Friday, 22 February 2008
O tío Pancho
Espelliño, espelliño
Un dos casos máis clamorosos atopámolo na publicidade "amable" de Dove que intenta convencernos fai xa algún tempo do marabilloso que é ser unha muller normal, de como hai que aleccionar ás nenas ante a tiranía da estética. Esa é a súa filosofía nos dous primeiros vídeos. Pero oh sorpresa!, cando xa estabamos convencidos das bondades de Dove, vemos o terceiro anuncio, o do desodorizante AXE onde aparecen ou simulan aparecer centos de mulleres marabillosamente perfectas nun anuncio que roza os límites do grotesco , e descubrimos cheos de asombro que ambas as marcas Dove e Axe pertencen a UNILEVER, o mesmo grupo empresarial. Que ben!
Manipulación Dixital. DOVE. Unilever
Fala coa túa filla antes que a publicidade o faga por tí. DOVE. Unilever
efecto AXE. Unilever
Thursday, 21 February 2008
RONSEIS
Tuesday, 19 February 2008
Francia: un camiño de ida e volta.
O mércores da pasada semana deixounos o xenial Henri Salvador. Nacido na Guaiana francesa en 1917 soubo crear un estilo propio marcadamente swing, cómico e mesmo visceral, apegado ás tradicións da chanson francesa, o mundo do boulevard e o rock and roll máis descarado. Antóllase imposible sintetizar a súa vida en tres frases: discípulo de Django Reinhardt nos anos 30, colaborador de Boris Vian na década dos 50, foi quen de metamorfosear un estilo atípico, mesmo utópico, oscilando entre a hilaridade máis naïve e a densidade dramática e espiritual dos seus últimos anos. O pasado 21 de decembro puxo punto e final á súa traxectoria artística cun memorable concerto no Pazo de Congresos de París. "A morte non ten ningunha importancia para min, é o final dun camiño, as estrelas explotan e logo hai outras que nacen...é formidable", afirmaba. Case un mes despois despediuse definitivamente de todas e de todos nós.
Jardin d´hiver: a presenza dunha voz madura, no disco Chambre avec vue (Virgin France, 2002)
Tributo á vis cómica dun soñador: Juanita Banana.
Mais a vida mineral segue sometida ao devir, como ben asegurou Nietzsche: a música non deixa de ser un camiño de idas e voltas e revisitacións constantes, orixinais e fondamente estimulantes. Nesa Francia contemporánea e carismática naceu a música de Dominique A, oriundo de Provins, relevo xeneracional natural na xa de por si brillante tradición vogal francesa. No ano 1992 deuse a coñecer amparado polo prestixioso e elegante selo Lithium co traballo La fossette, amalgama minimalista tendencialmente rock. En 2001 ficha polo prestixioso selo Labels para asinar un disco de luminosa presenza, autoreferencial e inspirado: Auguri. As guitarras, limpas, distorsionan en ocasións unha voz crúa, ambivalente, quen anos máis tarde, en pleno 2006, chegará ao seu apoxeo: L´Horizon (GreenUfos) entra en escena, revirando unha plasticidade arquitectónica afastada de convencionalismos e inxenuidades mainstream. Figura consagrada, ven de editar un estupendo traballo ao vivo, Sur nos forces motrices (Olympic Disk, 2007), onde escenifica por que é xa, xunto a Benjamin Biolay, un referente na actual canción francesa.
Dans un camion (L´Horizon, 2006), roadsong de cadencia amable e ampla fondura.
Moitas foron xa as colaboracións asinadas por Dominique A con outros grandes do panorama musical francés. Unha perla: voces para monochrome, tema do visionario Yann Tiersen (La phare, 1997)
Novas caras na Biblioteca
Angers, capital do desenvolvemento sostible, é a porta de entrada do Val do Loira, incluído no patrimonio mundial da humanidade pola UNESCO. Gozando dun marco excepcional, Angers sorprende pola riqueza do seu patrimonio, a súa calidade de vida e a súa notable oferta educativa e cultural.
