Wednesday, 23 January 2008

Tamén son víctimas?


  • Moi pouca xente parece querer recordar en USA, mesmo os candidatos que presumen do retorno das tropas coma se fose o do mismísimo Jedi en corpo e alma, en qué estado (deplorable) volven os soldados ás súas casas. De feito, as crises psicolóxicas e as enfermidades mentais que sofren estes rapaces (moitos deles non superan a vintena) empeza durante o seu recrutamento e formación.
    En The Ground Truth, magnífico documental de Patricia Folkroud sobre os veteranos de Iraq podemos escoitar a un deles:
    "Todo o adestramento está pensado para que teñas ganas de matar, para que non te paralices na zona de combate cando o debas facer. Nós cantabamos cancións que falaban de como matar a nenos nun supermercado mentres adestrabamos correndo.
    ¿Como querían que rematase iso "?
    Pouca xente coñece estes datos:
  • Ata 400 veteranos de Iraq están actualmente a vivir na rúa na máis absoluta das miserias, debido a que gastaron todos os seus aforros en alcohol e drogas.
  • A cifra total de veteranos na rúa, agora mesmo, se sumamos todos os conflitos armados nos que participou o país, é de entre 44.000 e 66.000 persoas
  • Os veteranos de Iraq son responsables de ata 121 homicidios en Estados Unidos.
  • 10% da masa de condenados das prisións nos Estados Unidos está formado por veteranos de guerra ou membros do exército.
  • Destes, por certo, un 23% foi acusado dun delito de acoso ou de violación. De feito,xa un 40% das veteranas de Iraq denunciaran violacións por parte dos seus compañeiros.
    E logo sorprende Abu Ghraib...

    O New York Times está publicando unha excelente serie de reportaxes sobre os delitos e trastornos sufridos polos veteranos. Inclúe sección multimedia. Non deixedes de botar unha ollada premendo na fotografía.

Vía Bernat Dedéu. Vivir en Nueva York

No comments:

Related Posts with Thumbnails