… … Sempre hai persoas que van por diante do seu tempo. Son eles e elas os que, imaxinándoo, fan posible un futuro mellor. Non vos perdades esta escolma de ilustracións de soñadores de tempos vindeiros. | |
|
Tuesday, 2 December 2008
Soños de futuro
Etiquetas:
ARTE,
CURIOSIDADES,
deseño gráfico
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
1 comment:
Uff, agradézoche esta información tan exhaustiva, Charo, é máis ca unha resposta.
Non sei se sabes que en Xinzo hai unha comunidade bastante ampla de marroquís e falan galego que é de admirar, tamén temos unha alumna saharauí, alumnos romaneses e este ano contamos cun alumno chinés a familia do cal xa estaba asentada aquí. Tamén hai algúns latinoamericanos e portugueses. O curso pasado traducimos o poema “Longa noite de pedra” de Celso Emilio a todos os idiomas do centro e léronse en galego e nos respectivos idiomas, elaborándose, paralelamente, unha minipublicación que se repartiu aos asistentes das lecturas. Este curso temos intención de facer á inversa: partir de poemas nas linguas orixinais e traducilas ao galego. Tamén se confeccionou un vídeo con imaxes e a canción de Imagine en inglés e árabe, a verdade é que as lecturas abertas e un recital que se organizou a posteriori foron actos emotivos e neles participaron profes, alumnas e alumnos, un ex-alumno que xa é todo un poeta recoñecido (Xabier Xil Xardón) e mesmo un bedel.
A verdade é que me farto de buscar en internet e non atopo moitos poemas en versión orixinal. Onte merquei un libro de haikus en chinés e castelán: Los 99 jaikus de Ryookan en Hiperión, algo é algo.
Agradézovos a información toda, comezarei a investigar neses enderezos web, e tamén estaría encantada de que me enviásedes esa escolma ao meu correo: carmengomezgarcia@edu.xunta.es
Se vós necesitades algunha cousiña que poidamos ofrecervos atenderémosvos con gusto. Na nosa páxina temos colgados traballos interesantes do alumnado na sección de normalización e tamén hai un blog do ENDL que non está mal. Estamos comezando coas ferramentas tecnolóxicas, todo un mundo de recursos e posibilidades por descubrir. http://centros.edu.xunta.es/ieslagoadeantela/
Para rematar este poema de René Philomb que tamén se leu, a catro voces, nos recitais. Viva babel! Unha aperta.
Porque você me pergunta
se eu sou da África,
se sou da América,
se sou da Asia,
se sou Europeu:
abre irmão
Não sou um negro,
nem um peli vermelha,
nem um oriental,
nem um branco,
senão só uma pessoa:
abre irmão
Abre a porta
ábreme o coração
porque só sou uma pessoa,
uma pessoa como você,
com os seus dereitos.
Abre, irmão,
me da o meu teto.
Post a Comment