.
Dun estudo con adolescentes: a inmensa maioría das actividades en liña lévanse a cabo cos mesmos amigos que saen de paseo, xogan ao fútbol ou van ao cinema… En moitos casos, ademais atópanse con xente que ten intereses parecidos, que xuntos poden facer algún tipo de proxecto público, un blog, un álbum de fotos, unha páxina de MySpace… A cantidade de información dispoñible na rede é abraiante, un adolescente curioso e con ganas de saber máis pode atopar información á que antes só lle daban acceso os profesores, os pais ou outras figuras de autoridade… Non debemos ver o tempo que os mozos pasan diante do ordenador como unha perda de tempo, senón que en moitos casos están a adquirir unha serie de habilidades que lles serán moi útiles nun futuro próximo. Moitas son destrezas sociais e cognitivas: como aceptar unha crítica, aceptar un eloxio, recoñecer a autoridade dos que saben máis, criticar o que saben outros de xeito construtivo e sen ofender, respectar a intimidade allea e protexer a propia… Non só é que a rede sexa divertida… senón que é unha ferramenta recomendada á hora de formarnos como adultos responsables.
Todas estas reflexións están collidas de La Voz de Galicia de hoxe (A rede tamén é educativa, Novas tecnoloxías, 7). Como en tantas cousas o uso axeitado non ten que ver co abuso.
No comments:
Post a Comment