Saturday, 3 November 2012

La Catrina. Méjic0

Invadidos como estamos por prácticas inspiradas en Halloween , a miudo esquecemos considerar outras celebracións dun gran interese antropolóxico como o Día dos Mortos en Méjico onde se honra aos mortos combinando antiquísimos rituais aztecas coa tradición católica,

As casas, as igrexas e sobre todo os cemiterios vístense de laranxa e morado e ilumínanse con centos de velas para festexar o suposto retorno dos seres queridos que xa non están. A esencia da celebración é celebrar o tempo que estas persoas estiveron connosco con comida, bebida e actividades das que  eles gozaban en vida. Durante estes días do mes de novembro  forman parte de novo da comunidade e non lles gusta estar rodeados de bágoas, queixumes e excesiva tristeza. É unha celebración agridoce que recoñece  a morte como parte da experiencia humana, como continuación e culminación do ciclo do nacemento, a infancia e a madurez. Salienta os vínculos das persoas coa súa contorna e ten como principal símbolo a caveira.  que aparece en múltiples formatos: doces, debuxos, mascaras, bonecas…  Comunmente son representadas en actitudes divertidas, gozando dos praceres da vida.  As catrinas, unhas das máis populares, están inspiradas na obra de Jose Guadalupe Posada  , que logo retomaría Diego Rivera na súa popular obra “Soño dunha tarde de domingo na Alameda”.  As catrinas aparecen vestidas como elegantes damas da alta nobreza de principios do século 20.

Convidámosvos a ver  a escolma de imaxes e posteriormente escoitar, “La Guapachosa” , canción dedicada á morte onde se reflicten perfectamente os elementos que acabamos de comentar.

 

Jose Guadalupe Posada's original 'La Calavera Catrina,'  1910.

Diego Rivera Soño dunha tarde de domingo na Alameda”. 

Ricardo Espinosa / Mexico Tourism Board Photo

Photo: Christine Delsol, Special To SFGate
Tomascastelazo, Wikipedia / SF
Museo de la Catrina Saltillo Coahuila

Museo de la Catrina Saltillo Coahuila

No comments:

Related Posts with Thumbnails