Outra sesión no Obradoiro con Manuel Lourenzo
Sunday, 17 February 2008
Máscaras venecianas
A máscaras venecianas teñen un papel fundamental na película Eyes Wide Shut de Stanley Kübrick, protagonizada por Tom Cruise e Nicole Kidman na que un doutor neoiorquino e a súa nova esposa participan nuns estranos rituais reservados a membros moi selectos que se cobren con máscaras para preservar a súa identidade.
Saturday, 16 February 2008
Cosméticos indios
Friday, 15 February 2008
Mesturas cumpre un ano
Thursday, 14 February 2008
Women work for Barbie
As mulleres traballan en fábricas
para facer e máis tarde poder adquirir obxectos
que conformen a imaxe que as súas fillas teñen de si mesmas.
Ás nenas se lles cría para que sexan obxectos.
Ás nenas , eses obxectos sedúcenlles e aspiran a converterse en lindas bonequiñas
As mulleres traballan para Barbie
Wednesday, 13 February 2008
Hitler: Sex bomb
Haberá que botar unhas risas de cando en vez aínda que o personaxe nin iso merece. Chéganos esta montaxe vía A través del Uniberto
Monday, 11 February 2008
Enemigos de la felicidad
A loita dos diferentes
Dende hai máis de 50 anos o concurso World Press Photo Contest, algo así como os Oscars da fotografía, reflicten en imaxes as distintas tensións e conflitos que, pouco a pouco, van definindo a nosa historia colectiva.
.
bles vexames e agresións. 50 anos separan as dúas fotografías pero trátase da mesma vella historia de sempre: os mesmos, os que se creen en posesión de todos os privilexios, agredindo ao outro, ao diferente, levantando unha e outra vez o fantasma do medo, os sentimentos atávicos da tribo contra o invasor. Haberá que estar alerta, é unha mensaxe moi perigosa que chega con facilidade e causa danos irremediables.
Dende as dúas fotografías podedes visitar a galería de premiados na presente edición e as consideradas mellores fotografías nos últimos 50 anos e tamén esta montaxe en video
Os perigos das TICS
...é tan doado esquecer que as TICS poden reproducir vellos esquemas e dar a impresión que algo cambia cando en realidade nada se move.
Sunday, 10 February 2008
Franco e as TICS
Dedicamos a primeira entrada aos afortunados e afortunadas que tiveron a sorte de perderse unha época no noso querido país onde se escoitaban cousas como esta. A segunda entrada está dedicada aos que estrañan ese mesmo país que esperamos e desexamos que nunca, nunca xamais volva.
Vía comunicación digital
Simulador de acoso sexual nos metros
Reflectindo a cara máis sinistra desta práctica, aparece un xogo erótico titulado Nonstop Chikan Tokkyu, dedicado a reproducir virtualmente os devanditos eventos, dende o punto de vista dos acosadores. Para publicitar o xogo, incorporouse unha reprodución dunha moza, que pode ser acosada e molestada de diversas formas.
Friday, 8 February 2008
...e van dez. Coidado cos armarios
Décima morte por violencia doméstica neste ano recén estreado
...Agentes del Grupo X de Homicidios arrestaron anoche a Ángel Romero Córdoba, de 19 años y nacionalidad española, acusado de lanzar a su novia, Lucía Corbero Briceño, de 20 años y peruana, desde un quinto piso del número 100 de la calle de Atocha, en el distrito de Centro de Madrid, tras mantener, supuestamente, una discusión con ella en el piso. El joven ha declarado que discutió con la víctima pero que no la tiró desde la terraza de la vivienda, donde se han encontrado pequeñas manchas de sangre, que podrían ser de agresiones menores, como arañazos... EL PAÍS
Thursday, 7 February 2008
1000 grullas de papel
grullas de papel
Sadako Sasaki só tiña dous anos de vida cando a bomba caeu na súa cidade. Era unha nena sá e feliz e parecía que non lle afectou a explosión da bomba, pero nove anos despois detectóuselle leucemia, unha enfermidade causada pola irradiación da bomba. Cando estaba no hospital unha amiga súa, Chizuko Hamamoto, tróuxolle unha grulla de papel e contoulle a historia da grulla. Os xaponeses cren que a grulla vive mil anos. Se unha persoa enferma fai mil grullas de papel, os deuses concederanlle o seu desexo de mellorarse. As grullas aumentáronlle a esperanza a Sadako e entón púxose a facer grullas de papel con moito entusiasmo.
