Hai unha rede social para aprender idiomas chamada Busuu. O busuu é unha lingua africana que só falan, ao parecer 8 persoas, segundo datos de 1980. Os creadores da rede crearon este video co fin de aumentar o tráfico da mesma e oímos que as visitas están aumentando exponencialmente. Non nos estrana porque o video é divertido e trasmite moi boas vibracións. Por certo un día destes darémonos de alta en Busuu para ver que se move por alí. De momento gústanos o deseño, limpo e aparentemente de fácil navegación.
Thursday, 2 December 2010
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
1 comment:
Boísimo! Algo así teremos que facer nós coa nosa lingua en breve.
Post a Comment