O pasado xoves pasamos toda a mañá no Salón do Libro Infantil e Xuvenil que nesta VIII edición dedicou todos os seus espazos, recursos, exposicións, selección bibliográfica e capacidade organizativa ao Medo, e de medo pasárono os case cen rapaces e rapazas de 1º ESO que, primeiro asistiron aos obradoiros de escritura, ilustración e medio ambiente, para continuaren visitando as diferentes exposicións; dedicaron unha atención moi especial á mostra de traballos escolares "Medo nas Aulas” porque entre eles estaba "As caras do medo" montaxe coa que o centro participa no Salón. A visita rematou cunha magnífica sesión de contacontos.
Aínda que houbo que loitar un pouco coa choiva e o vento á ida (a volta fixémola moi confortablemente en autobús) foi unha mañá estupenda. queremos felicitar aos organizadores e a todos os que fan posible o Salón, e moi especialmente a Soledad Felloza que con o só recurso da súa voz e o seu bo facer mantivo a 100 rapaces de 12 anos totalmente pegados ás súas cadeiras. Tan entusiasmados estaban que cando rematou a súa actuación rogáronlle varias veces que continuase, non querían marchar á casa e pedían por favor un conto máis... tanto é así que a propria actriz felicita aos nosos alumnos e alumnas na súa bitácora (mirade na entrada do 22 de febreiro).

Queredes fotos? Pois aquí tendes algunhas.
1 comment:
Muchas gracias a vosotros por una participación tan enstusiasta y respetuosa. Me ha encantado tenerlos de público y podemos repetir cuando quieran.Un abrazo
Post a Comment