Despedimos definitivamente as publicacións en Mesturas ata o comezo do próximo curso en Setembro e deixamos aos nosos visitantes e lectores o agasallo de Larutanatural, curta que no seu momento obtivo o galardón de mellor curtametraxe no certame Sundance 2006. Impactante traballo de Alex Pastor que nos fai ver a reversibilidade da vida e a morte, as dúas caras da mesma vella moneda, unha simple cuestión de perspectiva e de punto de vista. Haberá que reflexionar sobre o tema... Feliz mes de agosto e algúns palíndromos máis
Tuesday, 5 August 2008
Friday, 1 August 2008
NON seremos parte da rede TIC
Hoxe estamos totalmente decepcionados por non ser incluídos na rede TIC de Centros promovida pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
Despois do impecable traballo realizado dende hai xa bastantes anos polos coordinadores Marián Costa Giráldez e Jesús Juanatey Silva, pensamos honestamente que mereciamos formar parte de devandita rede. O ilusionante proxecto presentado por estes compañeiros era unha proposta seria, rigorosa e ben fundamentada que logrou interesar á maioría dos compoñentes do claustro que asinaron a súa adhesión ao mesmo.
Desde Mesturas queremos felicitarlles polo seu enorme traballo especialmente neste curso en que nun tempo record foron quen de deseñar unha vez máis a páxina web recentemente reformada e adaptárona á plataforma Drupal, por non falar da calidade e a coordinación dos cursos realizados na aula virtual Moodle.
Entendemos que é un auténtico privilexio ter estes compañeir@s dos que aprendemos continuamente e que son un estímulo para todos. Haberá que seguir traballando como ata agora, sen apenas redución horaria e sen o apoio da Administración. Unha auténtica decepción e, sen desmerecer o traballo realizado polos centros seleccionados, unha inxustiza non poder ter acceso á formación que proporciona a devandita rede a pesares dos materiais e propostas que se levaron a cabo e o inxente esforzo e recursos investidos en infinitas horas de traballo e autoformación que moi poucos estarían dispostos a asumir.

Etiquetas:
COMUNIDADE ESCOLAR,
TICS
Subscribe to:
Posts (Atom)