sant-Iago en ua trattoria almoçar, amigas, e viistes o que eu vii alí

Salutem plurimam

angelus gundisalvus bellum

Sunday, 12 February 2012

Mapa da ciencia moderna

Encantounos este mapa  que resume os últimos 500 anos da ciencia moderna simulando os itinerarios dunhas imaxinarias liñas de metro.

Visualiza perfectamente a inxente labor levada a cabo por científicos que frecuentemente son grandes descoñecid@s para a maioría das persoas.

Coloca o cursos sobre cada personaxe para ver a súa  foto e unha breve biografía.

Atópamos esta excelente idea no non menos excelente blog Science, Reason and Critical Thinking

metrociencia

Saturday, 11 February 2012

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore

Parece existir o consenso de que un dos mellores libros disponibles para iPad é The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore de William Joyce.

Aproveitamos tamén a circunstancia de que esta curta opta á proxima convocatoria dos Oscars 2012 na categoría de mellor curtametraxe de ficción.

Tomamos a referencia directamente do blog “Monkey zen”

“Nos libros infantís a historia é unha parte fundamental.  Porén, as ilustracións son partes cruciais para atrapar a atención dos nosos pequenos lectores. É neste aspecto no que The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore ten todas as de gañar. O autor do libro é un ilustrador que publicou o seu traballo en varias portadas da revista New Yorker, creou personaxes para Pixar e traballou para empresas como Dreamworks e Disney.
Todo este impresionante currículum vese inmediatamente reflectido no marabilloso que é navegar na aplicación e a impresionante naturalidade con que o lector pode interactuar coa obra. Como se pode ver no video, cada pasaxe do libro esconde marabillosas sorpresas á espera de ser exploradas, todas cuidadosamente musicalizadas con doces melodías instrumentais. Ata opcións un tanto máis “simples” como o poder apagar a voz do narrador, ábrennos a posibilidade de poder converternos nós mesmos nos guías da aventura, mentres lemos o libro aos nosos fillos antes de durmir
.”

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore iPad App Trailer from Moonbot Studios on Vimeo.

E aquí podedes gozar da curta completa

Friday, 10 February 2012

Andeis animados

Marabillosa iniciativa dunha parella de libreiros de Quebec que axudados por unha chea de amigos e coñecidos fixeron esta montaxe para deleite de todos os que pensamos que as librerías son lugares irremplazables.

Thursday, 9 February 2012

Charles Dickens

 

 

Interesante video sobre o escritor co gallo do bicentenario

Jeff Wall

Impresionounos a exposición da magnífica obra de Jeff Wall, as súas fotografías enmarcadas en grandes caixas de transparencias retroiluminadas, que podedes visitar no Museo de Arte contemporáneo de Galicia CEGAC.

Unha visita imprescindible.

Non vos perdades o espazo virtual que o MOMA dedica ao artista

Jeff Wall, A Ventriloquist at a Birthday Party in October 1947, 1990

A Ventriloquist at a birthday party, 1990

Morning cleaning



A view from an apartment 2004–2005


After invisible man

“The destroyed room”, 1978

 

Volunteer, 1996

Tuesday, 24 January 2012

Old ideas. Leonard Cohen

Miguel Mora, corresponsal do PAÍS, comenta as primeiras liñas mestras e impresións dos dez cortes do último traballo de Leonard Cohen. Non nos podemos resistir.

Un luxo poder escoitar todo o disco.

 

“ DARKNESS”

leonard cohen

Monday, 23 January 2012

Proverbio chino. Ano do dragón

Empeza o ano do Dragón, segundo o horóscopo chinés. Dise, aínda que resulta difícil de crer, que será un ano cheo de bos presaxios. A celebración dispara un ciclo de 15 días que pon en marcha unha das migracións máis espectaculares do planeta, posto que centos de millóns de persoas póñense en marcha para ver ás súas familias. Non vos perdades as imaxes das principais estacións, os preparativos e a celebración en Big Picture.

Aproveitando a celebración do ano novo  chinés retomamos a divertida proposta desta curta sobre as complicacións do necesario entendemento entre culturas.  Unha aproximación fresca a situacións cada vez máis frecuentes no noso entorno. 
O director, Javier San Román, levou un  Goya á mellor curta en 2008.

Banda Sonora de Gecko Turner 

Monday, 19 December 2011

A biblio máxica do Sánchez Cantón

Durante estes días tedes ao voso dispor un servizo de Autopréstamo especial para Nadal, que consta dun total de máis de 60 libros, todos eles novidades, repartidos coma sempre en narrativa, narrativa xuvenil, ensaio e divulgación, con algunha achega interesante á poesía e a banda deseñada.