Con todo, lamentablemente ela faleceu o 5 de outubro de 1955 logo de facer 644 grullas de papel. Os amigos e compañeiros de Sadako continuaron a súa misión e fixeron o resto para completar as mil grullas.
En 1958 construíron unha estatua dunha nena sostendo unha grulla dourada nos seus brazos abertos no Parque da Paz en Hiroshima. Cada ano xente de todo o mundo fai grullas de papel e mándaas a Hiroshima, Na súa base pódese ler
Este é o noso berro
Paz no mundo.
Wednesday, 6 February 2008
Dimas Cuevas II
Para o señor Dimas Cuevas deixando ben claro que non entendemos nin compartimos o seu fino e intelixentísimo sentido do humor.
Dimas Cuevas
"Las bodas de lesbianas tendrán que incluir diversas variedades de tortillas [...] y los convites para homosexuales serán a base de perritos calientes y plátanos al horno". "Si la palmo antes de lo previsto, prohíbo que den a mis chiquillos en adopción a ningún matrimonio de gays, lesbianas o mediopensionistas. Sólo falta que los traigamos al mundo, los criemos y los eduquemos, para que luego acaben los pobres rodeados de cualquier cosa".
"Lo que no hay que aceptar es que tengamos que cambiar la pira donde antes se incineraban a los 'raros' por un 'monumento a la rareza'. Los que tenemos las hormonas en equilibrio no tenemos que pedir perdón por ello". Lo escribió Cuevas el 11 de junio de 2000.
En el verano de 2004 frivolizaba con otra cuestión, la violencia doméstica, en el artículo "Yo quiero una pareja de manchegos gays para la Feria": "Sólo me cabe una duda: si los que se casan son dos machos (con perdón) y en el supuesto caso de que uno de los manchegos matrimoniados tenga la mano larga, ¿su pareja tendrá derecho a la protección de la nueva ley contra la violencia de género? Supongo que, siguiendo la Ley de Mahoma, sólo será así si el maltratado es el que toma...".
"Dijo Fernández de la Vogue que en España hay 4 millones de homosexuales [...] De ser cierta esa cifra, a la especie humana le queda un telediario" (1/10/2004)- "En la actualidad a nadie se le ocurre prohibir que salgan culos por la tele: al contrario, se reparten guías pro-lesbianismo en las escuelas" (8/1/2006)- "Si luego la mamá les raspa con la barba de tres días o el papá les mancha de rímel [...] qué le vamos a hacer, todo sea por la modernidad" (1/5/2005)
"Si ha de haber paridad para las mujeres que la haya también para los altos, para los bajos, para los calvos, para los listos, para los tontos y ahora, que están de moda, también para los inmigrantes".
Friday, 1 February 2008
GRAZAS
Wednesday, 30 January 2008
Historia da vida cotiá en Galicia
Formulada como unha obra de investigación histórica, nas máis de catrocentas páxinas emprega fontes inéditas combinándoas coa bibliografía dispoñible para reflectir o xeito no que se desenvolvía a vida da xente corrente, a familia, a alimentación, a vivenda, a indumentaria, a hixiene, o amor e o matrimonio, o traballo e o lecer e, asemade, o mundo da escola. Como argumenta o autor, existen varias historias de Galicia na época contemporánea pero ningunha dos galegos, “das xentes de diferente condición social, dos que comían ben e durmían en colchóns de la e os que levaban unha existencia precaria téndose que deitar amoreados en xergóns de follato; dos homes, mulleres e nenos, labregos, fidalgos e habitantes das cidades que protagonizaron a historia deste país”.
