Friday, 25 February 2011

Sesións do alumnado 1ºBAC TIC na Biblioteca.VI. Precaucións na rede

  Berta e Miguel prepararon a conciencia un dos temas de máis interese para o seu público: as precaucións que debemos tomar na rede para poder sacar o maior proveito de todos os servizos minimizando os riscos tanto para nós como para os nosos equipos. Alguén le algunha vez as condicións de uso que a miúdo firmamos e aceptamos sen botar unha ollada cando abrimos unha conta nunha determinada rede social?. Somos plenamente conscientes do tipo de perfil virtual que imos configurando pouco a pouco con imaxes nosas das que seica preferiríamos prescindir no futuro?
Queredes saber a diferencia entre vermes e troianos e en que medida poden ser perxudiciais para os nosos equipos e que o software malicioso entra facilmente a través do noso correo? Sabes que o teu USB é especialmente vulnerable e como o podes protexer?
Grazas a Berta e Miguel temos toda esta información ben organizada e lista para servirnos de axuda.

BERTA REDONDO GONZÁLEZ
MIGUEL LATAS

 

Thursday, 24 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na biblioteca. V.Software libre e propietario

Unha sesión imprescindible a de Alexandre Couto mais Antonio Castro se queremos ter algúns conceptos claros: Software, Hardware, Adware, Shareware, Malware… esperamos que os asistentes á exposición de hoxe teñan todos estes términos ben definidos de agora en adiante. A verdade é que foi moi interesante. Escoitamos, por exemplo, importantes matizacións á hora de diferenciar entre software libre e software gratuito, producidas pola duplicidade do vocablo inglés “free” que ten ambos significados. Os glogs elaborados por estes dous alumnos almacenan unha completa información sobre o tema tratado e poñen ao dispor de todos os visitantes de Mesturas algunas ligazóns ben escollidas e tamén un par de videos moi didácticos e entretidos que facilitan moito a comprensión destes termos que, as veces, fannos sentir un pouco confusos. O alumnado asistente pasou un rato máis que divertido coas ocorrencias dalgún dos ponentes. Obxectivo conseguido mozos. E non era doado.
.
ALEXANDRE COUTO ESCOBAR
ANTONIO CASTRO CARPINTERO

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na biblioteca. IV. Internet e a situación das mulleres en contextos de represión e illamento.

Hoxe estaba a biblioteca practicamente ao completo coa presenza de dous grupos de alumnado de 4º ESO. Unha audiencia tan numerosa sempre impón e supón unha dificultade engadida para os responsables de calquera exposición. Con todo Diego Baqueira, David Domíngez, Alicia Cores e Javier García non tiveron demasiados problemas en captar a atención dos seus compañeiros e compañeiras ao falar da situación das mulleres en contextos de represión e aillamento. Un traballo moi completo e coidado que até se apoiaba no deseño estético do fondo dos glogs, o mesmo para todos. O grupo decidiu utilizar a imaxe que podedes ver para simbolizar o illamento destas mulleres ás que a rede brinda unha oportunidade extraordinaria para mellorar a súa visibilidade. O traballo incide en aspectos tan interesantes como a restrición dos espazos aos que estas mulleres teñen acceso a pesar de, en moitos casos, a súa formación e o seu elevado nivel económico . Falouse da importancia, ás veces relativa, do veo. Comentouse que moitas delas non o ven como o maior dos seus problemas a pesar dos intensos debates que o seu uso provoca nas nosas culturas. Sobre todo incidiuse no feito de que hai colectivos de mulleres que non responden exactamente ao papel de vítimas pasivas que a miúdo lles asignamos. Mesmo en contextos tan hostís como Afganistán, hai organizacións tremendamente activas de mulleres que se organizan e loitan e fan da rede unha aliada imprescindible para darse a coñecer.
Tras centrar o tema os alumnos relatores de hoxe entraron con máis detalle nos casos particulares da activista chinesa Liu Xia e a Asociación  Revolucionaria de Mulleres Afganas RAWA. para eXemplificar o anteriormente exposto. Por último queremos resaltar un excelente sumario utilizando de novo a ferramenta Vuvox como soporte.

DIEGO BAQUEIRO FARIÑA
DAVID DOMÍNGUEZ VIVAR
ALICIA CORES BARTOLOMÉ
JAVIER GARCÍA ALVAREZ

Wednesday, 23 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. III Repercusión das TIC no mundo do traballo e as mulleres.

