Monday 19 December 2011

A biblio máxica do Sánchez Cantón

Durante estes días tedes ao voso dispor un servizo de Autopréstamo especial para Nadal, que consta dun total de máis de 60 libros, todos eles novidades, repartidos coma sempre en narrativa, narrativa xuvenil, ensaio e divulgación, con algunha achega interesante á poesía e a banda deseñada.

Dende o blog Lecturas do Trinque podedes acceder á información e reseñas de cada un destes libros. Se premedes en labels, aparecerán clasificados por categorías.

Este servizo, unido a exposición de Autopréstamo permanente no vestíbulo do centro, posibilitan un acceso directo a unha considerable oferta de posibilidades de lectura para estas festas.

É a nosa pequena contribución para que gozedes dun ben merecido tempo de lecer cheo de bos desexos durante estas datas.

Coma sempre queremos expresar o noso agradecemento porque sodes todos e todas vós, a comunidade educativa do IES Sánchez Cantón, os que facedes que esta sexa unha biblioteca máxica.

 



5 comments:

Beni said...

Que boa idea esa das caixas, e o traballo que debeu dar transportalas. Bo Nadal.

O Segrel do Penedo said...

Boas Festas e parabéns por tantísima dose de creatividade nesa biblioteca máxica.
Apertas de mel dende Fene

O Segrel do Penedo said...

Boas Festas e parabéns por tantísima dose de creatividade como hai nesa biblioteca máxica.
Apertas de mel dende Fene

olga said...

Fermosas! Quen lles ía dicir a esas caixas que terían tanta vida? Nós démoslles o mesmo uso!
P.D.- A música... xenial!

Luisa (Bueu) said...

Que bonita quedou a exposición. Encántame

Related Posts with Thumbnails