Cremos que é unha excelente adquisición para a biblioteca e queremos,unha vez máis reiterar o noso agradecemento ao profesor Castro pola súa visita o curso pasado que de tanta utilidade foi para orientar o noso modesto proxecto sobre diversos aspectos relacionados coa alimentación.
Tuesday, 29 January 2008
Breve escolma de poemas árabes.Día internacional da paz
Existe, por desgraza, unha ampla mostra de conflitos armados onde constatar os diferentes graos de sufrimento e degradación do ser humano que toda guerra implica. Algúns, aparentemente esquecidos, deixaron, non obstante, feridas mal cicatrizadas e dispostas a reabrirse en calquera momento.Outros, case descoñecidos no imperdoablemente descoñecido continente africano, están xa perdidos sen remedio sexa cal sexa o resultado final da contenda.Tamén os hai cotiáns, perniciosos, que abandonan os primeiros titulares pero deixan rastros atrofiados, convertidos en xordas ladaíñas onde a traxedia individual de cada morte se dilúe en cifras carentes de sentido.
Sendo conscientes desta situación, no Día Internacional da Paz, eliximos a guerra de Iraq como símbolo do engano, a barbarie e a loucura que toda guerra implica.
Neste documento utilizamos unha breve selección de textos de poetas árabes representativos da desolación dun pobo ante a traxedia colectiva que asola moitos dos seus países. Tamén incluímos algunhas citas contra a guerra de varios pensadores e escritores da nosa cultura occidental..
Oiamos as súas voces porque temos o convencemento de que só escoitando persoas sosegadas e respectuosas de calquera cultura os seres humanos teremos unha mínima posibilidade de futuro. Este é o espírito que alenta o presente documento que forma parte da iniciativa colectiva das Bibliotecas Escolares Galegas non Día Internacional da Paz, por un mundo mellor e máis xusto.
Os materiais gráficos deste documento proceden das seguintes fontes
Iraq War Paintings Gerard Laing
Carteles contra una guerra – Signos por la paz (James Mann, Ed. Gustavo Gili)
Lions Clubs International Peace Poster Contest
Chegamos ao momento en que evocamos a paz como unha lembranza.
Impresionad@s polos horrores das guerras, pola manipulación da realidade que teñen feito os grandes e pequenos poderes para xustificala e pola destrución da memoria dos pobos, os ensinantes, os bibliotecarios, debemos seguir buscando co noso traballo o fortalecemento da paz e a verdade. A verdade porque somos os administradores dos materiais que conteñen todas as verdades, porque dunha información completa xorde a verdade. A paz porque o entendemento entre as persoas é a base do noso traballo; tratamos que comprendades, coñezades e aceptedes o que din outros, tentando abrir mentalidades, facilitando o acceso ás ideas expresadas ao longo dos séculos: todo o contrario do que conseguen as guerras. Por iso, colocamos a tarefa de nos opoñer a elas como o primeira e máis importante do noso labor cotián.
Un bo xeito de ir contra a guerra é divulgar a obra dos poetas que con palabras emocionantes, moito máis impactantes que as balas, fixéronlles fronte. As persoas somos unha mestura de razón e sentimento: nas grandes cuestións necesitamos alimentar o corazón tanto como a cabeza, e os poetas saben alimentar o corazón:
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ
Monday, 28 January 2008
POLA PAZ (VII)
Sétimo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ
POLA PAZ (VI)
Empeñados como estamos, proclamamos cada día
NON ÁS GUERRAS
Sexto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZSunday, 27 January 2008
POLA PAZ (V)
Saturday, 26 January 2008
POLA PAZ (IV)
Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor que vai ser homenaxeado no Dia das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso.
Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa, da esmola da xente, e como ata a algunha xente lle chega a parecer normal esta situación tan inxusta.
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.
-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!.
