Monday, 28 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. XI. Google

Despois de que cada uns dos grupos de 4º ESO asistisen dúas veces a estas sesións durante a semana pasada, agora é a quenda dos máis pequenos. Iniciamos as sesións esta mañá con Google como tema central. Primeiro Daniel e Manuel describiron brevemente as ferramentas que ían utilizar para a exposición dos seus materiais: unha ampla exposición que se apoiaba no uso de dous glogs e tamén en Issuu e Vuvox.  Logo pasaron directamente a falarnos do omnipresente e todopoderoso Google a quen, con todo, poderiamos sacar moito máis partido se o soubésemos “espremer” mellor. Esperamos que despois da charla de hoxe os asistentes sexan capaces de efectuar procuras máis precisas, e tamén coñecer todos os servizos deste potente motor de búsqueda:  gozar das delicias de Google Art, explorar con Google Maps. ou botar unha ollada a Google Books e isto son só algúns exemplos. Preferides saber inmediatamente a equivalencia entre dúas  moedas de países diferentes ou dispor dunha calculadora sempre a man?. A partir de hoxe xa sabedes como.

DANIEL DE LA TORRE

MANUEL COUTO

.

..

 

Saturday, 26 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC.TIC na biblioteca. X. Traballo colaborativo.

Vivimos en tempos cambiantes: cambian as familias, a sociedade, as demandas laborais son cada vez máis complexas, os colexios, institutos e universidades xa non son o únicos lugares onde se pode adquirir coñecemento. A cantidade de información que flúe e que debemos aprender a xestionar é inxente. Non podemos abarcala de forma individual. Hai que repartir tarefas, organizar o traballo, suplir as deficiencias e potenciar as destrezas individuais aunando esforzos e creando espazos de colaboración. Por suposto que ademais hai ferramentas que nos axudan neste propósito como Google Docs, como Diigo, que xa analizamos o outro día, e como tantas outras ferramentas da chamada rede 2.0.  Ao escoitar a Sara e Mimi pensamos que dificilmente se poderá exemplificar mellor o que é o traballo colaborativo. Sara e Mimi non eran amigas antes de empezar este proxecto, apenas se coñecían. Mimi aínda ten dificultades co idioma. Aínda así foron capaces de traballar xuntas e colaborar para poder rematar  e presentar estes materiais. Como debe ser. Toda unha lección.

SARA SERTAL
ZIQIU ZHANG

Sesións do alumnado 1º BAC. TIC na Biblioteca. IX. Tipos de licencias

Tampouco Pablo e Verónica descoidaron nin moito menos a estética e decidiron simbolizar a creatividade na rede con este fondo de xardíns virtuais nos seus glogs onde todos podemos coller e sobre todo plantar as flores das nosas creacións. Porén non sería rigoroso deixar de falar nestas sesións que nos ocupan do espinoso tema dos dereitos de autor. Insistiron moi oportunamente na necesidade de respectar a autoría dos materiais que empregamos de cotío con demasiada desenvoltura. Sabedes que é o Copyright? e o Copyleft?. E unha licenza de Creative Commons?. De verdade que se tedes algunha dúbida o video de Pablo vaivos ser de moita utilidade. É moi ameno e instructivo. O glog de Verónica é unha fonte inmensa de imaxes que poidedes utilizar sen ningún tipo de problema nos vosos traballos e exposicións. Ademais temos que agradecerlle un documento Issuu realmente precioso onde nos explica a correcta utilización das imaxes baixo licenzas de Creative Commons.
Grazas rapaces. Se non somos coidadosos nestes temas non será, a partires de agora, por falta de información.
.
PABLO DÍEZ
VERÓNICA DO AMARAL

Friday, 25 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. VIII. Ciberfeminismo.

Un dos temas máis complexos e conceptuais este que Pablo e Carolina tiveron que defender hoxe ante os seus compañeir@s. Saíron máis que airosos e tras unha introdución moi amena na que falaron da orixe dos movimentos feministas abordaron sen complexos o tema do Ciberfeminismo. Coma se estiveran nun territorio completamente familiar o auditorio comezou a escoiotar explicacions moi claras e precisas sobre o Cyborg, o grupo de arte Venus Matrix e a orixe australiana deste activo movemento social feminista que dende principios dos noventa propón que as mulleres sexan consumidoras e produtoras de ferramentas dixitais para promover a abolición de sistemas bipolares baseados nos sempiternos sistemas patriarcais. 
Non vos perdades o documento Prezi de Carolina porque é simplemente magnífico.
.
PABLO PASTOR
CAROLINA SANMARTINO

Sesións do alumnado 1ºBAC.TIC na Biblioteca. VII. As mulleres no mundo das empresas da computación e das TIC.