Non foi un tema doado o que tiveron que traballar Fernando Gefaell Silvia Chan e Paula Cabeza.
Houbo ademais  algunha  pequena incidencia na organización da sempre complexa cuestión dos horarios cando están implicados varios grupos de alumnado. Esta foi a razón pola que Silvia e Paula non puideron estar presentes na exposición do tema que traballaron conxuntamente con Fernando e foi el quen tivo que expoñer o resultado das súas pesquisas ante os compañeiros de 4º ESO. Fernando falou moi convincentemente e fixo que tod@s reflexionaramos sobre aspectos tan interesantes como:

  • A perda da separación do lugar de traballo e lugar de descanso. As repercusións sobre a organización das tarefas do fogar e a familia. 
  • A deslocalización das empresas.
  • As condicións laborais que implican as retribucións por obxectivos.
  • As dificultades que supón a simultaneidade do traballo: o doméstico máis o profesional.
  • As dificultades de relación co resto de traballador@s

Aínda que por suposto  tamén hai moitísimas facetas positivas como a facilidade de organización e obtención de axudas que as ferramentas dixitais supoñen para as mulleres, especialmente en determinados contextos e a maior oportunidade de obtención de mellores postos de traballo, mesmo en altos niveis de responsabilidade que ata agora non tiñan acadados.

Houbo unha información máis detallada sobre o acceso as TIC de colectivos de mulleres mexicanas e tamén referencias ao interese nestas ferramentas por parte dalgunhas asociacións de mulleres xitanas.

FERNANDO GEFAELL VALCARCE
SILVIA CHAN VÁZQUEZ
PAULA CABEZA RAMOS

Tuesday, 22 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. II Fenda dixital

Hoxe tivemos a sorte de escoitar a Sergio Cano e a Pablo Acuña falar da fenda dixital en relación ao diferente grao de desenvolvemento e tamén en relación ao xénero. O concepto quedou perfectamente claro ante os seus compañeiros e compañeiras que escoitaron moi atentamente e fixeron preguntas sobre varias cuestións, por exemplo o significado da expresión “linguaxe inclusiva” que deu pé a facer algunha reflexión sobre o uso inconsciente que a miúdo facemos das palabras. Soubemos das diferencias en competencias dixitais e as súas implicacións entre  diferentes países e mesmo entre zonas próximas do mesmo país. Sergio máis Pablo foron moi aplaudidos. Quedamos con desexos de máis.  Utilizaron Glogster e Vuvox como ferramentas para a súa exposición. Parabéns rapaces.
PABLO ACUÑA RODRÍGUEZ
SERGIO CANO ANTÓN
 
Queremos destacar moi especialmente o documento elaborado por Pablo Acuña  utilizando Vuvox como soporte e que vos invitamos a visitar.


sergio3

Monday, 21 February 2011

Sesións do alumnado 1º BAC TIC na Biblioteca. I Marcadores sociais. Plataforma Diigo.

    Iniciamos un curso máis a serie de sesións protagonizadas polo alumnado 1º BAC TIC que comezan a ver os froitos de meses de esforzo e xa son quen de amosar os primeiros resultados aos compañeiros de cursos inferiores. Nesta ocasión asistimos á primeira sesión na que  alumnado de 4º ESO puido aprender que as redes sociais son ferramentas moi útiles non só para quedar enganchados ao Tuenti ou ao Facebook senón para compartir información, suliñar páxinas interesantes en rede ou intercambiar materiais co profesorado. Ata esta mañá case ninguén sabía o que era Diigo; tampouco Glogster ou Prezi. Agora xa o saben.  Nestes glogs elaborados polos dous alumnos que explicaron moi convincentemente a utilidade das redes sociais aos seus compañeiros, podedes ver a calidade do traballo realizado. Grazas pois a este grupo de alumnos e alumnas por participar nesta actividade da que todos aprendemos tanto de todos. Seguiremos publicando durante estes días os materiais expostos.
.
.

JUAN PEDRO VIDAL LÓPEZ

FERNANDO SÁNCHEZ VÁZQUEZ

Wednesday, 16 February 2011

Recursos para o 8 de Marzo

Achegamos a proposta didáctica do STEG que nos ven de chegar. Ten cadernos de traballo para Primaria e Secundaria  Grazas Olga

 

Monday, 14 February 2011

Autoodio

Esperamos comentarios. Impagable documento que esperamos non vos deixe indiferentes.