Xosé María Álvarez Blázquez
(Tui 1915-1985)
Cuarto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ
Värttinä: 25 anos
Katariina
25 anos, 14 proxectos, intensas xiras ao longo de todo o mundo e tendencias eclécticas na difusión do legado cultural de Karelia. Toda unha vida.
Äijö
Discografía básica:
1. Seleniko (1992)
2. Aitara (1994)
3. Ilmatar (2000)
4. Iki (2003)
5. 25 (2007)
Thursday, 24 January 2008
Diálogos coa auga
POLA PAZ (III)
Seguindo co noso traballo en prol dun mundo mellor no que o diálogo impere sobre o armamento, hoxe achegámosvos tres propostas musicais aínda quentiñas: toda unha proposta de karaoke pacífico para reflexionar.
Solo le pido a Dios:
Blowing in the wind:
Rosa de la Paz:
Wednesday, 23 January 2008
O ceo dos afogados
Nunha plataforma petrolífera pasa algo raro, como unha grande sombra que fai abanear a estrutura. E despois comezan a moverse sombras parecidas por outros mares. E misteriosamente todos os golfiños de todos os mares comezan a xuntarse en determinados puntos. Están como durmidos e cada certo tempo emiten uns sons moi raros. Toda a comunidade mundial está perplexa. As televisións gravan, os comentaristas opinan.
E hai un rapaz que ten problemas psíquicos, é autista? E vai comezar un tratamento con golfiños que seica nadar con eles mellora a saúde destes doentes. E vai pasar algo raro xa o primeiro día.
Tamén está un matemático que virou tolo e metérono nun psiquiátrico, e tamén vai á golfiñoterapia. E igual a el lle pasa algo.
E un lobeco queda preso nunha trampa e a súa nai acaba ferida.
Que teñen que ver todos estes feitos? Como se resolverá o misterio dos delfíns? A resposta no libro... que foi finalista Premio Fundación Caixa Galicia 2007
Tamén son víctimas?
- Moi pouca xente parece querer recordar en USA, mesmo os candidatos que presumen do retorno das tropas coma se fose o do mismísimo Jedi en corpo e alma, en qué estado (deplorable) volven os soldados ás súas casas. De feito, as crises psicolóxicas e as enfermidades mentais que sofren estes rapaces (moitos deles non superan a vintena) empeza durante o seu recrutamento e formación.
En The Ground Truth, magnífico documental de Patricia Folkroud sobre os veteranos de Iraq podemos escoitar a un deles:
"Todo o adestramento está pensado para que teñas ganas de matar, para que non te paralices na zona de combate cando o debas facer. Nós cantabamos cancións que falaban de como matar a nenos nun supermercado mentres adestrabamos correndo.
¿Como querían que rematase iso "?
Pouca xente coñece estes datos: - Ata 400 veteranos de Iraq están actualmente a vivir na rúa na máis absoluta das miserias, debido a que gastaron todos os seus aforros en alcohol e drogas.
- A cifra total de veteranos na rúa, agora mesmo, se sumamos todos os conflitos armados nos que participou o país, é de entre 44.000 e 66.000 persoas
- Os veteranos de Iraq son responsables de ata 121 homicidios en Estados Unidos.
- 10% da masa de condenados das prisións nos Estados Unidos está formado por veteranos de guerra ou membros do exército.
- Destes, por certo, un 23% foi acusado dun delito de acoso ou de violación. De feito,xa un 40% das veteranas de Iraq denunciaran violacións por parte dos seus compañeiros.
E logo sorprende Abu Ghraib...
O New York Times está publicando unha excelente serie de reportaxes sobre os delitos e trastornos sufridos polos veteranos. Inclúe sección multimedia. Non deixedes de botar unha ollada premendo na fotografía.
Tuesday, 22 January 2008
POLA PAZ (II)
Dentro desta rede colaborativa e no noso empeño por reflexionar sobre a importancia da non violencia, aportamos hoxe o vídeo "Poemas pola Paz", unha marabillosa iniciativa que se produciu na vila de Guernica 70 anos despois de ser arrasada polas bombas en 1937, e que nesta ocasión sería bombardeada por poemas: converter a dor en arte, cambiar bombas por poesía, solucionar os conflitos con palabras.
