Libertad (Freedom) é o nome elixido para unha antoloxía de relatos baseados na Declaración dos Dereitos Humanos. O título do libro fai referencia ao artigo primeiro da Declaración: Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. Cada autor elixiu un dos trinta artigos que a compoñen como tema do seu relato, aportando cada un o seu estilo.
Nalgúns casos, os autores baseáronse na súa experiencia persoal, como no de Paulo Coelho que con No cárcere de repouso (In the Prison of Repouse) reivindica o artigo 19 (Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión). O chileno Ariel Dorfman tamén nos conta en primeira persoa Pasaxe inocente (Innocent Passage) baseado no artigo noveno (Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado). Tamén podemos atopar a Henning Mankell, Joyce Carol Oates ou Ali Smith.
Amnistía Internacional, organización dedicada á denuncia dos múltiples ataques que sofren os dereitos humanos, foi a encargada de compilar os relatos que compoñen Freedom, publicado pola editorial Mainstream Publishing e que foi presentado no Festival de Edimburgo. Por agora, estará dispoñible en inglés, así que teremos que esperar un pouco a que cheguen as traducións. O diñeiro recaudado será entregado a Amnistía Internacional e todos os autores cederon gratuitamente os seus dereitos.
Fai sesenta anos que a Declaración Universal dos Dereitos Humanos foi aprobada pola asemblea xeral das Nacións Unidas e, aínda hoxe, aínda é unha asignatura pendente en moitos países e relativizada de xeito moi perigoso no nome dunha suposta seguridade. Así, calquera iniciativa que conlleve a difusión e coñecemento destes artigos é máis que benvida. Sobre todo se vén acompañada de boa literatura.
fonte Lecturalia.
Mentras iso ocurre decidimos en Mesturas que hoxe imos facer a proposta dun marabilloso conto de García Márquez. Falamos de La siesta del martes, un relato que trata dos oprimidos, dos discriminados e da dignidade. Lemos que é un dos preferidos do seu autor e non nos resulta sorprendente. Fixemos esta montaxe con algunhas pinturas do tamén colombiano Fernando Botero. Aquí tedes unha versión para imprimir
Tamén atopamos nun suplemento do Times unha versión on-line do suxestivo relato Sola da autora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie, que forma parte de Freedom, a escolma de relatos anteriormente citada. E tamén fixemos unha montaxe con dous pintores deste mesmo país. Sola está en inglés. Animádevos. Versión para imprimir
1º Cartel: Biblioteca do CEIP de Pazos
2º Cartel: Biblioteca do IES Rio Cabe de Monforte
No comments:
Post a Comment