Dende o blog Lecturas do Trinque podedes acceder á información e reseñas de cada un destes libros. Se premedes en labels, aparecerán clasificados por categorías.

Este servizo, unido a exposición de Autopréstamo permanente no vestíbulo do centro, posibilitan un acceso directo a unha considerable oferta de posibilidades de lectura para estas festas.

É a nosa pequena contribución para que gozedes dun ben merecido tempo de lecer cheo de bos desexos durante estas datas.

Coma sempre queremos expresar o noso agradecemento porque sodes todos e todas vós, a comunidade educativa do IES Sánchez Cantón, os que facedes que esta sexa unha biblioteca máxica.

 



Wednesday, 14 December 2011

Laura no deserto. Unha recomendación para Nadal recén saídiña…

Achegamos reseña do noso compañeiro Anxo González Guerra.

Magnífico. Un dos mellores libros dos últimos anos. Libro longo (722 páxinas) e complexo -máis en absoluto complicado - que engaiola desde as primeiras páxinas e fai difícil pousalo para tomar un descanso.
A acción desenvólvese no ano 1982 a través de catro personaxes principais, nun principio totalmente independentes, que se moven en cidades diferentes: Diana, na corentena, pertence á vella burguesía industrial catalá; Pablo é un intelectual compostelán; Bob, un fotógrafo de Brooklyng, e a Sra. Mulish, internada nun psiquiátrico neoiorquino que leva meses sen pronunciar palabra nin responder a ningún estímulo. O punto de unión é A Pobra do Caramiñal, onde se acabarán fundindo nunha única historia. Polas súas páxinas pasarán tamén a Guerra Civil española, cos seus dramas e miserias; a Resistencia francesa; os campos de concentración nazis... e moita literatura. Desde os libros que escriben algúns dos personaxes, resumido un e integrado outro a xeito de metarrelato; Pablo Neruda ou Valle Inclán, que aparecen como personaxes –aínda que moi secundarias- ; o profesor que prometeu de mozo ler todos os libros do mundo ou as innúmeras referencias a autores e obras, desde Rosalía de Castro ata a Odisea de Homero, pasando por Balzac, Shakespeare ou Óscar Wilde e O retrato do artista adolescente, etc.
Os protagonistas narran en 1ª persoa cadansúa parte da historia, polo que a perspectiva múltiple de diversas situacións nos dá unha visión máis enriquecedora; noutras partes atoparemos un narrador en 3ª persoa ou outro que utiliza unha 2ª persoa a modo de espello. Pero todas teñen a súa motivación interna, non son de ningún xeito meros xogos estilísticos.
Non se equivocaba Carlos Casares cando hai xa máis de dez anos nos recomendaba non perder de vista a Antón Riveiro Coello porque era un dos narradores con máis futuro na literatura galega. Ese é o lugar que ocupa agora e esta novela nolo demostra.

Anxo González  Guerra.

Para máis recomendacións expostas no vestíbulo do centro pasádevos por Lecturas do Trinque

Sunday, 11 December 2011

Os dereitos humanos en viñetas

 

Achegamos esta interesante recompilación   dos compañeir@s do IES O Mosteirón

10 de decembro. Día dos Dereitos Humanos


63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

Entrada elaborada no SEGREL DO PENEDO

Saturday, 10 December 2011

“Tinta Viva” e os libreir@s

Hai  xa un tempo que estabamos moi ocupad@s en Tinta Viva cos preparativos desta visita a Culturgal porque a ocasión ben o merecía. Tratábase de entrevistar e coñecer un pouco máis a algúns dos libreiros máis representativos da nosa cidade e non queríamos quedar mal con eles porque teñen todo o nosos aprezo e consideración. Levabamos días preparando entrevistas, redactando unha carta onde expresar todo o que queremos trasmitirlles e pensando nalgún agasallo digno de persoas tan importantes para nós e a nosa cidade.

Que mellor agasallo que unha reprodución do mural da entrada á biblioteca?. Por detrás as sinaturas de todos os compoñentes do club de lectura e, como bos e boas lectores que somos, unha breve reflexión sobre o que representan os libros e os libreiros nas nosas vidas.

Gravamos entrevistas, limos a carta, fixemos compras para a exposición de novidades do Nadal, paseamos por Culturgal onde nos fixeron toda sorte de agasallos e por se faltaba algo tivemos o prazer de asistir ao marabilloso obradoiro de regueifas onde gozamos da presenza de Pinto de Herbón e Luis “o Caruncho” da asociación ORAL. Todo un privilexio.

