Stephen Wiltshire é un artista británico. Ten autismo.
Se tedes ocasión de ver un vídeo do seu traballo quedaredes moi sorprendidos. Só con con mirar un lugar unha vez, é quen de plasmalo con todo luxo de detalles. Normalmente, percorre grandes cidades como Roma, Tokio, Hong Kong, Madrid … a bordo dun helicóptero e despois dun paseo relativamente curto, duns 30 minutos, é quen de lembrar e logo debuxar toda a cidade nun lenzo de 10 metros sen utilizar fotografías da mesma. A exactitude dos debuxos é impresionante.
Stephen, que tardou anos en aprender a falar un mínimo de palabras para poder comunicarse a nivel básico está diagnosticado co chamado síndrome do savant, peculiaridade dunha escasísima incidencia na poboación mundial (calcúlanse uns 100 individuos aproximadamente) que adoita estar relacionada con persoas afectadas de autismo. Mañá contarémosvos algúns feitos que vos sorprenderán. De momento podedes botar unha ollada a este vídeo de Stephen. Se facedes clic nas imaxes podédelas ver ampliadas. Aquí tedes a ligazón a súa galería
No comments:
Post a Comment