Monday 27 February 2012

Pinterestmania

Pinrterest é a nova rede social de moda que, din, recibe máis de 11 millóns de vistas mensuais. É unha especie de taboleiro virtual onde ordenamos por temas e colgamos (pin) imaxes, infografias e vídeos que nos gustan. Ten a peculiaridade de que a ferramenta mantén sempre o vínculo coa páxina na que a imaxe foi seleccionada, co cal podemos acceder e facilitar aos nosos visitantes moitísima información. Podes, por suposto, subir as túas propias imaxes e vídeos desde o teu equipo e alternalas ou non con recursos “pineados” doutros sitios. Podes seguir a evolución dos taboleiros de outros que máis che gusten (hainos moi interesantes) Tamén parécenos útil a posibilidade de describir con bastante precisión cada imaxe se o consideramos oportuno, o cal enriquece os taboleiros e fainos máis interesantes. Tremendamente visual e bastante atractiva, pensamos que ten bastantes posibilidades de uso e éxito con grupos de alumnado (permite a opción de crear taboleiros compartidos).

 Moi doada de usar, limpa e moi intuitiva.

Incovenientes os de sempre ou case sempre. Hai que facer unha conta máis, parece que hai que recibir invitación doutro usuario ou solicitalo por correo (aínda que nosostros non tivemos problema en abrir unha conta desde Facebook)
A inmensa maioría de taboleiros e recursos están en inglés, así que haberá que poñerse se nos gusta o invento e pinear en galego.
Para subir unha imaxe que está na rede ao teu taboleiro, tes que instalar o típico botonciño na túa barra de navegación que xa semella o panel de mandos dunha aeronave espacial.
Seleccionamos un par de exemplos “educativos” para que vos fagades unha idea.

Os habitantes do Sánchez Cantón interesados no xoguete xa sabedes que podedes achegarvos pola biblioteca para máis información.

Por certo, moitos bibliotecari@s apuntáronse ao invento.

Un Pinterest de Mates

mates

Un de Ciencias

ciencia

Outro de Xeografía

xeografía

Un de Mitoloxía

mitoloxia

Un de cousas que faremos cando teñamos tempo, ou sexa cousas que nunca faremos.

tempo

E, MENTRAS FACEMOS O NOSO,  UN DE BIBLIOS, que queredes….

BIBLIO

No comments:

Related Posts with Thumbnails