Grazas á Concellaría de Normalización Lingüística de Pontevedra que promoveu este obradoiro de rap. Falou cos rapaces e rapazas da historia do rap, de como se foi espallando e do seu significado.
Foron dúas sesións seguidas na Biblioteca.
Máis adiante haberá un recital para o alumnado de todos os centros pontevedreses que participaron nos obradoiros.
Aquí podedes escoitar o boa que é AID. Seguro que o concerto é un exitazo.
Ou tamén podedes botar unha ollada aos seus videos
Ante a dificultade de abordar, un ano máis, un tema tan complexo como este, preferimos tomar prestadas varias voces máis autorizadas ca nosa. Queremos destacar en primeiro lugar os elementos gráficos do documento que vos presentamos, e que nos impactaron pola súa calidade. Son obra das artistas que participan no evento “Off the beaten path”, que propón unha reflexión sobre as causas últimas da violencia en diferentes culturas. Algúns dos traballos que aparecen no documento forman parte desta exposición. Outros non están incluídos na mostra, pero o que vimos gustounos tanto, que procuramos máis información das participantes e atopamos algunha que outra xoia, como podedes ver. No documento figuran os nomes de todas e cada unha das autoras. Os textos están inspirados en dosieres da organización GBV, que traballa principalmente con colectivos africanos. Parecéronnos interesantes porque reflicten á perfección que cando unha sociedade xera violencia, esta afecta e prexudica individualmente a todos os seus membros e á comunidade mesma como ente social.
Suzanne Vega. Luca
Nesta desoladora e maxistral composición de Suzanne Vega, que é o fondo musical das diapositivas, aparece o complexo tema da violencia agochada na intimidade das familias. Neste caso a vítima é un neno, o viciño do segundo, que compón o inesquecible retrato de toda persoa maltratada: baixa autoestima: "a culpa é miña, son tan torpe..." "cando choro, xa non pegan máis". Tamén aparecen sentimentos de aillamento e soidade: "non preguntedes, non é asunto voso".
My name is Luka I live on the second floor I live upstairs from you Yes I think you've seen me before
If you hear something late at night Some kind of trouble. some kind of fight Just don't ask me what it was
I think it's because I'm clumsy I try not to talk too loud Maybe it's because I'm crazy I try not to act too proud
They only hit until you cry After that you don't ask why You just don't argue anymore
Yes I think I'm okay
I walked into the door again Well, if you ask that's what I'll say And it's not your business anyway I guess I'd like to be alone With nothing broken, nothing thrown
Just don't ask me how I am
My name is Luka I live on the second floor I live upstairs from you Yes I think you've seen me before
If you hear something late at night Some kind of trouble, some kind of fight Just don't ask me what it was
And they only hit until you cry After that, you don't ask why You just don't argue anymore
A visita foi posible grazas ao concello de Rianxo. O noso agradecemento para o Sr. Alcalde que agardou para nos saudar, para Don Fernando Lavandeira que organizou e coordinou toda a visita, para os dous guías que nos acompañon en todo momento cos seus comentarios. E especialmente para o Profesor Don Xosé Luís Axeitos pola súa completa e datallada explicación no Museo de Manuel Antonio.
Desenvolvemento:
Ao baixarmos do autobús xa nos estaban agardando os guías do Concello. Un grupo comezou a visita polo Museo do Mar e da Pesca, o outro polo Museo de Manuel Antonio. Despois a visita continuou polas rúas e prazas da Vila de Rianxo. Finalmente o alumnado dispuxo dun anaquiño para dar unha volta e repoñer forzas nalgunha cafetaría.
Choveu a noite anterior e continuou á tarde, pero esa mañá en Rianxo luciu o sol. Foi unha mañá perfecta.
Profesorado acompañante: Mª Rosario Sánchez-Gabriel, Xosé Luís Janeiro, Anxo González.
