Tuesday 29 September 2009

Mariem Hassan

A cantante saharauí Mariem Hassan foi agredida onte en Madrid por un grupo de cinco mozos que empezaron a increpala cando viron que vestía a melfa, traxe típico das mulleres da zona do Sahara Occidental que está fóra do control de Marrocos.
Mariem Hassan saía dunha cafetería xunto á bailarina e percusionista Vadiya Mint e o guitarrista Lamgaifri Brahim cando cinco cidadáns marroquís -segundo indicaron as insultadas-, tres mozos e dúas mozas, increparon ás mulleres pola súa vestimenta.
Os músicos que a acompañaban defenderon á artista dos agresores, que fuxiron nun taxi cando escoitaron o coche da policía.

Mariem Hassan, recentemente chegada de Italia, onde participou no festival WOMAD en Sicilia, atópase en Madrid gravando un novo disco.
A cantante, que é coñecida como "a voz do deserto", compón as letras das súas cancións en lingua hassiana -a lingua dos saharauís-, para dar voz a un pobo "inxustamente asoballado e perdido e que está farto de ser refuxiado", afirmou nunha entrevista concedida a EFE na primavera de 2007.
Hassan é todo un ídolo no seu país onde, segundo afirma, é escoitada "en segredo" porque a súa música está prohibida na zona "ocupada" do Sahara Occidental.

FONTE EFE

Non coñecíamos a Mariem Hassan. Este é o video que nos pareceu máis ilustrativo.

7 comments:

biblioteca said...

Non é fácil conseguir os seus discos, normalmente hai que encargalos, pero vale a pena intentalo. E se a podedes escoitar en directo, moito mellor.
Escoitar a súa música tamén é unha forma de solidarizarse co pobo saharauí.
Marga

Lois said...

Pode resultar difícil conseguir os traballos de Mariem, mais non imposible. Nubenegra leva moitos anos gravando proxectos da saharaui, así que no seu sitio web podedes encargalos. Se nas vosas tendas habituais non os teñen, preguntade se moven a música deste selo. De ser así, poderedes encargalos. Senón, só vos quedará encargalos por internet.

Saúdos.

charo said...

Grazas chicos

Lois said...

Malia todo, se non dás conseguido nada pódoche pasar eu algo de material. Será por música.

Saúdos.

charo said...

Pois que sorte teño. graaaazaaas.

Jose Ramon Santana Vazquez said...

...traigo
sangre
de
la
tarde
herida
en
la
mano
y
una
vela
de
mi
corazon
para
invitarte
y
darte
este
alma
que
viene
para
compartir
contigo
tu
bello
blog
con
un
ramillete
de
oro
y
claveles
dentro...


desde mis
HORAS ROTAS
Y AULA DE PAZ


TE SIGO TU BLOG:
MESTURAS




CON saludos de la luna al
reflejarse en el mar de la
poesia ...


AFECTUOSAMENTE
MESTURAS




jose
ramon...

MESTURAS said...

Mil gracias José Ramón. Estamos impresionad@s. No creo que estemos a la altura. Esto no es más que el blog de una biblioteca escolar. Un abrazo desde Pontevedra para Asturias. Ya te hacemos ahora mismo una visita. Seguro que encontramos muchísimo que aprender.

Related Posts with Thumbnails