Durante os días 10, 11 e 12 de novembro ccelebramos en Santiago de Compostela o Congreso "Bibliotecas Escolares en Tránsito" organizado polo Ministerio de Educación e a Consellería de Educación.
Nel déronse cita o profesorado responsable da coordinación das bibliotecas escolares, membros dos equipos directivos e dos servizos de inspección e asesores de formación no ámbito das bibliotecas escolares e a lectura de todas as Comunidades Autónomas .
Un extraordinario programa que contou coa presencia de relatores de recoñecido prestixio.
Outra excelente oportunidade de formación e encontros proveitososs os que tivemos o privilexio de asistir, como ven sendo habitual nas sucesivas convocatorias oganizadas pola Asesoría.
Unha vez máis constatamos que as bibliotecas escolares da nosa comunidade actúan de forma coordinada e cumpren coas directirces que todos os expertos recomendan. Esperamos que estes tempos de crise non sexan unha excusa para debilitar estes imprescindibles centros de recursos que pouco a pouco imos construíndo entre tod@s.
O noso centro tivo o privilexio de expoñer un resumo dalgunhas experiencias desenvolvidas de forma conxunta dende a biblioteca e TIC, un modo de actuar co que estamos familiarizados dende que comezamos a nosa traxectoria hai xa algúns anos.
Queremos agradecer dende Mesturas todo o apoio, o cariño, os parabéns, as bromas e a paciencia por atender a todas e cada unha das nosas peticións.
Ete documento recolle algúns dos proxectos presentados.
No comments:
Post a Comment