"ALLENDE"
Para matar al hombre de la paz
para golpear su frente limpia de pesadillas
tuvieron que convertirse en pesadilla,
para vencer al hombre de la paz
tuvieron que congregar todos los odios
y además los aviones y los tanques,
para batir al hombre de la paz
tuvieron que bombardearlo hacerlo llama,
porque el hombre de la paz era una fortaleza
Para matar al hombre de la paz
tuvieron que desatar la guerra turbia,
para vencer al hombre de la paz
y acallar su voz modesta y taladrante
tuvieron que empujar el terror hasta el abismo
y matar mas para seguir matando,
para batir al hombre de la paz
tuvieron que asesinarlo muchas veces
porque el hombre de la paz era una fortaleza,
Para matar al hombre de la paz
tuvieron que imaginar que era una tropa,
una armada, una hueste, una brigada,
tuvieron que creer que era otro ejercito,
pero el hombre de la paz era tan solo un pueblo
y tenia en sus manos un fusil y un mandato
y eran necesarios mas tanques mas rencores
mas bombas mas aviones mas oprobios
porque el hombre de la paz era una fortaleza
Para matar al hombre de la paz
para golpear su frente limpia de pesadillas
tuvieron que convertirse en pesadilla,
para vencer al hombre de la paz
tuvieron que afiliarse siempre a la muerte
matar y matar mas para seguir matando
y condenarse a la blindada soledad,
para matar al hombre que era un pueblo
tuvieron que quedarse sin el pueblo.
Monday, 21 January 2008
ARTE NA TIPOGRAFÍA
Aprendemos cousas tan incribles como todo o relacionado co tipo Garamond, utilizado por Google, Dior, e o 90% dos libros publicados. Pois ben, preparádevos para a sorpresa porque este tipo de letra tan elegante e dunha grande beleza tipográfica segundo todos os expertos, foi deseñado no s. XVI, por Claude Garamond e continúa practicamente inalterable dende entón.
Aprendemos que o tipo Bodoni, tan preciso, utilizado pola publicidade de Calvin Klein e Zara, considerado polos expertos como a Venus de Milo tipográfica, data do século XVIII dun deseño do italiano Giabattista Bodoni.
É posible afirmar que todos os tipos cun deseño que é igual ou similar aos tipos clásicos latinos son os que ofrecen a mellor lexibilidade. Ata o momento o tipo máis popular en documentos impresos é Times New Roman, que aparece por defecto en Microsoft. Foi deseñado por Stanley Morison en 1932 para ser usado especialmente para o xornal londinense The Times. Con todo, para a súa utilizción na rede, hai quen consideran que unha das mellores fontes é a Verdana, lexible ata a tamaños ínfimos nos monitores.
Cruz da maternidade no III Reich
Cruz de Ferro: dábase a todas as nais de 4 e 5 fillos
Cruz de Prata: para as nais de 6 e 7
Cruz de ouro: para as nais de 8 e 9
Cruz de ouro e diamantes para 10 e adiante. Estas familias tiñan, ademais, o gran privilexio de contar con Hitler de padriño de honra.
As Mocidades Hitlerianas debían saudar a estas mulleres cada vez que as atopaban pola rúa, levando a súa cruz (nunca mellor dito). En 1940, uns 3 millóns de mulleres alemás levábanas. Eran coñecidas popularmente, e isto é o mellor de todo, como a orde das coellas (Kaninchenorden).
Sunday, 20 January 2008
POLA PAZ (I)
Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de sabermos abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar nas nosas existencias: PAZ. E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí. Dende hoxe ata o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar para unha mellor sociedade do futuro
Tuesday, 15 January 2008
A ritmo de tambor
People in Order's Age. Dirixido por Lenka Clayton and James Price . Esta curta, presentado no Portable Festival parte dunha idea tan simple como pedir a un grupo de persoas que toquen o tambor. Quen son os intérpretes? Representantes de todas as idades de 1 a 100 anos. Dura tres minutos. Tedes que velo, é tremendamente efectivo e ata conmovedor.