Sunday, 13 February 2011

O gran libro dos medos e outras cousas de Patasdepeixe

Unha delicia este “O gran libro dos medos do rato pequeno” a nova entrega de Patasdepeixe, coma sempre coidadosamente elixida. Esta vez a autora seleccionada para a súa adaptación á nosa lingua é a ilustradora británica Emily Gravett. Tras unha acértadísima tradución-recreación, xa temos diante esta auténtica obra de arte que combina unha gran variedade de materiais como debuxos en branco e negro, collage, páxinas rasgadas, páxinas con papel furado polos propios ratos medorentos... cada páxina é unha aventura e o libro en realidade é un minicontenedor  de inesgotables sorpresas. 

Ademais, todas estas bromas visuais e verbais baixo a aparencia dunha orixinal mestura de noticias e anuncios, están combinadas dunha forma tan intelixente que poden ser perfectamente accesibles tamén para nenos que aínda non saben ler.

O atractivo do libro compleméntase co suxestivo do tema: o medo, as fobias. Esta circunstancia e a forma en que está tratada fano moi atractivo para un amplo rango de idade. Cada páxina está dedicada a unha fobia, algunhas reais, inventadas outras. Nin sequera esqueceron o detalle de deixar espazos en branco para que o afortunado posuidor poida anotar os seus particulares terrores.

Aproveitamos tamén para recomendar “ Coidado extraterrestres” a divertida tradución da obra de Benoît Jacques

En resumidas contas, outro acerto máis. Felicidades Patasdepeixe. Que saibades que valoramos o voso esforzo e profesionalidade. Tamén o voso excelente bo gusto.

coidado extraterrestres

coidado extraterrestres

 

coidado extraterrestres
libro dos medos do pequeno rato

libro dos medos do pequeno rato

Saturday, 5 February 2011

René Maltête

 
Preparamos , hai xa algún tempo, esta presentación sobre René Maltête porque encántannos as súas fotos.  Esperamos que a vós tamén.
 
 

Thursday, 3 February 2011

Feliz Aninovo Chinés

Para todos os nosos alumnos e alumnas chineses
2011. Ano do Coello
 
MURAL COS ANIMAIS DO HORÓSCOPO CHINÉS

Sabedes das charlas do Mercantil?

Desde Mesturas queremos informar dalgunhas das interesantes conferencias programadas para próximas datas no Casino Mercantil

Wednesday, 2 February 2011

EXIPTO

Quedamos á espera do que poida suceder. Túnez, Líbano, Exipto…

Algunhas imaxes recollidas en BIG PICTURE. Algún video que circula pola rede. Temos moito que reflexionar agora que todo o mundo parece ser un experto na situación política e as circunstancias destes países ata agora esquecidos e menosprezados.EGYPT-PROTEST/TEARGAS

 

Thursday, 27 January 2011

O perigo das historias únicas

 Canto poder teñen as historias!. Tanto, que de repetilas unha e outra vez transforman a nosa percepción da realidade. Canto máis simple é unha historia máis poderosa e perniciosa se volve porque produce xuizos monolíticos e inamovibles. Porén, que cómodas resultan!. Deixemos de pensar e discutir!  Para que? Se xa todo encaixa nos moldes correspondentes perfectamente. Apúntemonos tod@s ás historias únicas! Maxistral conferencia. Paga a pena cada un dos 20 minutos que leva escoitala. A nosa vida cotiá está chea de historias únicas e, polo tanto, altamente perigosas.  Atopamos o video a traves da rede de Bibliotecas Escolares Galegas. Moi oportuno. Haberá que prestar atención a Chimananda Adichie de agora en adiante.

  

Sunday, 23 January 2011

Había: con h, con b e til no i

Dende Mesturas temos o privilexio de publicar a carta completa que Elena Vázquez Sarandeses, alumna do noso centro, mandou ao Diario de Pontevedra para denunciar as graves irregularidades detectadas na redacción en galego das probas para os premios extraordinarios da ESO.

A súa valentía e lucidez extraordinarias son só merito seu.

A nós quédanos a inmensa sorte de tela no centro.

Parabéns Elena.

Es un exemplo marabilloso para tod@s nós.

