Poden ser a causa de que decidamos ver unha película ou, pola contra, deixala pasar para sempre ?




Nace en España o primeiro observatorio sobre homofobia e transfobia ODOS, que xorde da necesidade de promover un maior recoñecemento sobre a incidencia da homofobia na sociedade. O 80% das agresións homófobas non se denuncia, principalmente pola dificultade que poidan ter moitas persoas se o seu ámbito familiar ou laboral non coñece a súa orientación sexual,
Baixo o lema Vivo en liberdade, ODOS iniciou unha campaña para fomentar o espírito crítico ante a homofobia e a transfobia. A web contén diversas seccións con todo tipo de información,
desde boletíns a noticias do todo o mundo e diversas seccións como Denuncia, Coñece os teus dereitos ou ¡Actúa! nas que se achega información. As denuncias que reciben as asociacións xorden principalmente de actitudes homófobas en publicidade ou medios de comunicación, a negación do acceso a servizos, as agresións físicas ou verbais e o acoso laboral e
escolar.
O seguinte documento expresa desafortunadamente a opinión dunha parte da sociedade ante a homosexualidade, considerándoa un problema e unha alteración que debe ser necesariamente correxida. Pensamos que é a nosa obriga explicitar que tamén hai outros enfoques que abordan a homosexualidade dende unha perspectiva totalmente diferente. Aquí podedes atopar unha ampla e rigurosa bibliografía. No expositor de libros na vestíbulo do instituto temos algún título e podedes solicitar máis sempre que o estimedes oportuno.
La Aventura Humana "La violencia es el último recurso del incompetente". (Isaac Asimov) "Ojo por ojo, y el mundo acabará ciego". (Gandhi) "La violencia es el miedo a los ideales de los demás". (Gandhi) "No hay camino para la paz, la paz es el camino". (Gandhi) "La verdad no está de parte de quién más grite". (Rabindranath Tagore) "El racismo ha sido históricamente una bandera para justificar las empresas de expansión, conquista, colonización y dominación y ha marchado de la mano de la intolerancia, la injusticia y la violencia". (Rigoberta Menchú) "Los derechos humanos son sus derechos. Tómenlos, defiéndanlos, promuévanlos, entiéndanlos e insistan en ellos. Nútranlos y enriquézcanlos... Son lo mejor de nosotros. Denles vida". (Kofi Annan) "Toda sociedade que pretenda asegurar aos homes a liberdade, debe comezar por garantirlles a existencia". (León Blum) "Mentres a maioría dos homes non sexa libre, non se pode concibir ao home libre". (Henri-Frédéric Amaniel) "Descubrir aos outros é descubrir unha relación, non unha barreira". (Claude Lévy-Strauss) "A liberdade non é máis que a oportunidade de ser mellor". (Albert Camus)
Osset Hernández, M.
Ed. Icaria, Barcelona, 2005. 
Afgano: Hussun Banu
Amazónico: La justicia de Tupá
Árabe: Sherezade
Bereber: Un docto cadáver
Bretón: Cantos de boda
Castelán: Blancaflor
Catalán: El conejo, el gallo, el gato, el perro y el carnero
Chinés: Liang Sanbo y Zhu Yingtai
Congoleño: Nkolle o la aventura humana
Coreano: La liebre y el hígado
Cubano: Bregantino, Bregantín
Exipcio: El león y el gato
Xitano: El origen del violín
Grego: Prometeo y la caja de Pandora
Guineano: El hijo del cocodrilo
Hindú: El bueno y el malo
Huichol: El diluvio
Indoeuropeo: El hombre que quería robar a su compañero
Irlandés: El juicio del gato
Letón: El hombre-oso
Malí: Un bastardo
Masai: Los frutos del sicomoro
Mexicano: Xicoatl, estrella errante
Nepalí: Lalari y Kusuri; Khoktschulukpa y el nacimiento de la cultura
quechua: El cuento de Pedro Lache
saharaui: El honor
sioux: El águila y el cazador
tibetano: La hija de los dragones
vasco: Catorce
... que os disfrutedes e vos aporten a súa maxia.
DENDE HOXE E ATA O VINDEIRO LUNS, "DIA DOS DEREITOS HUMANOS" OS BLOGS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS UNIRÉMONOS PARA AMOSAR A NOSA LOITA EN PROL DOS NOSOS DEREITOS.
Fíjate bien (Juanes)
volucionando o deseño gráfico
.
Pi é un conxunto de puntos cunha propiedade común, a música, ou o que se denomina un lugar musical. Tódolos puntos equidistan da música das manivelas, do órgano de barbaria e da caixa de música, que son o centro, definindo a denominada circunferencia de música mecánica. A distanza común, ou radio, é a improvisación.
