Tuesday, 20 February 2007

LA JOVEN DE LA PERLA


Acaba de inaugurarse a exposición Arco 2007. Unha das artistas invitadas é a fotógrafa holandesa Desiree Dolron
A mostra presenta unha selección de retratos coa que esta fotógrafa se deu a coñecer internacionalmente. A artista pretende exemplificar con estas fotografías a súa devoción pola pintura, ao reflectir por medio de modelos anónimas os rostros dos flamencos que pintaba Johannes Vermeer.
Aquí podedes ver
outro retrato, aquí outro. É interesante comparar estes retratos con algunhas obras de Vermeer, aquí podedes ver outro exemplo.
Por certo, algúns de vós xa coñecedes "La joven de la perla" de Tracy Chevalier. Moi interesante para ter información sobre a maneira de pintar de Vermeer e certamente ilustrativa da época na que viviu o famoso pintor.

No comments:

Related Posts with Thumbnails