Monday, 5 November 2012

Datos complexos, imaxes sinxelas

As estatísticas mudan pero determinados escenarios tenden a permanecer. Hai millóns de persoas que pasan fame mentres  outras se alimentan de forma abundante e saudable. Mentres unhas familias choran aos seus mortos, outras celebran o comezo dunha nova vida. Tobi Ng, o deseñador de 100 World Postcards converte o mundo nun pequeno pobo de 100 habitantes. No seu proxecto pretende visualizar a e distribución dalgunhas necesidades básicas como a auga, o aire, a educación, a liberdade…
Será curioso ver que tipo de postais poderíanse facer dentro de, digamos 50 anos. Ao paso que imos seguro que haberá cambios substanciais nalgúns temas.
Atopamos a información en :
Graphic Design Blog.
Fonte orixinal
Encantounos.

Sunday, 4 November 2012

Necroturismo

Lemos en varios xornais durante estes días a tendencia dun interese crecente pola actividade coñecida como «necroturismo», esta alternativa para o tempo de lecer, cunha arraigada tradición noutros países de Europa, invita aos participantes a percorrer os cementerios para descubrir o patrimonio artístico, arquitectónico, histórico e paisaxístico que atesouran.  
Necroturismo en ABC.es
El Correo.com
Por se queredes botar unha ollada á Ruta a dos Cemiterios Europeos
En Praza Pública
Unha ducia de camposantos galegos
E aquí unha escolma dalgúns dos máis recomendados

Skogskyrk Grav 2006
Skogskyrkogården (Estocolmo, Suecia)
Cimetière des Chiens et Autres Animaux Domestiques
(Asnières-sur-Seine, Francia)
Niembro (Llanes, España)
Père-Lachaise (París, Francia)
Abney Park (Londres, Reino Unido)
Laeken (Bruselas, Bélgica)
Old Jewish (Praga, República Checa)
Cemiterio da Fin do Mundo. Fisterra (Coruña)

Saturday, 3 November 2012

La Catrina. Méjic0

Invadidos como estamos por prácticas inspiradas en Halloween , a miudo esquecemos considerar outras celebracións dun gran interese antropolóxico como o Día dos Mortos en Méjico onde se honra aos mortos combinando antiquísimos rituais aztecas coa tradición católica,

As casas, as igrexas e sobre todo os cemiterios vístense de laranxa e morado e ilumínanse con centos de velas para festexar o suposto retorno dos seres queridos que xa non están. A esencia da celebración é celebrar o tempo que estas persoas estiveron connosco con comida, bebida e actividades das que  eles gozaban en vida. Durante estes días do mes de novembro  forman parte de novo da comunidade e non lles gusta estar rodeados de bágoas, queixumes e excesiva tristeza. É unha celebración agridoce que recoñece  a morte como parte da experiencia humana, como continuación e culminación do ciclo do nacemento, a infancia e a madurez. Salienta os vínculos das persoas coa súa contorna e ten como principal símbolo a caveira.  que aparece en múltiples formatos: doces, debuxos, mascaras, bonecas…  Comunmente son representadas en actitudes divertidas, gozando dos praceres da vida.  As catrinas, unhas das máis populares, están inspiradas na obra de Jose Guadalupe Posada  , que logo retomaría Diego Rivera na súa popular obra “Soño dunha tarde de domingo na Alameda”.  As catrinas aparecen vestidas como elegantes damas da alta nobreza de principios do século 20.

Convidámosvos a ver  a escolma de imaxes e posteriormente escoitar, “La Guapachosa” , canción dedicada á morte onde se reflicten perfectamente os elementos que acabamos de comentar.

 

Jose Guadalupe Posada's original 'La Calavera Catrina,'  1910.

Diego Rivera “Soño dunha tarde de domingo na Alameda”. 

Ricardo Espinosa / Mexico Tourism Board Photo

Photo: Christine Delsol, Special To SFGate
Tomascastelazo, Wikipedia / SF
Museo de la Catrina Saltillo Coahuila

Museo de la Catrina Saltillo Coahuila

Friday, 2 November 2012

Danzas da morte

Xa hai tempo que desexabamos retomar a actividade en Mesturas e aproveitando as celebracións destes días animámosvos a que gozedes destas ilustracións que atopamos en BibliOdissey. Parece que estas imaxes  son a representación visual máis antiga das chamadas Danzas da Morte. Este tipo de ilustracións aparece por primeira vez en Francia para plasmar dunha forma gráfica os devastadores efectos da peste.  A escolma  que aquí vedes están coloreadas a man e realizadas en Alemania entre 1455 e 1458. Como é de esperar móstrannos o tradicional e indiscrimando desfile de vítimas: nais e fillos, cregos, cabaleiros, nobres e monarcas. A idea é que quede moi clara a mortalidade do xénero humano. 

 

Totentanz blockbook v

Totentanz blockbook x
Totentanz blockbook w
Totentanz blockbook u
Totentanz blockbook s
Totentanz blockbook q
Totentanz blockbook o
Totentanz blockbook n
 
 
 
 
 
 
 

Monday, 7 May 2012

SOMOS O QUE LEMBRAMOS E TAMÉN O QUE ESQUECEMOS

EXPOSICIÓN NO VESTÍBULO DO CENTRO

  • A memoria humana é poderosa e única na natureza: permítenos compoñer música, escribir poesía, explicar conceptos abstractos e imaxinarmos o que non existe. Contén a nosa visión do universo e a nosa autobiografía porque somos o que lembramos de nós mesmos, mais está lonxe de ser un almacén ou un simple disco duro: é tremendamente creativa e conforma as nosas lembranzas, ás veces ata as falsea ou inventa episodios completos. Tamén é selectiva: escolle uns datos e rexeita outros porque precisamos esquecer para poder mirar para adiante. Convén lembrar que a nosa memoria pode ser caprichosa e mesmo cruel, capaz de xogarnos a terrible mala pasada do Alzheimer.

Texto baseado na obra de Luís Rojas Marcos “Es a túa memoria”

Presentamos algunhas reflexións do alumnado de 4º ESO sobre a memoria e as lembranzas.

• Utilizaron varias técnicas que se mostran nesta exposición: gravado e falso gravado sobre papel e outros soportes, banda deseñada e deseño tipográfico.

• Recolleron lembranzas da súa xeración en follas verdes, da xeración dos seus pais e nais en follas laranxas e dos seus avós e avoas en follas amarelas. O curso de auga é o simil do fluír das nosas vidas, que arrastra as nosas lembranzas.

Pensamos que realizaron un excelente traballo.

DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA

DEPARTAMENTO DE HISTORIA

EQUIPO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Friday, 27 April 2012

Así nacen os libros

Atopamos este interesantísimo documento en Flavorwire. Quen pensou algunha vez nas mans que fan os libros? Tantas e tantas mans que traballan delicadamente para producir estes  fermosos obxectos que son o soporte de millóns de historias e reflexións.  Lemos no comentario ao video que todo o proceso está contado dun xeito tan harmonioso que semella  a máis fermosa das danzas. É verdade.  
.
.
 

 

Related Posts with Thumbnails