Thursday 9 October 2008

Por amor de Deus



Hai xa algúns anos uns amigos escoceses, de volta dunha viaxe a Londres, faláronme soprendidos dun tal Damien Hirst, a última sensación no cambiante mercado da arte. Este artista, daquela case descoñecido, fíxose pronto famoso coa súa exposición de animais mortos metidos en grandes tanques de formaldehido. A súa máis coñecida obra era, por aquel entón, un enorme tiburón tigre que deu en chamar The Physical Impossiblity of Death in the Mind of Someone Living (a imposibilidade física da morte na mente dalguén vivo) . Bastante choveu desde entón e aquel mozo irreverente resultou ser tamén un xenio do márketing que en pouco tempo foi quen de chegar a ser o artista británico vivo máis acudalado, incluíndo a Elton John, o cal non é ningunha broma. Probablemente oiriades falar de For the love of God, o nome da súa última creación, unha caveira totalmente recoberta de diamantes. Din que foi exactamente o que a súa nai exclamou cando lle contaron o que o fillo estaba a piques de facer. Hirst non oculta nada. Sabemos cantas pedras ten a cousa, 8.601 diamantes dos máis puros do mundo, un masivo diamante central en forma de pera, e case 3 kilos de platino; sabemos tamén cantos cartos pagou por ela (20 millones de euros), e por canto a vendeu (75 millones). Como vedes, unha vez máis utiliza a morte como tema central das súas creacións. O que poida que non saibades é que traballou sobre unha caveira real dun varón que viviu no s XVIII e que tiña uns 30 anos cando morreu. Nesta ligazón podedes ver as fotos de todo o elaborado proceso no que participaron varios orfebres. Paga a pena unha visita.
Para ver máis obras de Hirst
O artista na wikipedia

3 comments:

Anonymous said...

Aínda a risco de que me tilden de retrógrado ou conservador -non miro para ninguén- afirmo con solemnidade que o señor Hirst é un dos maiores farsantes do actual mainstream contemporáneo. Iso si, recoñézolle algo: é un extraordinario publicista.

Anonymous said...

Home Lois, grazas pola visita. Pois que queres, eu canto máis miro o invento este dos diamantes máis me gusta. O feito de convertir un dos símbolos máis aterradores nun obxecto escandalosamente hortera precisamente pola cantidade inimaxinable de diamantes purísimos que leva postos, ten o seu punto...

O.I.E said...

Mola a fotoo texto un pouco cutre pero a foto e moi chula

Related Posts with Thumbnails