 
Un pracer escoitar a Carmen, Jaime e Alejandro falar do papel das mulleres  neste mundo que a miúdo relacionamos cos homes especialmente en sus postos máis altos. Moi ilustrativa a primeira parte onde aprendimos moitísmo das pioneras como Ada Lovelace, muller de coñecementos avanzadísimos para a súa época onde os roles femininos estaban terriblemente restrinxidos.  Tamén escoitamos falar da labor das operarias do Eniac o primeiro e enorme computador construido en Pensilvania, mentras que os postos de maior relevancia e responsabilidade eran ocupados na practica totalidade por homes. Porén,  pouco a pouco as mulleres van ocupando espazos neste ámbito e van imprimindo o seu particular selo en todas as áreas. Os respopnsables deste traballo tan ben documenrtado interiorizaron perfectamente o concepto e non se limitaron a recitar unha lista de nomes de mulleres relevantes, senon  que fixeronnos compartir o longo e difícil camiño percorrido ata as xoves e glamurosas deseñadoras dos populares videoxogos da actualidade. Un traballo completísimo, con fotos ben interesantes, videos moi ilustrativos e, por se fora pouco, dous documentos Issuu que contemplamos encantad@s.  Podedes estar orgullosos do esforzo realizado.
 
 
ALEJANDRO MASEDA
CARMEN COUTO RODRÍGUEZ-PEDROSA
JAIME  PASTOR

En dous destes glogs tedes estes documentos Issuu para resumir e dar algunah información máis precisa sobre algún aspecto en concreto.


Sesións do alumnado 1ºBAC TIC na Biblioteca.VI. Precaucións na rede

  Berta e Miguel prepararon a conciencia un dos temas de máis interese para o seu público: as precaucións que debemos tomar na rede para poder sacar o maior proveito de todos os servizos minimizando os riscos tanto para nós como para os nosos equipos. Alguén le algunha vez as condicións de uso que a miúdo firmamos e aceptamos sen botar unha ollada cando abrimos unha conta nunha determinada rede social?. Somos plenamente conscientes do tipo de perfil virtual que imos configurando pouco a pouco con imaxes nosas das que seica preferiríamos prescindir no futuro?
Queredes saber a diferencia entre vermes e troianos e en que medida poden ser perxudiciais para os nosos equipos e que o software malicioso entra facilmente a través do noso correo? Sabes que o teu USB é especialmente vulnerable e como o podes protexer?
Grazas a Berta e Miguel temos toda esta información ben organizada e lista para servirnos de axuda.

BERTA REDONDO GONZÁLEZ
MIGUEL LATAS

 

Thursday, 24 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na biblioteca. V.Software libre e propietario

Unha sesión imprescindible a de Alexandre Couto mais Antonio Castro se queremos ter algúns conceptos claros: Software, Hardware, Adware, Shareware, Malware… esperamos que os asistentes á exposición de hoxe teñan todos estes términos ben definidos de agora en adiante. A verdade é que foi moi interesante. Escoitamos, por exemplo, importantes matizacións á hora de diferenciar entre software libre e software gratuito, producidas pola duplicidade do vocablo inglés “free” que ten ambos significados. Os glogs elaborados por estes dous alumnos almacenan unha completa información sobre o tema tratado e poñen ao dispor de todos os visitantes de Mesturas algunas ligazóns ben escollidas e tamén un par de videos moi didácticos e entretidos que facilitan moito a comprensión destes termos que, as veces, fannos sentir un pouco confusos. O alumnado asistente pasou un rato máis que divertido coas ocorrencias dalgún dos ponentes. Obxectivo conseguido mozos. E non era doado.
.
ALEXANDRE COUTO ESCOBAR
ANTONIO CASTRO CARPINTERO

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na biblioteca. IV. Internet e a situación das mulleres en contextos de represión e illamento.

