Friday, 1 August 2008

NON seremos parte da rede TIC



Hoxe estamos totalmente decepcionados por non ser incluídos na rede TIC de Centros promovida pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
Despois do impecable traballo realizado dende hai xa bastantes anos polos coordinadores Marián Costa Giráldez e Jesús Juanatey Silva, pensamos honestamente que mereciamos formar parte de devandita rede. O ilusionante proxecto presentado por estes compañeiros era unha proposta seria, rigorosa e ben fundamentada que logrou interesar á maioría dos compoñentes do claustro que asinaron a súa adhesión ao mesmo.
Desde Mesturas queremos felicitarlles polo seu enorme traballo especialmente neste curso en que nun tempo record foron quen de deseñar unha vez máis a páxina web recentemente reformada e adaptárona á plataforma Drupal, por non falar da calidade e a coordinación dos cursos realizados na aula virtual Moodle.
Entendemos que é un auténtico privilexio ter estes compañeir@s dos que aprendemos continuamente e que son un estímulo para todos. Haberá que seguir traballando como ata agora, sen apenas redución horaria e sen o apoio da Administración. Unha auténtica decepción e, sen desmerecer o traballo realizado polos centros seleccionados, unha inxustiza non poder ter acceso á formación que proporciona a devandita rede a pesares dos materiais e propostas que se levaron a cabo e o inxente esforzo e recursos investidos en infinitas horas de traballo e autoformación que moi poucos estarían dispostos a asumir.

2 comments:

Anonymous said...

Ben merecido que o tiñan...!!! unha pena!!!

fpt said...

Ás veces certas decisións non miden o valor real do traballo realizado. Ás veces a administración e os máis ou menos "poderosos" elixen estranas formas de medir. Así que non vos desanimedes porque Mesturas segue sendo un blogue de referencia cultural cunha calidade impecábel a pesares de pertencer a un lugar tan humilde (a priori) como é un instituto de educación secundaria. Facedes grande ó Sánchez e facedes mellores ós seus alumnos (e os que somos ex, tamén).
Adiante!

Related Posts with Thumbnails