volucionando o deseño gráfico
.
volucionando o deseño gráfico
.
Pi é un conxunto de puntos cunha propiedade común, a música, ou o que se denomina un lugar musical. Tódolos puntos equidistan da música das manivelas, do órgano de barbaria e da caixa de música, que son o centro, definindo a denominada circunferencia de música mecánica. A distanza común, ou radio, é a improvisación.
Polo tanto, Pi é igual ao perímetro da música mecánica, dividido polo dobre da improvisación....
Se vostedes non o cren... calculen!
Con esta auténtica declaración de principios sónicos rotula o vallisoletano Germán Díaz o seu novo proxecto discográfico, PI. Nacido na capital castellana no ano 1978, Germán Díaz é xa, a estas alturas, unha das personalidades musicais e creativas máis apaixoantes do actual panorama peninsular. De marcada vocación clásica, estudou zanfona cos máis grandes do folk e do jazz europeos, entre eles Charles Chabenat e Pascal Lefreuve, ademais de especializarse en filoloxía clásica. Dende hai anos dirixe e coordina o selo Produccines Efímeras xunto a Fernando Fuentes, ademais de formar parte de bandas tan excitantes coma o Rao Trío ou o máis actual Marisco Fresco.
Instrumentos mecánimos, luminosidade melódica, creación e versatilidade. Imprescindible.
As mulleres, debido á súa condición de nais e viúvas, manteñen unha relación particularmente emocional cos conflitos bélicos, é dicir, coa dor. E tamén coa esperanza. Esta é a opinión da fotógrafa Jenny Mathews, que durante anos traballou para plasmar como mulleres de diferentes partes do mundo sobreviven e viven a pesar das guerras.
"Tal vez non haxa muller que poida mirar un campo de batalla cuberto de morte sen que xurda no seu interior un pensamento: tantos fillos de tantas nais!. Tantos meses de fatiga e dor mentres os músculos e os ósos se forman dentro dela...!Tantas horas de loita e angustia para crear ese pequeno alento de vida". Ningunha muller, ningunha despreza ata ese punto un corpo humano ". Olive Shreiner.
mulleres africanas, esta percepción vólvese en extremo desgarrante. Neste senso, é curioso e desalentador constatar que, aínda desde as institucións relacionadas coa axuda ó desenvolvemento, insístese nunha aproximación ó tema que trata as mulleres máis como un problema que como un piar fundamental no proceso de reestructuración das sociedades africanas. En consecuencia, e sen por iso ignorar as terribles experiencias que sofren moitas mulleres ó sur do Sahara, faise absolutamente necesario resgatar o magnífico aporte destas protagonistas silenciosas que, en definitiva, posibilitan a supervivencia da maioría dos fogares do continente negro. É neste contexto no que se inserta a idea das mulleres como principais creadoras dun futuro esperanzado para a África subsahariana".
Recollemos esta fermosa cita de Borges que nos chega via o blog a través del Uniberto.
"(...)Para localizar el libro A, consultar previamente un libro B que indique el sitio de A; para localizar el libro B, consultar previamente un libro C, y así hasta lo infinito... En aventuras de ésas, he prodigado y consumido mis años. No me parece inverosímil que en algún anaquel del universo haya un libro total; ruego a los dioses ignorados que un hombre - ¡uno solo, aunque sea, hace miles de años! - lo haya examinado y leído. Si el honor y la sabiduría y la felicidad no son para mí, que sean para otros. Que el cielo exista, aunque mi lugar sea el infierno (...)"
Jorge Luis Borges (Fragmento de "La biblioteca de Babel").
É verdade que o papel das bibliotecas e dos proprios libros está a ser revisado pero o que ninguén pode poñer en dúbida é que hai poucos lugares nos que sintamos esa maxia tan peculiar que nos atrapa e se agolpa nos centos de andeis das vellas e fermosas bibliotecas onde durmen milleiros e milleiros de libros esperando por eses lectores que talvez non os volvan reclamar. Acabamos de atopar estas impactantes imaxes dalguhas destas vellas raíñas do mundo bibliotecario que aínda conservan todo o seu esplendor e dignidade..

Non cabía ninguén máis no Pazo de Pontevedra o Sábado pasado para ver a Lila Downs. Conquistounos a todos e, por suposto a todas, o racho desta gringa mexicana que, segundo ela asegura, é estranxeira nas dúas patrias, a do seu pai e a da súa nai. Pode que desta convicción de desarraigamento naza a fusión que interpreta maxistralmente co seu incrible rexistro de voz. Consegue entusiasmar con temas tan manidos como La Llorona, Sandunga e emocionar cos fermosos e tristes versos de La Martiniana. Defensora de baixar aos infernos das cantinas mexicanas para coñecer aos teus fantasmas e poder derrotalos, comprometida coas mulleres desaparecidas e asasinadas en Juárez, cos sufrimentos da emigración, autora da música de Frida, pola que foi galardoada cun Grammy, políglota, licenciada en antropoloxía... e un auténtico monstro no escenario. Con razón, o público despediuna de pé, entusiasmado cun concerto inesquecible que soubo a poquísimo. Para botar unha ollada cando as cousas non van todo o ben que quixésemos....