Hoxe estaba a biblioteca practicamente ao completo coa presenza de dous grupos de alumnado de 4º ESO. Unha audiencia tan numerosa sempre impón e supón unha dificultade engadida para os responsables de calquera exposición. Con todo Diego Baqueira, David Domíngez, Alicia Cores e Javier García non tiveron demasiados problemas en captar a atención dos seus compañeiros e compañeiras ao falar da situación das mulleres en contextos de represión e aillamento. Un traballo moi completo e coidado que até se apoiaba no deseño estético do fondo dos glogs, o mesmo para todos. O grupo decidiu utilizar a imaxe que podedes ver para simbolizar o illamento destas mulleres ás que a rede brinda unha oportunidade extraordinaria para mellorar a súa visibilidade. O traballo incide en aspectos tan interesantes como a restrición dos espazos aos que estas mulleres teñen acceso a pesar de, en moitos casos, a súa formación e o seu elevado nivel económico . Falouse da importancia, ás veces relativa, do veo. Comentouse que moitas delas non o ven como o maior dos seus problemas a pesar dos intensos debates que o seu uso provoca nas nosas culturas. Sobre todo incidiuse no feito de que hai colectivos de mulleres que non responden exactamente ao papel de vítimas pasivas que a miúdo lles asignamos. Mesmo en contextos tan hostís como Afganistán, hai organizacións tremendamente activas de mulleres que se organizan e loitan e fan da rede unha aliada imprescindible para darse a coñecer.
Tras centrar o tema os alumnos relatores de hoxe entraron con máis detalle nos casos particulares da activista chinesa Liu Xia e a Asociación  Revolucionaria de Mulleres Afganas RAWA. para eXemplificar o anteriormente exposto. Por último queremos resaltar un excelente sumario utilizando de novo a ferramenta Vuvox como soporte.

DIEGO BAQUEIRO FARIÑA
DAVID DOMÍNGUEZ VIVAR
ALICIA CORES BARTOLOMÉ
JAVIER GARCÍA ALVAREZ

Wednesday, 23 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. III Repercusión das TIC no mundo do traballo e as mulleres.

Non foi un tema doado o que tiveron que traballar Fernando Gefaell Silvia Chan e Paula Cabeza.
Houbo ademais  algunha  pequena incidencia na organización da sempre complexa cuestión dos horarios cando están implicados varios grupos de alumnado. Esta foi a razón pola que Silvia e Paula non puideron estar presentes na exposición do tema que traballaron conxuntamente con Fernando e foi el quen tivo que expoñer o resultado das súas pesquisas ante os compañeiros de 4º ESO. Fernando falou moi convincentemente e fixo que tod@s reflexionaramos sobre aspectos tan interesantes como:

  • A perda da separación do lugar de traballo e lugar de descanso. As repercusións sobre a organización das tarefas do fogar e a familia. 
  • A deslocalización das empresas.
  • As condicións laborais que implican as retribucións por obxectivos.
  • As dificultades que supón a simultaneidade do traballo: o doméstico máis o profesional.
  • As dificultades de relación co resto de traballador@s

Aínda que por suposto  tamén hai moitísimas facetas positivas como a facilidade de organización e obtención de axudas que as ferramentas dixitais supoñen para as mulleres, especialmente en determinados contextos e a maior oportunidade de obtención de mellores postos de traballo, mesmo en altos niveis de responsabilidade que ata agora non tiñan acadados.

Houbo unha información máis detallada sobre o acceso as TIC de colectivos de mulleres mexicanas e tamén referencias ao interese nestas ferramentas por parte dalgunhas asociacións de mulleres xitanas.

FERNANDO GEFAELL VALCARCE
SILVIA CHAN VÁZQUEZ
PAULA CABEZA RAMOS

Tuesday, 22 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. II Fenda dixital

Hoxe tivemos a sorte de escoitar a Sergio Cano e a Pablo Acuña falar da fenda dixital en relación ao diferente grao de desenvolvemento e tamén en relación ao xénero. O concepto quedou perfectamente claro ante os seus compañeiros e compañeiras que escoitaron moi atentamente e fixeron preguntas sobre varias cuestións, por exemplo o significado da expresión “linguaxe inclusiva” que deu pé a facer algunha reflexión sobre o uso inconsciente que a miúdo facemos das palabras. Soubemos das diferencias en competencias dixitais e as súas implicacións entre  diferentes países e mesmo entre zonas próximas do mesmo país. Sergio máis Pablo foron moi aplaudidos. Quedamos con desexos de máis.  Utilizaron Glogster e Vuvox como ferramentas para a súa exposición. Parabéns rapaces.
PABLO ACUÑA RODRÍGUEZ
SERGIO CANO ANTÓN
 
Queremos destacar moi especialmente o documento elaborado por Pablo Acuña  utilizando Vuvox como soporte e que vos invitamos a visitar.


sergio3

Monday, 21 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. I Marcadores sociais. Plataforma Diigo.

