Tuesday 14 October 2008

La lámpara de Aladino. Volve Luis Sepúlveda



Ten moi boa pinta este novo libro de contos de Luis Sepúlveda ao que tod@s coñecemos polo seu vello lector de novelas de amor.

Traducimos a crítica literaria que nos convenceu para compralo:

Para rescatar do esquecemento momentos, lugares e existencias irrepetibles, o autor escribiu este libro baixo a metáfora dunha "lámpada da que xorden, como por arte de maxia, doce contos maxistrais".
A Alejandría de Kavafis, Ipanema en carnavais, un Hamburgo frío e chuvioso, a Patagonia, o Santiago de Chile dos anos 60 ou a recóndita fronteira de Perú, Colombia e Brasil son algúns dos escenarios de 'La lámpara de Aladino'. Estes doce relatos, destacou a editorial, son cada un deles "unha novela en miniatura", onde Luis Sepúlveda "dá vida a personaxes inesquecibles e ás historias máis fermosas que se contaron en moitos anos".

3 comments:

Anonymous said...

Pois este libro pareceme que vai ser un libro moi interesante ao publicarse, pois e moi seguro que as istorias que xurden da lampada sexan agradables e entretenibles

ana said...

Pois parece un libro interesante, xa que na nosa infancia practicamente todos escoitamos falar del. Amin non me gusta ler, pero postos, leeria este posto que ten algo de fantasía e pode entreter mellor.

MESTURAS said...

Grazas Ana e Gonzalo, esperamos que o libro sexa do voso agrado.

Related Posts with Thumbnails