Sunday 27 September 2009

Diverxencias

Se tedes un rato, estaría ben botar unha ollada a estes dous documentos. No primeiro Inger Enkvist, que estivo recentemente en Pontevedra como ponente nas xornadas organizadas por Galicia Bilingue, expón  todo un alegato contra a aprendizaxe por proxectos e a escola comprensiva.

No segundo un breve documento procedente do programa Redes de Eduard Punset. Xa me contaredes

2 comments:

Lois said...

Non é só que descoñeza por completo o fundamento real da materia de Educación para a cidadanía, senón que, amparándose na súa suposta experiencia, critica o modelo da educación comprensiva. Isto é, bota man do principio "en moitos países foi un desastre" sen apuntar a cales se refire, obviando que o sistema educativo do seu veciño máis próximo, Finlandia, que tan excelsos resultados obtén nos informes PISA, se basea precisamente nos ideais da educación comprensiva. Unha educación comprensiva onde o profesor goza, por certo, de prestixio social, o cal reafirma a súa autoridade sen caer no despotismo. Téñeno moi claro: hai que diferenciar a autoritas da potestas, eliminando a segunda e quedando coa primeira. E funciona.

Por non falar da falaz simplificación que realiza dos sistemas educativos que "non funcionan".

Do entrevistador mellor non digo nada, que me dá un síncope.

charo said...

Sí, realmente é espeluznante a desenvoltura coa que esta señora asocia un determinado tipo de aprendizaxe con experiencias carentes de rigor. O seu afán de colocar eses supostos e encomiables "coñecementos" por encima de todo é o motor que a leva a defender clases de rapazas segregadas dos rapaces (especialmente pensadas para mozas procedentes de culturas patriarcais (???)) e a plantexar os perigos que implica incluir as linguas minoritarias no currículum (según ela os nenos e nenas deste país deberían estudar só castelán e inglés).
Sobre o entrevistador non vou pronunciarme aquí.

Related Posts with Thumbnails