Tuesday, 8 March 2011

8 de Marzo. Día da Muller Traballadora. Somos máis que caras

E para culminar os materias elaborados para esta conmemoración que este curso decidimos traballar moi especialmente, queremos presentar este documento aos lectores de Mesturas.

A creación destas caras pintadas sobre unha placa metálica con pintura cerámica correu a cargo dun grupo de mulleres: alumnas,  nais, profesoras...

Algunhas foron elaboradas nas casas, sacando un pouco de tempo das tarefas cotiás.
Outras na biblioteca do instituto, nun pequeno obradoiro despois da xornada laboral.

Todas serán sorteadas como parte das múltiples actividades en torno ao Día da Muller Traballadora que este curso celebraremos o LUNS 14 DE MARZO

Serán un  agasallo para o noso alumnado e tamén pretenden ser unha pequena homenaxe a todas as mulleres que a diario asumen e crean novas tarefas e espazos de visibilidade.   
Grazas moi especiais a Carmen Pernas que ten o don de espertar ao artista que habita en cada persoa.


Grazas a todas as creadoras destas caras tan valiosas.

2 comments:

Maria said...

Un traballo excepcional! Parabéns para todas as persoas implicadas.

charo said...

Grazas María. Foi moi divertido aprender a facer estas caras e pasámolo moi ben no obradoiro. De feito algunhas de nós mercamos pintura para facer máis. A verdade é que enganchan. É a vantaxe de ter unha profe tan boa, que sempre tes desexos de aprender máis.

Related Posts with Thumbnails