Un dos mellores temas dos cantantes de Mali, Amadou e Mariam, máis a inconfundible impronta de Manu Chao neste Senegal Fast Food. Fala de falsos paraisos, de expectativas, de visados, do que se deixa atrás cando decides montar nun cajuco e empezar outra vida. O malo é cando, en lugar de comezar, remata. Un video ben feito.
"il est maintenant, 5 heures zéro huit minutes"
C'est au Manhattan fast food Dakar Sénégal cinéma le Paris demain je serais parti
La gare Dakar Bamako mon p'tit y'a pas de problème
Tout vas bien aujourd'hui je me marie
J'ai confiance amour solo gao l'Algérie Tunisie Italie
Y'a pas de problème, j'aime au Manhattan fast food Dakar Sénégal cinéma le Paris
ascenceur pour le ghetto Il est minuit à Tokyo, il est cinq heures au Mali
Quelle heure est-il au paradis.Il est minuit à Tokyo, il est cinq heures au Mali
Quelle heure est-il au paradis
C'est au Manhattan fast food Dakar Sénégal,
la grand-mère à l'hopital dans tête tout vas bien Cairek, moi ici, toi là-bas, le visa au consulat Numéro 39, y'attends y'attends à l'étal civil déjà l'an 2000, déjà 2000 ans
Au Manhattan fast food Dakar Sénégal cinéma le Paris (cinéma le paris)....
Nesta ligazón a letra enteira e a tradución
E tamén di:
"A homofobia é unha realidade nas aulas. O insulto que con maior frecuencia se repite en calquera centro educativo, é un epíteto ben coñecido. Hai distintos tipos de homofobia: Ás veces maniféstase dun modo violento, noutras ocasións, de xeito soterrado. O feito de que se siga sen visibilizar a realidade GLBT nos institutos e colexios españois é indicativo de que as sexualidades minoritarias seguen estando estigmatizadas. Moitos mozos e mozas sofren en silencio acoso por orientación sexual e non atopan nin no ámbito educativo nin no ámbito familiar, apoios para saír desa situación. Os dereitos humanos, séguense vulnerando, aquí e agora, en contornos que proclaman como idearios "o desenvolvemento integral do individuo", co silencio cómplice dos compañeiros? de pupitre e o que é máis grave, de responsables (?) educativos, que prefiren mirar para outro lado cada vez que se producen actos homófobos... ". (Fuente Pisando Fuerte)
Esta é a ligazón ao blog da titoría, onde proporcionan referentes positivos da homosexualidade e facilitan un correo para pórse en contacto cos responsables. Nesta ligazón hai unha interesante relación de recursos que proporciona este blog. Aquí podedes descargar o cómic que aparece na ilustración, e nesta ligazón pódese descargar unha unidade didáctica con máis información sobre o tema: películas, literatura, publicacións....en breve ambos documentos estarán a dispor de toda a comunidade escolar. Polo momento, aparte de "Homosexualidade e familia", que xa mencionamos nun post anterior, adquirimos recentemente estas dúas obras "Jim en el espejo" e "Sandra ama a Meike". Seguiremos informando.
Só resta felicitar aos responsables desta importante e, sobre todo, necesaria iniciativa.
AGRADECEMENTO Á ANPA DO NOSO INSTITUTO
Máis de 1000 persoas no Pazo de Congresos en Santiago de Compostela que cambiaron un fin de semana de tempo marabilloso por falar, escoitar, compartir experiencias acerca do papel que desexamos poidan chegar a desempeñar as Bibliotecas Escolares de Galicia nestes confusos tempos en que os docentes temos tantas e tan diversas responsabilidades. Unha organización inmellorable grazas unha vez máis a Cristina Novoa e Pilar Sampedro, ás persoas responsables deste proxecto que xa é imparable. Moitas expectativas, moita ilusión, algunha cea inesquecible e unha chea de amigos cos que é un privilexio compartir tantas cousas.
De todos e todas vós aprendemos cada día. O equipo da biblioteca do IES Sánchez Cantón quere darvos publicamente as grazas. Aquí podedes ver o ambiente, a incrible cantidade de xente disposta a seguir adiante e, de paso, facer unha visita a A Nosa Biblioteca, un blog excelente e amigo.
tivo o teatro para a xente nova? Conseguiría achegar un clásico da literatura universal á sensibilidade do noso alumnado?