Tuesday, 29 January 2013

Xa sabemos o que é un doutor honoris causa

Agustín Fernández Paz foi nomeado doctor honoris causa pola Universidade de Vigo.

O autor de múltiples libros para a infancia e a mocidade, o dinamizador de movementos de renovación pedagóxica e defensor da lingua, ve así recoñecida a súa achega á cultura e ao saber deste país.

Conta con numerosos premios entre os que destacan o Nacional de Literatura Infantil por O único que queda é o amor, o Lazarillo por Contos por palabras,o Edebé infantil con A escola dos piratas e o xuvenil por Trece anos de Branca, o Merlín por As flores radiactivas, o premio Rañolas por Cartas de inverno ...

Os seus libros están traducidos a múltiples idiomas. A súa voz chega cada vez a máis lugares. Segue a falar e a escribir, Agustín!

Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura 

Hoxe  o profe Anxo mandoulle  unha mensaxe ao noso querido Fernández Paz con esta entusiasta gravación do alumnado de 1ºESOB. Rapidamente recibiron como resposta un correo do escritor con apertas para os seus incondicionais lectores e lectoras.

 

Monday, 28 January 2013

Imaxes icónicas dos contos populares

Curiosa a iniciativa de, artista gráfico minimalista Christian Jackson que, consciente do inmenso poder oculto tras as narracións infantís que todos escoitamos de nenos, tratou de atopar unha imaxe icónica que transmite con forza a esencia dalgunhas das historias máis populares. Encántannos.

RAPUNZEL

A PRINCESA E O CHÍCHARO

BRANCANEVES
A CARRAPUCHIÑA VERMELLA
HANSEL E GRETEL
O PARRULIÑO  FEO
PINOCHO
RICIÑOS DE OURO
OS TRES PORQUIÑOS
ROBIN HOOD
ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS

Fonte:  Graphic Design Blog

Thursday, 24 January 2013

A quinta muller da Academia: Fina Casalderrey

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!. Asesoría de bibliotecas escolares

Unha boa amiga de Mesturas e da Biblioteca do noso Instituto acaba de recibir un novo recoñecemento ao seu labor literario. Os nosos parabéns para Fina Casalderrey que vai entrar na Real Academia Galega. Os seus méritos son ben abondosos, os seus libros son dos máis emprestados na nosa Biblioteca, é unha das máis sobranceiras creadoras de literatura para a xente moza (e non tan moza). Sempre se prestou amablemente a colaborar nas actividades que lle propuxemos. Por iso nos alegramos tanto e estamos fachendosos de termos unha amiga na Real Academia Galega.

 

548079_10150913691873775_893492896_n

 biblio_25_maio (5)

biblio_25_maio (24)

Wednesday, 23 January 2013

Literature versus traffic. Luzinterruptus

Coñecedes a Luzinterruptus

Esta é a definición do seu traballo escrita por eles mesmos

Somos un colectivo artístico anónimo, que levamos a cabo intervencións urbanas en espazos públicos. Utilizamos a luz como materia prima e a noite como lenzo.
E todo isto levámolo a cabo co material que mellor coñecemos e máis nos inspira, a luz, que ademais de proporcionarnos un gran impacto visual, permítenos facer intervencións nalgúns casos mínimas e noutros máis extensivas, sen deteriorar o mobiliario urbano e sen privar de escenario para traballar a outros artistas ou aos propios usuarios dun espazo común, que escasea nas grandes cidades.
Ademais da luz, o lixo, os materiais simples da propia contorna son a nosa inspiración; a vida na cidade, o uso dos espazos público, as contornas inhóspitos, a natureza, as reivindicacións sociais, o noso cabalo de batalla.

As nosas intervencións son extraordinariamente efémeras, moitas veces tardan en desaparecer menos dunha hora xa que os nosos pequenos artiluxios luminosos, espertan nos espectadores, grandes desexos de facerse con eles. Isto non nos importa en absoluto, moi ao contrario, parécenos interesante que alguén poida interpretar, que o que deixamos na rúa, é un pequeno agasallo para o que tivo a sorte de atopalo. .

Velaquí máis fotos da fermosísima intervención intervención Literature versus Traffic en Melbourne

Definitivamente,  tedes que visitar a súa páxina

IMG_8029

IMG_7231

IMG_7211-2 548079_10150913691873775_893492896_n

Related Posts with Thumbnails