Thursday, 24 January 2008

Diálogos coa auga


En varios países do Sur, mulleres e nenas necesitan camiñar máis de 3 horas diarias para recoller auga, a miúdo contaminada. Nalgunhas zonas urbanas, as persoas máis pobres deben mesmo pedir empréstitos para poder pagar a auga potable. O acceso á auga potable mellora a saúde e a asistencia á escola, así como os ingresos e o nivel de progreso comunitario e familiar.

Invitámosvos a ver o catálogo da exposición Diálogos coa auga na que participan Chema Madoz, Rafael Canogar, José Manuel Broto, e ata 27 artistas de recoñecido prestixio. Desenvolvidas en diferentes técnicas artísticas (pintura, escultura, fotografía, gravado, instalación), e coa auga como protagonista, invítannos ao diálogo con esta realidade.

1 comment:

Anonymous said...

Recibide a miña sinceira felicitación tod@s aqeuel@s que traballachedes nos carteis das Bibliotecas Escolares, tanto o do Día dos Dereitos Humanos como o da Paz son realmente magníficos.
Por outra parte me consta ó bo labor que estades a facer desde as bibliotecas e que se ve reflectido, entre outras cousas, nos blogs. Ánimo.

Related Posts with Thumbnails