    Iniciamos un curso máis a serie de sesións protagonizadas polo alumnado 1º BAC TIC que comezan a ver os froitos de meses de esforzo e xa son quen de amosar os primeiros resultados aos compañeiros de cursos inferiores. Nesta ocasión asistimos á primeira sesión na que  alumnado de 4º ESO puido aprender que as redes sociais son ferramentas moi útiles non só para quedar enganchados ao Tuenti ou ao Facebook senón para compartir información, suliñar páxinas interesantes en rede ou intercambiar materiais co profesorado. Ata esta mañá case ninguén sabía o que era Diigo; tampouco Glogster ou Prezi. Agora xa o saben.  Nestes glogs elaborados polos dous alumnos que explicaron moi convincentemente a utilidade das redes sociais aos seus compañeiros, podedes ver a calidade do traballo realizado. Grazas pois a este grupo de alumnos e alumnas por participar nesta actividade da que todos aprendemos tanto de todos. Seguiremos publicando durante estes días os materiais expostos.
.
.

JUAN PEDRO VIDAL LÓPEZ

FERNANDO SÁNCHEZ VÁZQUEZ

Wednesday, 16 February 2011

Recursos para o 8 de Marzo

Achegamos a proposta didáctica do STEG que nos ven de chegar. Ten cadernos de traballo para Primaria e Secundaria  Grazas Olga

 

Monday, 14 February 2011

Autoodio

Esperamos comentarios. Impagable documento que esperamos non vos deixe indiferentes.

Sunday, 13 February 2011

O gran libro dos medos e outras cousas de Patasdepeixe

Unha delicia este “O gran libro dos medos do rato pequeno” a nova entrega de Patasdepeixe, coma sempre coidadosamente elixida. Esta vez a autora seleccionada para a súa adaptación á nosa lingua é a ilustradora británica Emily Gravett. Tras unha acértadísima tradución-recreación, xa temos diante esta auténtica obra de arte que combina unha gran variedade de materiais como debuxos en branco e negro, collage, páxinas rasgadas, páxinas con papel furado polos propios ratos medorentos... cada páxina é unha aventura e o libro en realidade é un minicontenedor  de inesgotables sorpresas. 

Ademais, todas estas bromas visuais e verbais baixo a aparencia dunha orixinal mestura de noticias e anuncios, están combinadas dunha forma tan intelixente que poden ser perfectamente accesibles tamén para nenos que aínda non saben ler.

O atractivo do libro compleméntase co suxestivo do tema: o medo, as fobias. Esta circunstancia e a forma en que está tratada fano moi atractivo para un amplo rango de idade. Cada páxina está dedicada a unha fobia, algunhas reais, inventadas outras. Nin sequera esqueceron o detalle de deixar espazos en branco para que o afortunado posuidor poida anotar os seus particulares terrores.

Aproveitamos tamén para recomendar “ Coidado extraterrestres” a divertida tradución da obra de Benoît Jacques

En resumidas contas, outro acerto máis. Felicidades Patasdepeixe. Que saibades que valoramos o voso esforzo e profesionalidade. Tamén o voso excelente bo gusto.

coidado extraterrestres

coidado extraterrestres

 

coidado extraterrestres
libro dos medos do pequeno rato

libro dos medos do pequeno rato

Saturday, 5 February 2011

René Maltête

 
Preparamos , hai xa algún tempo, esta presentación sobre René Maltête porque encántannos as súas fotos.  Esperamos que a vós tamén.
 
 

Thursday, 3 February 2011

Feliz Aninovo Chinés

Para todos os nosos alumnos e alumnas chineses
2011. Ano do Coello
 
MURAL COS ANIMAIS DO HORÓSCOPO CHINÉS

Sabedes das charlas do Mercantil?

Desde Mesturas queremos informar dalgunhas das interesantes conferencias programadas para próximas datas no Casino Mercantil

Wednesday, 2 February 2011

EXIPTO

Quedamos á espera do que poida suceder. Túnez, Líbano, Exipto…

Algunhas imaxes recollidas en BIG PICTURE. Algún video que circula pola rede. Temos moito que reflexionar agora que todo o mundo parece ser un experto na situación política e as circunstancias destes países ata agora esquecidos e menosprezados.EGYPT-PROTEST/TEARGAS

 

Related Posts with Thumbnails