Deixámovos estas diapositivas para que comprobedes o ben que o pasamos.

MELLOR A PANTALLA COMPLETA E CON MÚSICA




Tamén a carta e a entrevista

 

 
 

Unha mañá estupendamente aproveitada en  Culturgal.

Tuesday, 6 December 2011

Pizarras dixitais

Gustounos moito esta presentación por áreas con recursos e ideas para utilizar a pizarra dixital.
Trae moitas direccións en cada páxina para poder levar a cabo as indicacións.
Atopamos, por exemplo, Tubeoke, este recurso tan simpático que non coñecíamos.

Tuesday, 29 November 2011

Arte na pel

Impresionounos Amanda Wachob, artista e tatuadora neoyorkina. 
Fixádevos que estas tatuaxes  son case manchas de pintura sobre a pel e difuminan a barreira, unha vez máis, entre o que é e non é arte. Para acadar  estes acabados da pincelada, esta artista usa auga destilada en lugar de tinta indeleble para que a peza tatuada vaia perdendo progresivamente intensidade e saturación cos conseguintes efectos acualerados e difuminados.

via Nia en bitácora.

Saturday, 26 November 2011

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta é a última campaña publicitaria das Nacións Unidas para concienciar á mocidade.

Wednesday, 16 November 2011

A biblioteca escolar en Spicy Nodes

Probamos esta nova ferramenta que non coñecíamos. Falounos dela a nosa compañeira Espe Gesteira.
Nós aproveitamos rápidamente para facer un pouco de autopropaganda, que nunca ven mal.

Grazas Espe

.


Monday, 14 November 2011

BIBLIOTECAS ESCOLARES EN TRÁNSITO

Durante os días 10, 11 e 12 de novembro ccelebramos  en Santiago de Compostela o Congreso "Bibliotecas Escolares en Tránsito" organizado polo Ministerio de Educación e a Consellería de Educación.

Nel déronse cita o profesorado responsable da coordinación das bibliotecas escolares,  membros dos equipos directivos e dos servizos de inspección e asesores de formación no ámbito das bibliotecas escolares e a lectura de todas as Comunidades Autónomas .

Un extraordinario programa que contou coa presencia de relatores de recoñecido prestixio.

Outra  excelente oportunidade de formación e encontros proveitososs os que tivemos o privilexio de asistir, como ven sendo habitual nas sucesivas convocatorias oganizadas pola Asesoría.

Unha vez máis constatamos que as bibliotecas escolares da nosa comunidade actúan de forma coordinada e cumpren coas directirces que todos os expertos recomendan. Esperamos que estes tempos de crise non sexan unha excusa para debilitar estes  imprescindibles centros de recursos que pouco a pouco imos construíndo entre tod@s.

header

O noso centro tivo o privilexio de expoñer un resumo dalgunhas experiencias desenvolvidas de forma conxunta dende a biblioteca e TIC, un modo de actuar co que estamos familiarizados dende que comezamos a nosa traxectoria hai xa algúns anos.

Queremos agradecer dende Mesturas todo o apoio, o cariño, os parabéns, as bromas e a paciencia por atender a todas e cada unha das nosas peticións.

Ete documento recolle algúns dos proxectos presentados.

Sunday, 16 October 2011

A obsolescencia programada: Mercar, tirar, mercar.

Despois de pasado algún tempo do falecemento de Steve Jobs, fundador de Apple, propoñemos o interesante documental “Mercar, tirar, mercar” de Cosima Dannoritzer e o artigo de Pablo Vaamonde García. Esperamos que vos resulten tan iluminadores coma a nós.

Tuesday, 27 September 2011

Recortes ao ensino público

Parécenos magnífico este artigo de Josep Fontana aparecido en Público

Recomendamos tamén unha visita a artigos anteriores

 

