Tuesday 5 August 2008

Larutanatural

Despedimos definitivamente as publicacións en Mesturas ata o comezo do próximo curso en Setembro e deixamos aos nosos visitantes e lectores o agasallo de Larutanatural, curta que no seu momento obtivo o galardón de mellor curtametraxe no certame Sundance 2006. Impactante traballo de Alex Pastor que nos fai ver a reversibilidade da vida e a morte, as dúas caras da mesma vella moneda, unha simple cuestión de perspectiva e de punto de vista. Haberá que reflexionar sobre o tema... Feliz mes de agosto e algúns palíndromos máis

1 comment:

Ronsel said...

Felices vacacións. Nós seguimos traballando, é o que ten non servir para outra cousa!!! Un bico enorme

Related Posts with Thumbnails