Monday, 14 January 2008
Rica heroína
Nos diarios aparecen anuncios con escenas cotiás - unha nai que dá a medicina ao seu fillo ou uns nenos que toman a súa merenda - e repítese machaconamente a mesma mensaxe: "Na estación chuviosa: Xarope Bayer de Heroína", "Na tose forte, Xarope Bayer de Heroína", "A tose desaparece, con Xarope Bayer de Heroína".
O éxito é tan rápido que, moi pronto, a casa Bayer anuncia a Heroína como efectivo remedio contra a tose dos nenos e nenas e esta publicidade aparece en todos os grandes xornais. En España, Bayer aproveita o inverno de 1912 para lanzar unha campaña de publicidade do seu "xarope de heroína".
Durante anos, Bayer segue vendendo a heroína como eficaz e inocuo substitutivo da morfina. Os anuncios a nivel mundial aseguran que, "ao revés que a morfina", a nova substancia produce un aumento da actividade e fai desaparecer todo tipo de tose.
A principios de 1900, algunhas sociedades filantrópicas de EEUU chegan a distribuír mostras gratuítas de heroína vía correo para os adictos á morfina que desexan rehabilitarse.
Non será ata anos despois cando se descubra que a heroína non solo non é inocua senón que resulta aínda máis aditiva que a morfina. O proceso de transformación da substancia no fígado dá a clave do asunto: a heroína volve converterse en morfina dentro do corpo. En 1913 Bayer detivo a produción de heroína e borrou todo este embarazoso asunto dos seus arquivos.
Saturday, 12 January 2008
Angel González e Pepín Bello
Son moitas as castes de autores que habitan na nosa biblioteca e tocan os máis variados temas. Pero que mellor que os poetas para nos falar do amor, da morte, da soidade, da beleza? Por iso cando se marcha un poeta... na nosa biblioteca nunca se marcha, quedan as súas palabras para que as fagamos nosas. E hoxe lemos que se foi un dos grandes, Angel González, e tamén un dos últimos da nosa admirada Xeración do 27, Pepín Bello.
Desde a Biblioteca do Sánchez Cantón queremos honrar a súa memoria.
Para que yo me llame Ángel González,
(Fragmento do poemario Áspero mundo)
Friday, 11 January 2008
Aulas autosuficientes en Teruel, un ano despois.
Thursday, 10 January 2008
Nenos e nenas que loitan.
Tuesday, 8 January 2008
A construción social da paisaxe
La construcción social del paisaje. Joan Nogué . Colección Paisaje y Teoría. Biblioteca Nueva
Este libro propón unhas reflexións pouco frecuentes e moi interesantes ao redor da idea de paisaxe, afirmando que é unha construción social máis, produto dunha determinada forma de apropiación do espazo xeográfico. Ten epígrafes tan suxestivos como:
Monday, 7 January 2008
Emilio Calatayud
Sunday, 6 January 2008
Libro das Alquimias. Xesús Constenla
Un rapaz curioso e un vello raro. O rapaz pescuda, entra no baixo do vello e vaise ver metido nun novo mundo no que os libros voan e aínda que semellan estar en branco poden transformar a realidade, os libros son como a alquimia que procuraba converter as cousas en ouro e buscar a inmortalidade. E o rapaz vai asistir, entre outras marabillas, á traballosa construción da Biblioteca de Alexandría... e logo á súa decadencia e destrución... e vai coñecer a fascinante vida da matemática e astrónoma Hypatia (entrada do 3 de novembro: mulleres matemáticas); e pintores e poetas. Vai saber ben máis do que trae a Enciclopedia que consulta decote. E o mecano, que era o seu xogo preferido, vai quedar esquecido no cuarto diante deste novo mundo tan atractivo –e tan cheo de terror- que se lle abre.