Polo tanto, Pi é igual ao perímetro da música mecánica, dividido polo dobre da improvisación....
Se vostedes non o cren... calculen!
Con esta auténtica declaración de principios sónicos rotula o vallisoletano Germán Díaz o seu novo proxecto discográfico, PI. Nacido na capital castellana no ano 1978, Germán Díaz é xa, a estas alturas, unha das personalidades musicais e creativas máis apaixoantes do actual panorama peninsular. De marcada vocación clásica, estudou zanfona cos máis grandes do folk e do jazz europeos, entre eles Charles Chabenat e Pascal Lefreuve, ademais de especializarse en filoloxía clásica. Dende hai anos dirixe e coordina o selo Produccines Efímeras xunto a Fernando Fuentes, ademais de formar parte de bandas tan excitantes coma o Rao Trío ou o máis actual Marisco Fresco.
Instrumentos mecánimos, luminosidade melódica, creación e versatilidade. Imprescindible.
As mulleres, debido á súa condición de nais e viúvas, manteñen unha relación particularmente emocional cos conflitos bélicos, é dicir, coa dor. E tamén coa esperanza. Esta é a opinión da fotógrafa Jenny Mathews, que durante anos traballou para plasmar como mulleres de diferentes partes do mundo sobreviven e viven a pesar das guerras.
"Tal vez non haxa muller que poida mirar un campo de batalla cuberto de morte sen que xurda no seu interior un pensamento: tantos fillos de tantas nais!. Tantos meses de fatiga e dor mentres os músculos e os ósos se forman dentro dela...!Tantas horas de loita e angustia para crear ese pequeno alento de vida". Ningunha muller, ningunha despreza ata ese punto un corpo humano ". Olive Shreiner.
mulleres africanas, esta percepción vólvese en extremo desgarrante. Neste senso, é curioso e desalentador constatar que, aínda desde as institucións relacionadas coa axuda ó desenvolvemento, insístese nunha aproximación ó tema que trata as mulleres máis como un problema que como un piar fundamental no proceso de reestructuración das sociedades africanas. En consecuencia, e sen por iso ignorar as terribles experiencias que sofren moitas mulleres ó sur do Sahara, faise absolutamente necesario resgatar o magnífico aporte destas protagonistas silenciosas que, en definitiva, posibilitan a supervivencia da maioría dos fogares do continente negro. É neste contexto no que se inserta a idea das mulleres como principais creadoras dun futuro esperanzado para a África subsahariana".
Recollemos esta fermosa cita de Borges que nos chega via o blog a través del Uniberto.
"(...)Para localizar el libro A, consultar previamente un libro B que indique el sitio de A; para localizar el libro B, consultar previamente un libro C, y así hasta lo infinito... En aventuras de ésas, he prodigado y consumido mis años. No me parece inverosímil que en algún anaquel del universo haya un libro total; ruego a los dioses ignorados que un hombre - ¡uno solo, aunque sea, hace miles de años! - lo haya examinado y leído. Si el honor y la sabiduría y la felicidad no son para mí, que sean para otros. Que el cielo exista, aunque mi lugar sea el infierno (...)"
Jorge Luis Borges (Fragmento de "La biblioteca de Babel").
É verdade que o papel das bibliotecas e dos proprios libros está a ser revisado pero o que ninguén pode poñer en dúbida é que hai poucos lugares nos que sintamos esa maxia tan peculiar que nos atrapa e se agolpa nos centos de andeis das vellas e fermosas bibliotecas onde durmen milleiros e milleiros de libros esperando por eses lectores que talvez non os volvan reclamar. Acabamos de atopar estas impactantes imaxes dalguhas destas vellas raíñas do mundo bibliotecario que aínda conservan todo o seu esplendor e dignidade..

Non cabía ninguén máis no Pazo de Pontevedra o Sábado pasado para ver a Lila Downs. Conquistounos a todos e, por suposto a todas, o racho desta gringa mexicana que, segundo ela asegura, é estranxeira nas dúas patrias, a do seu pai e a da súa nai. Pode que desta convicción de desarraigamento naza a fusión que interpreta maxistralmente co seu incrible rexistro de voz. Consegue entusiasmar con temas tan manidos como La Llorona, Sandunga e emocionar cos fermosos e tristes versos de La Martiniana. Defensora de baixar aos infernos das cantinas mexicanas para coñecer aos teus fantasmas e poder derrotalos, comprometida coas mulleres desaparecidas e asasinadas en Juárez, cos sufrimentos da emigración, autora da música de Frida, pola que foi galardoada cun Grammy, políglota, licenciada en antropoloxía... e un auténtico monstro no escenario. Con razón, o público despediuna de pé, entusiasmado cun concerto inesquecible que soubo a poquísimo.