Wednesday 5 December 2007

Alguen@nalgures.com

Utilizamos moito o signo @ que serve para escribir as direccións de correo electrónico. Pero de onde ven?
A palabra ´"arroba" vén do idioma árabe: ar-roub, que significa catro. O signo arroba, que hoxe é o símbolo de internet e a modernidade, foi creado na Idade Media!. O signo @ naceu cara ao século VI da palabra latina ad que significa "a" ou "cara a". E crese que ten as súas orixes nunha práctica dos copistas medievais que utilizaban o @ para ligar as letras"a" e "d". Este símbolo enóntrase por primeira vez en documentos comerciais de Florencia, Italia, no século XIII representando unha unidade de medida, a ánfora, e no século XVI en España, representando a arroba, unha medida de peso moi utilizada tamén en América. No século XIX, nos Estados Unidos utílizase tanto, que aparece nas primeiras máquinas de escribir e, un século máis tarde, nos teclados dos primeiros ordenadores. Non obstante, nesa época xa non se utiñliza case nada. "Un símbolo que xa non sirve para nada?" dixo para si Ray Tomlinson en1971. "Perfecto, vou poder utilizalo para crear as direccións electrónicas..." cousa que fixo, co éxito que todos coñecemos!
Áínda máis: En inglés @ dise at, os rusos chámano "o cadelo", os turcos"a orella", os suecos"pau de canela", os serbios"a tolo", os daneses "trompa de elefante", os holandeses"rabo de mono" e os franceses " a caracol"


Se vos interesou esta información podedes atopar moitísimas máis curiosidades tanto ou máis interesante que esta nun libro que acabamos de mercar e que é unha pequena xoia. Chámase Todas as RESPOSTAS ás PREGUNTAS que NUNCA te FIXECHES. Philippe Nessmann e Nathalie Choux. Factoría K de libros.


Ah! e ten un formato precioso.

No comments:

Related Posts with Thumbnails