En el actual desguace del Estado del bienestar le ha tocado el turno a la educación pública, y en primer lugar a la superior. En Italia la reforma Gelmini se propone eliminar un gran número de profesores y reducir considerablemente los fondos destinados a la universidad y a la investigación. Ante las protestas de estudiantes y profesores, Berlusconi ha manifestado: “Los verdaderos estudiantes se sientan en su casa y estudian, los que salen a las calles son alborotadores”. El otro foco de protestas ha sido Gran Bretaña, donde una propuesta semejante va acompañada del anuncio de una subida brutal de las tasas universitarias, que dejaría la educación superior reducida a un privilegio para los hijos de las clases elevadas.
El asalto no se refiere solamente a las universidades. En Estados Unidos –y es bueno fijarse en lo que ocurre allí, porque es el anuncio de lo que nos puede llegar pronto– la escuela publica está siendo atacada por dos caminos distintos. En primer lugar, por la necesidad de reducir el gasto. Michael Bloomberg, el multimillonario alcalde de Nueva York, ha puesto al frente de sus escuelas a Cathleen Black, presidenta del grupo Hearst (que edita publicaciones como Cosmopolitan o Marie Claire), una ejecutiva sin ninguna preparación en el terreno de la educación, que ya ha anunciado que su tarea se va a centrar en reducir el gasto del sistema escolar público, que es el que usan los pobres. Bob Herbert, que sitúa estos hechos en el contexto de una Norteamérica en que coinciden el mayor paro y los mayores beneficios de las empresas financieras, advierte: “La guerra de clases de la que nadie quiere hablar sigue sin pausa”.
Hay una segunda línea de ataque, en que participa activamente la Bill and Melinda Gates Foundation, que combate la escuela pública como ineficaz, sin tomar en cuenta la pobreza de recursos con que funciona, y acusa de ello a los sindicatos del profesorado, que se niegan a aceptar el despido de los maestros menos capacitados. Su alternativa son las charter schools, que están “exentas de reglas locales o estatales que inhiben una administración y gestión flexibles”.
Lo que estos planteamientos suelen ocultar es que, detrás de los argumentos de coste y eficacia, hay el propósito de combatir una enseñanza independiente y crítica, que se pretende reemplazar por otra que inculque valores patrióticos y conformismo social. James Loewen explica, en su libro Lies My Teacher Told Me, que los profesores norteamericanos tienen que ir con cuidado cuando hablan en clase de temas como, por poner un ejemplo, la guerra de Vietnam. “He entrevistado a profesores de Enseñanza Secundaria que han sido despedidos, o han recibido amenazas de despido, por actos menores de independencia como los de proporcionar a los alumnos materiales que algunos padres consideran discutibles”. Lo cual, sabiendo que nadie va a acudir a defenderles, les empuja a “la seguridad de la autocensura”.
Las bibliotecas son otro escenario de esta lucha. No sólo las de las escuelas –donde la Asociación de bibliotecarios de Estados Unidos ha denunciado que basta con la queja de un solo padre para eliminar un libro–, sino las públicas en general. Kurt Vonnegut ha elogiado a aquellos bibliotecarios que “han sabido resistir enérgicamente a los energúmenos que han tratado de eliminar ciertos libros de sus estantes y que han destruido los registros de los lectores antes que revelar a la policía del pensamiento los nombres de las personas que los han consultado”.
En un sentido semejante va la decisión del actual Gobierno pospinochetista chileno de disminuir las horas de Geografía, Historia y Ciencias Sociales en las enseñanzas Primaria y Secundaria, que ha provocado manifestaciones de protesta de profesores y estudiantes. O el menosprecio por la presencia de las Humanidades en la universidad, que ha llevado a un crítico de Not for profit –el libro en que Martha C. Nussbaum sostiene que la enseñanza que desarrolla un pensamiento crítico es necesaria para la supervivencia de la democracia– a realizar afirmaciones como la de que “los académicos emplean su tiempo y energía escribiendo monografías ilegibles sobre temas sin interés alguno”.
La tendencia, tanto en la escuela como en la universidad, apunta en la dirección de limitarse a ofrecer una formación que se dedique a preparar para el ingreso inmediato en la empresa. Se trata de consolidar el tipo de “currículum oculto” de que habla Henry A. Giroux por el que “la clase dominante se asegura la hegemonía”, transmitiendo “formas de conocimiento, cultura, valores y aspiraciones que son enseñadas, sin que nunca se hable de ellas o se expliciten públicamente”.
Todo lo cual debería llevarnos a reflexionar sobre las motivaciones que hay detrás de estas políticas. La idea de que sólo se puede combatir el déficit por el procedimiento del recorte del gasto social, ha escrito hace pocos días el premio Nobel de Economía Joseph Stiglitz, “es un intento de debilitar las protecciones sociales, reducir la progresividad del sistema de impuestos y disminuir el papel y el tamaño del Gobierno mientras se dejan determinados intereses establecidos, como los del complejo militar-industrial, tan poco afectados como sea posible”.
La educación pública es una parte esencial de nuestros derechos sociales y una garantía del futuro de nuestras libertades.

Josep Fontana es historiador

Ilustración de Jordi Duró

Related Posts with Thumbnails