Comezamos o curso con tristeza.
Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.
Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto! Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.
.
.
Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.
Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares
3 comments:
Ola, quero sumarme a esta homenaxe na Profa, pero non sei como facer as caixas e copiar a entrada, podedes enviarme o html da entrada?
Grazas.
Acábome de enterar, sinto moito o de Mª Dolores, non tiña o pracer de coñecela pero dicen que polas obras os coñeceredes, e por iso penso que debía ser polo menos tan grande como as pegadas da súa obra no PLAMBE.
Coma sempre Charo un traballo impecable e cheo de sensibilidade, estou segura de que Mª Dolores o está a mirar dende a biblioteca chea de libros á que foi, feliz de emoción.
Como director do ies luis seoane no que Dolores traballou durante os seus derradeiros anos, e en nome de todo a nosa comunidade educativa, desexo deixar constancia do noso pesar pola perda dunha persoa que superando moitas dificultades conseguiu dinamizar e modernizar o traballo da nosa biblioteca.
Un bico para ela
Post a Comment