Monday 23 January 2012

Proverbio chino. Ano do dragón

Empeza o ano do Dragón, segundo o horóscopo chinés. Dise, aínda que resulta difícil de crer, que será un ano cheo de bos presaxios. A celebración dispara un ciclo de 15 días que pon en marcha unha das migracións máis espectaculares do planeta, posto que centos de millóns de persoas póñense en marcha para ver ás súas familias. Non vos perdades as imaxes das principais estacións, os preparativos e a celebración en Big Picture.

Aproveitando a celebración do ano novo  chinés retomamos a divertida proposta desta curta sobre as complicacións do necesario entendemento entre culturas.  Unha aproximación fresca a situacións cada vez máis frecuentes no noso entorno. 
O director, Javier San Román, levou un  Goya á mellor curta en 2008.

Banda Sonora de Gecko Turner 

No comments:

Related Posts with Thumbnails