Saturday, 5 December 2009

Biblioteca DOK . Outro concepto.

Non estamos a falar dunha biblioteca "normal". Falamos dun concepto novo de centro da información e do coñecemento. Iso é o que proclama a publicidade e acreditan os seus visitantes que acuden en números cada vez máis espectaculares: espazos fermosísimos de último deseño, servizos impecables eficientes e orixinais, dende bares con cadeiras musicais onde podes gozar da máis completa oferta sonora ata salas con paneis xigantes onde xogar á Wii. Ou se preferes, sempre podes acudir ás habitacións insonorizadas pintadas en cáidas cores vermellas para ler novelas ou estudar en completo silencio.

Instrumentos musicais para que os máis virtuosos practiquen, grandes pantallas extraplanas perfectamente integradas onde consultar novidades bibliográficas, filmografía, exposicións, eventos organizados polo eficiente persoal que parece ter a única misión na vida de que a xente volva e volva de novo.

Ah, e un servizo do máis orixinal: PRESTAN CADROS. Pois si, parece que prestan pinturas aos usuarios. Elixes unha ou varias, podes admiralas na casa un par de meses e logo as devolves. Que vos parece. Deixamos fotos para que, coma nós, morrades de envexa.

DOK Library Concept Center, Delft, Netherlands


Created with Admarket's flickrSLiDR.

1 comment:

Oki said...

Bonito, bonito, bonito... Eu quero unha destas fantásticas bibliotecas para Santiago,... porque en Arzúa, no instituto xa estamos nesto, jaja

Related Posts with Thumbnails