Os días 9 e 10 de novembro de 2012 tiveron lugar, en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos. O noso centro foi convidado a participar para expoñer algúns materiais que viñemos elaborando ao longo destes últimos cursos. “Facer arte para ler ou mundo” que foi o título da nosa charla, serviu para facer un percorrido xunto aos asistentes á mesma e repasar brevemente proxectos inesquecibles como os traballos realizados para o Salón do Libro, as actividades en torno ao proxecto “Máis que Caras” coa exposición dos mandís realizados polo alumnado TIC e os obradoiros de esmaltes para nais e profesoras. Falamos, como non do proxecto do curso pasado en torno á memoria e as lembranzas que tiña o lema “Somos o que lembramos e tamén o que esquecemos. E por suposto estivo presente o noso marabilloso mural da biblioteca que por fin remataremos este curso.
Fai clik na imaxe
Non esquecemos as instalacións no vestíbulo cos deseños gráficos que Jaime Eizaguirre Santillán, ex alumno do noso centro, realizou para as campañas de lectura compartidas con máis de 100 centros de toda a comunidade. É tanto o que temos que aprender das habilidades que aportan as ensinanzas artísticas: conéctannos de novo coas emocións, ensinándonos a aprender dos nosos erros, posibilitan respostas diferentes ante unha mesma proposta de reflexión, facilitan espazos onde de novo son posibles a maxia, a sorpresa e o asombro. Todo iso e moito máis aprendemos nos múltiples traballos que foron agromando ao longo de todos estes cursos e que tanto aportaron á nosa comunidade educativa. Ningunha delas tería sido posible sen a presenza da nosa querida compañeira Carmen Pernas á que todos valoramos tanto polo seu talento e a súa inesgotable xenerosidade.
Grazas Carmen e grazas a todos os que fixeron posibles estes proxectos que podedes ver nesta breve escolma.
Charo Sánchez-Gabriel Coordinadora da Biblitoeca Escolar. IES Sánchez Cantón
Cary e Michael Huang fan esta insólita proposta de viaxe dende as partículas máis diminutas ata os límites do universo coñecido. Tarda un pouco en cargar pero paga a pena. Podedes activar a ferramenta para facer a viaxe en español. Se facedes clik nos obxectos podedes ampliar a información.
Espectacular
E tamén é interesante este zoom cósmico que ten básicamente o mesmo propósito.
As estatísticas mudan pero determinados escenarios tenden a permanecer. Hai millóns de persoas que pasan fame mentres outras se alimentan de forma abundante e saudable. Mentres unhas familias choran aos seus mortos, outras celebran o comezo dunha nova vida. Tobi Ng, o deseñador de 100 World Postcards converte o mundo nun pequeno pobo de 100 habitantes. No seu proxecto pretende visualizar a e distribución dalgunhas necesidades básicas como a auga, o aire, a educación, a liberdade… Será curioso ver que tipo de postais poderíanse facer dentro de, digamos 50 anos. Ao paso que imos seguro que haberá cambios substanciais nalgúns temas. Atopamos a información en : Graphic Design Blog. Fonte orixinal Encantounos.
Lemos en varios xornais durante estes días a tendencia dun interese crecente pola actividade coñecida como «necroturismo», esta alternativa para o tempo de lecer, cunha arraigada tradición noutros países de Europa, invita aos participantes a percorrer os cementerios para descubrir o patrimonio artístico, arquitectónico, histórico e paisaxístico que atesouran. Necroturismo en ABC.es El Correo.com Por se queredes botar unha ollada á Ruta a dos Cemiterios Europeos En Praza Pública Unha ducia de camposantos galegos E aquí unha escolma dalgúns dos máis recomendados
Skogskyrkogården (Estocolmo, Suecia)
Cimetière des Chiens et Autres Animaux Domestiques (Asnières-sur-Seine, Francia)
Invadidos como estamos por prácticas inspiradas en Halloween , a miudo esquecemos considerar outras celebracións dun gran interese antropolóxico como o Día dos Mortos en Méjico onde se honra aos mortos combinando antiquísimos rituais aztecas coa tradición católica,
As casas, as igrexas e sobre todo os cemiterios vístense de laranxa e morado e ilumínanse con centos de velas para festexar o suposto retorno dos seres queridos que xa non están. A esencia da celebración é celebrar o tempo que estas persoas estiveron connosco con comida, bebida e actividades das que eles gozaban en vida. Durante estes días do mes de novembro forman parte de novo da comunidade e non lles gusta estar rodeados de bágoas, queixumes e excesiva tristeza. É unha celebración agridoce que recoñece a morte como parte da experiencia humana, como continuación e culminación do ciclo do nacemento, a infancia e a madurez. Salienta os vínculos das persoas coa súa contorna e ten como principal símbolo a caveira. que aparece en múltiples formatos: doces, debuxos, mascaras, bonecas… Comunmente son representadas en actitudes divertidas, gozando dos praceres da vida. As catrinas, unhas das máis populares, están inspiradas na obra de Jose Guadalupe Posada , que logo retomaría Diego Rivera na súa popular obra “Soño dunha tarde de domingo na Alameda”. As catrinas aparecen vestidas como elegantes damas da alta nobreza de principios do século 20.
