Thursday 13 December 2007

Aínda máis cine


Para completar o post anterior propómosvos unha visita especial para os máis cinéfilos de tod@s vos: The American Widescreen Museum. Está en inglés pero non importa demasiado porque ten unha orientación moi visual. Veredes que hai seccións moi suxestivas como a galería de posters clásicos que permite velos bastante ampliados. Ademais, para os máis entusiastas, proporciona unha información interesante, pero sen angustiar con demasiados detalles, sobre os sucesivos avances técnicos que foron conformando a sétima arte. Moi recomendable, aínda que só sexa para entrar e dar un paseo relaxado porque a páxina é bastantes exhaustiva e ten moitas seccións. Iso se podedes soportar a cor do deseño, un pouco subida de ton para o noso gusto, pero xa se sabe, para gustos...

No comments:

Related Posts with Thumbnails