EXPOSICIÓN NO VESTÍBULO DO CENTRO
- A memoria humana é poderosa e única na natureza: permítenos compoñer música, escribir poesía, explicar conceptos abstractos e imaxinarmos o que non existe. Contén a nosa visión do universo e a nosa autobiografía porque somos o que lembramos de nós mesmos, mais está lonxe de ser un almacén ou un simple disco duro: é tremendamente creativa e conforma as nosas lembranzas, ás veces ata as falsea ou inventa episodios completos. Tamén é selectiva: escolle uns datos e rexeita outros porque precisamos esquecer para poder mirar para adiante. Convén lembrar que a nosa memoria pode ser caprichosa e mesmo cruel, capaz de xogarnos a terrible mala pasada do Alzheimer.
Texto baseado na obra de Luís Rojas Marcos “Es a túa memoria”
Presentamos algunhas reflexións do alumnado de 4º ESO sobre a memoria e as lembranzas.
• Utilizaron varias técnicas que se mostran nesta exposición: gravado e falso gravado sobre papel e outros soportes, banda deseñada e deseño tipográfico.
• Recolleron lembranzas da súa xeración en follas verdes, da xeración dos seus pais e nais en follas laranxas e dos seus avós e avoas en follas amarelas. O curso de auga é o simil do fluír das nosas vidas, que arrastra as nosas lembranzas.
Pensamos que realizaron un excelente traballo.