Convidámosvos a ver a escolma de imaxes e posteriormente escoitar, “La Guapachosa” , canción dedicada á morte onde se reflicten perfectamente os elementos que acabamos de comentar.
Xa hai tempo que desexabamos retomar a actividade en Mesturas e aproveitando as celebracións destes días animámosvos a que gozedes destas ilustracións que atopamos en BibliOdissey. Parece que estas imaxes son a representación visual máis antiga das chamadas Danzas da Morte. Este tipo de ilustracións aparece por primeira vez en Francia para plasmar dunha forma gráfica os devastadores efectos da peste. A escolma que aquí vedes están coloreadas a man e realizadas en Alemania entre 1455 e 1458. Como é de esperar móstrannos o tradicional e indiscrimando desfile de vítimas: nais e fillos, cregos, cabaleiros, nobres e monarcas. A idea é que quede moi clara a mortalidade do xénero humano.
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 2010. BIBLIOTECA IES SÁNCHEZ CANTÓN
Recomendacións de lecturas. Inverno 2009-10
Biblioteca IES Sánchez Cantón
Busco, busco
25 de Novembro 2009. IES SÁNCHEZ CANTÓN
Followers
Mesturas. De todo un pouco
Sabemos que a blogosfera é un dos espazos máis dinámicos da rede. Esta é unha bitácora de tantas que nace vencellada á biblioteca de noso centro coa única pretensión de ser unha ferramenta útil, áxil e aberta: unha ponte máis de achegamento a toda a comunidade escolar do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
As opinións e a liña xeral de Mesturas reflicte os posicionamentos do grupo de docentes que xestiona esta bitácora, non ten por que reflectir as opinións do IES Sánchez Cantón como comunidade educativa nin do actual equipo directivo.
Brendan Barnum "Linked"
COCIÑA COOLTURAL. Proxecto Interdisciplinar coordinado polo equipo da Biblioteca
Xa temos bastantes materiais elaborados. Podedes ver a correspondente sección na web do centro, os materiais e os comentarios do alumnado de 1ºBAC en Filosofía, os materiais para o alumnado de 1º ESO, e facer unha visita como invitado ao Curso MERCADO DE PROXIMIDADE na nosa aula virtual
Esta é a porta de acceso a algunhas cousas que nos gusta facer, a outras que xa fixemos, en fin, esperamos que sexa útil para que nos coñezades un pouco mellor.
Caixa de búsqueda específica capaz de atopar calquera documento en calquera formato dentro dos 67 sitios entre blogs e páxinas de apoio creados polos responsables das Bibliotecas Escolares Galegas.
vía A Nosa Biblioteca
Sabemos que a blogosfera é un dos espazos máis dinámicos da rede. Esta é unha bitácora de tantas que nace vencellada á biblioteca de noso centro coa única pretensión de ser unha ferramenta útil, áxil e aberta: unha ponte máis de achegamento a toda a comunidade escolar do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
GÚSTANOS FALAR DE
Esta é a BIBLOGTEKA, o espazo para que os distintos Departamentos traballen en rede.