Aproveitando a visita ao Salón, imos darvos unha breve información sobre "As caras do Medo", o traballo que representa ao centro. A parte plásica foi realizada por alumnado de Bacharelato e consta de varias máscaras que plasman os diferentes aspectos con que o medo adoita atacarnos: medo ao descoñecido, a un mesmo, aos demais ...Un traballo magnífico e moi elaborado como podedes ver. Tamén forma parte do traballo unha escolma de textos literarios, recollida no libro que se mostra ao lado das caras, textos que foron traducidos e comentados por alumnado de 2º ESO. O alumnado de 1º ESO contribuíu con composicións sobre o tema. Ademais faciamos unha proposta ao público que visitou a mostra na sección "Deixa aquí os teus medos". A resposta foi excelente. Esgotouse o material que prepararamos para esta actividade e agora temos unha tremenda colección de medos de todas as idades. Recibimos, entre outras moitas, a felicitación da Organización do Salón pola calidade do traballo. Parabéns a todos e , unha vez máis grazas.
Cando a presente edición do Salón remate poderedes ver o traballo exposto no hall do centro.
Cando a presente edición do Salón remate poderedes ver o traballo exposto no hall do centro.