Monday, 21 January 2008

Cruz da maternidade no III Reich

Nunha das épocas máis escuras e tristes da historia recente, nun tempo no que asasinaron, secuestraron e torturaron milleiros e mileiros de nenos e nenas por cometer o horrible crime de non ser de raza aria, facendo gala dun cinismo que aínda hoxe estremece, condecoraban cada 12 de agosto, día do aniversario da nai de Hitler, a todas as mulleres alemás que procreasen familias numerosas.

Cruz de Ferro: dábase a todas as nais de 4 e 5 fillos
Cruz de Prata: para as nais de 6 e 7
Cruz de ouro: para as nais de 8 e 9
Cruz de ouro e diamantes para 10 e adiante. Estas familias tiñan, ademais, o gran privilexio de contar con Hitler de padriño de honra.

As Mocidades Hitlerianas debían saudar a estas mulleres cada vez que as atopaban pola rúa, levando a súa cruz (nunca mellor dito). En 1940, uns 3 millóns de mulleres alemás levábanas. Eran coñecidas popularmente, e isto é o mellor de todo, como a orde das coellas (Kaninchenorden).

Para os/as aficionad@s a curiosidades relacionadas coa II Guerra Mundial esta é unha boa ligazón

Esperamos que esta interesante iniciativa non sirva de inspiración en determinados sectores sociais do noso axitado país.

No comments:

Related Posts with Thumbnails