Saturday, 28 May 2011

Proxecto: ASÍ NACEU UN CADRO PARA A BIBLIOTECA


POR FIN. Pero por suposto que pagou a pena. Xa temos o noso marabilloso mural para a entrada da biblioteca.
Unha magnífica homenaxe aos libros e á lectura.
Un curso enteiro de traballo. Primeiro houbo que ver ducias de ilustracións e deixar que a idea tomase forma. Despois contribuír con debuxos e propostas de personaxes. Logo empezar a dotar aos personaxes elixidos de movemento. Logo traspasar ao lenzo, despois a cor, por último o personaxe principal que se resistiu a nacer, logo…..
Tardes e tardes pasadas no instituto. Primeiro un grupo bastante numeroso de rapaces e rapazas. Logo as catro ou cinco que resistiron ata o final a dura proba de facer e refacer, dos pequenos detalles, dos cambios, dos “isto non me acaba de convencer….”
Por iso fixemos a exposición ASI NACEU UN CADRO no vestíbulo do centro, coma unha homenaxe a todo o proceso, longo e non sempre fácil entre exames, traballos e outras esixencias.
Na exposición, ademais de mostrar a obra a toda a comunidade educativa do centro,   recollemos os primeiros deseños, as tentativas, os estudos de composición, de cor, os personaxes que ao final non aparecen no cadro… Son 5 grandes paneis cunha ampla e valiosísima documentación que permite seguir todo o complexo traballo de creación ata acadar o espectacular resultado final.
Estamos felices con esta exposición e co noso indescriptible cadro
Por iso visitounos Fina Casalderrey, amiga persoal da nosa artista Carmen Pernas, que coordinou todo o traballo. Fina falou do inestimable valor da amizade, dos libros, da lectura. E, nesta ocasión tan especial, falou sobre todo da maxia da arte, das emocións que provoca en cada un de nós, do mérito dunha obra tan xenerosa e colectiva coma esta. E falou e falou da nosa querida artista e compañeira Carmen.
Realmente o mural é un traballo colaborativo magnífico.
…e logo un grupo de alumnas salvaron marabillosamente  os preciosos libros de Fina Casalderrey
e escoitamos a Bach e a Haydn…
Que queredes. Non temos palabras. Unha sorte traballar con xente asi
Grazas ás compañeiras de Marín polo agasallo da súa visita. Esperamos que repitades
Grazas Carmen. De corazón
         

PARA VER O CADRO CON TODO DETALLE
PARA VER IMAXES DA BENVIDA OFICIAL CON FINA CASALDERREY E O SALVAMENTO DOS SEUS LIBROS
PARA VER O LONGO PROCESO E OS MATERIAIS XERADOS

Thursday, 19 May 2011

Lingua minoritaria?

Hai pouco comentabamos non entender as veces cal é a razón  pola que algúns alumnos e alumnas aínda pensan que falar ou escribir galego é unha perda de tempo.

 

Achegamos tamén este agasallo  dos compañeiros do IES Salvatera do Miño para celebrar O Día das Letras.

Wednesday, 18 May 2011

LETRAS GALEGAS: O ANO DE LOIS PEREIRO

PUBLICAMOS INTEGRO O MARABILLOSO TRABALLO SOBRE LOIS PEREIRO DOS COMPAÑEIROS DA biblioteca Escolar SATURNINO HERMIDA do IES CONCEPCIÓN ARENAL de Ferrol.

“Como dixo Manolo Rivas, na obra de Lois Pereiro, máis que na de ningún outro poeta galego,o amor e a morte, Eros e Thánatos, van da man.
Poesía dunha intensidade poco común, é facil lembrar moitos dos versos de Lois, quedan impresos na memoria porque son versos de francotirador,van directos ao corazón e penetran nel, pola verdade do sentimento que transmiten, pola forza e expresividade das súas imaxes.
Un poeta fondo, emocionante, para lelo devagar e revisitalo a miúdo.
E para coñecelo mellor, podedes ver o traballo feito por Elvira Roiz, aconsellada por Inés. ”.

 

Sunday, 15 May 2011

LETRAS GALEGAS 2011. Salvando libros

SALVANDO LIBROS

Que libro salvarías ti?

Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.

Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.

Maio 2011

Queremos dar  moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.

Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí

e algunhas das interesantes cousas que fai aqui

e tamén aquí….

Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade

salvandogrande

1 5
3 2
.

4
 
.

Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.

Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.

Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre. 

A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.

Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil

.

.
 

 Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria

.

.
 
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura
.
 .
  ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:

  IES LUIS SEOANE DE PONTEVEDRA

ESCOLA UNITARIA DE VIDE

 

Wednesday, 4 May 2011

Xeroglíficos morais

Para o noso alumnado que está estudar  Ética nestes días, esta interesante proposta para que debatan se o fin xustifica ou non os medios.

 

 

Video dos encontros do PLAMBE en Santiago

Velaquí un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago de Compostela os pasados 7 e 8 de abril, coa asistencia dos responsables das 374 bibliotecas integradas no proxecto no presente curso.

Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Related Posts with Thumbnails