Había: con h, con b e til no i

O día trinta de novembro celebráronse os premios extraordinarios da ESO, exame no que participan todos aqueles alumnos cunha media de máis de 9 nesta etapa. O exame consta de seis partes onde matemáticas, ciencias sociais e unha materia optativa, presentan un dobre formato no que por unha cara do folio o exame está escrito en galego e na outra está en castelán. Despois de ter feito o exame, tan só teño unha dúbida na miña cabeza, non é que desde que somos ben cativos nos ensinaron a non cometer faltas de ortografía? Non era que escribir incorrectamente denotaba non só un certo grao de incultura senón tamén de despreocupación? Ao comezar a ler os exames de matemáticas, historia e física e química, a ortografía brillaba pola súa ausencia. Estas faltas, como puiden comprobar ao tornar o papel, só se producían na versión en galego e non, non eran erratas, non era cousa de letras descolocadas senón que a penetración de palabras en castelán repetíase ao longo dos exercicios. O curioso é que ao outro lado do papel todo estaba correctamente escrito. Que pasa entón co galego? Pretendo deixar a un lado as ideas políticas, a polémica da supremecía dun idioma ou doutro, esquezámonos das imposicións e novas leis, na miña opinión anticulturais, e voltemos a aquelas clases de lingua, lembrémonos da monótona voz da nosa mestra, daquela musiquiña incesante que repetía unha e outra vez todas esas normas. Lembran? A miña intención é criticar a despreocupación do órgano que redactou o exame e que a Consellería de Educación se esquecese todas esas leccións que vimos de lembrar. Pois ben, isto indignoume e irritoume. Non só pola falta de atención da Consellería de Educación senón que non podo asimilar que os textos non estean perfectamente revisados e corrixidos xa que o nivel de importancia e seriedade é enorme. Como é que unha consellería pode permitirse a impresión de centos de exames sen que a pulcritude, a escrupulosidade e a limpeza gobernen nos textos de ditas probas? Cometíase a introdución da conxunción y, letra que nin existe no idioma, así como o cambio de artigos, aparecía una no lugar de unha e la no de a, omitíase a contración de con máis unha, no canto de país desenvolvido e subdesenvolvido, infiltrábase desenvolto e subdesenvolto. Ler aquel exame resultaba semellante a ler something como this, é dicir, the inclusión of outras words which veñen from outro language. Pode que sexa algo esaxerado, que si, que somos bilingües e entendemos perfectamente pero iso non fai que poidamos marxinar á seriedade. O peor é que isto non remataba aquí, xa non só foi cousa desa arrepiante inxección de vocábulos foráneos senón que, lendo a versión da terra, non fun quen de entender un dos problemas de matemáticas. A cousa falaba dun foguete que despegaba e había que representar unha gráfica coa altura á que chegaba. Ao final, dicía: “dende o eixe do chan é x”. Con todo o que dicía antes e o pouco que viña despois, non puiden comprender o que esa frase viña a dicirme polo que tornei o papel para comprobar se é que o meu pavor polas matemáticas facía que non entendese de que ía o problema ou, como ben supuxen, era cousa da redacción. En castelán dicía: “donde el eje del suelo es x”. Obviamente, hai unha moi clara diferenza entre dende e onde. Coido que como estudante galega que son, teño todo o meu dereito a poder ler, entender e facer un problema de matemáticas no meu idioma sen ter que darlle a volta ao exame. Resúltame frustrante este abandono do idioma, é un desprestixio cara á lingua e cara a todas esas persoas que se esforzan por defender o seu uso correcto, desde os máis galeguistas até os que non o son e, sinxelamente, saben que cometer faltas ortográficas implica ineptitude e incompetencia.

Aínda non podo proxectar a idea de como puido ocorrer tal cousa, deume a impresión de que o exame foi feito e revisado por completos ignorantes e, se se me permite, por uns túzaros agrestes que non coidan algo tan fermoso, singular e propio como o é unha lingua. Seica foi iso o que pasou...

Galicia Hoxe
País
Galicia Confidencial

Sunday, 16 January 2011

Desde a música á ética: Gilad Atzmon

Queremos dar a coñecer desde Mesturas a música de Gald Atmon e tamén a súa traxectoria e opinións que defenden unha interesante e sorprendente visión do conflito palestino-israelí.

Gilad Atzmon é músico, escritor e infatigable activista político antixudeu. Nacido en Xerusalén, fillo dunha familia de fondas conviccións sionistas, considérase a si mesmo despois dunha longa traxectoria marcada polo seu amor á música, palestino de lingua hebrea. Vive en Londres.

Recomendámosvos moi especialmente que leades este artigo sobre el.

Tamén esta entrevista

Se o facedes, gozaredes con moitos máis matices desta escolma coa súa música que seguro non vos deixará indiferentes. 


Vía Rebelión

Thursday, 13 January 2011

Lembrando Pulp Fiction

Hoxe deron na radio o tema You never can tell de Chuck Berry, inmortalizado na famosa escena do baile de Pulp Fiction, na que contan que Uma Thurman case sofre unha crise nerviosa porque pensou que nunca podería estar á altura de Travolta. Non resistimos a tentación e achegamos a letra por se vos animades.

Para os interesados en saber practicamente todo da que moitos consideran sen dúbida a mellor obra de Tarantino

 

It was a teenage wedding
and the old folks wished them well
you could see that Pierre did truly love
the madamoiselle
And now the young monsieur and madame
have rung the chapel bell
"c `est la vie", say the old folks
it goes to show you never can tell.

 
They furnished off an apartmentwith a two room Roebuck sale
the coolerator was crammed with TV dinners and ginger ale
But when Pierre found work
the little money comin` worked out well
"c `est la vie", say the old folks
it goes to show you never can tell.

 
They had a hi-fi phono, boy
did they let it blast
seven hundred little records, all rock,rhythm and jazz
but when the sun went down
the rapid tempo of the music fell
"c `est la vie", say the old folks
it goes to show you never can tell
they bought a souped-up jitney
`twas a cherry red `53
they drove it down to Orleans
to celebrate the anniversary
it was there that Pierre was married
to the lovely madamoiselle

Wednesday, 12 January 2011

Haití, un ano despois.

Un ano despois da traxedia de Haití os datos son desoladores. Fontes de Oxfam afirman que tan só  un 5% dos cascallos foron retirados ante a indecisión paralizante dun goberno desacreditado e o atraso imperdoable das axudas prometidas. Big Picture ofrece esta demoledora reportaxe gráfica que en ocasións proporciona fotos tomadas inmediatamente despois do terremoto e fotos recentes do mesmo emprazamento, como as que vos ofrecemos nesta entrada. 

Tamén podedes escoitar o vídeo realizado grazas á iniciativa de varios músicos e compositores con motivo desta triste efemérides.

haiti1

haiti2

Os Simpsons e Bansky

Xa falamos noutra ocasión do enigmático en interesante grafiteiro Bansky. Non sabemos se coñecedes esta curiosa colaboración  na que Banski realiza unha das entradas da mítica serie na que podemos ver á feliz familia contemplando como o seu proprio merchandising é elaborado en condicións deleznables en Corea. É, como pouco sorprendente, admitámolo.

Vía capítulo O

Tuesday, 11 January 2011

Sexo en pedra

Comezamos o novo 2011 cunha referencia á interesante exposición “Sexo en piedra” que tivo lugar en Atapuerca até hai só uns días. A mostra abordou o pouco ou nada coñecido tema do sexo no Paleolítico e proporciona evidencias tan curiosas como a existencia de numerosos debuxos e gravados en pedra e óso que demostran que as ultimas sociedades cazadoras reprodutoras do Paleolítico superior levaban a cabo moi variadas prácticas sexuais  similares ás actuais nas que o sexo non estaba asociado exclusivamente a fins reprodutivos coa salvedade de que probablemente na prehistoria o sexo non estaba vinculado á intimidade e que os nosos devanceiros non se escondían para copular. Sorprenden especialmente as referencias a numerosos gravados que suxiren prácticas homosexuais entre parellas de homes e mulleres.

Para os que non tivemos a sorte de ver a exposición temos este interesante resumo procedente da revista Redes dirixida por Eduard Punset.
Os interesad@s en profundar máis en tan suxestivo tema poden recorrer ao libro Sexo en piedra de Marcos García y Javier Angulo (Editorial Luzán, 2005.

 

Vulvas na cova de Tito Bustillo, Asturias

Tuesday, 21 December 2010

Bo Nadal e Felices Lecturas

Aproveitamos a ocasión para enviar a toda a comunidade educativa do Sánchez Cantón e  tod@s os seguidores de Mesturas os nosos mellores desexos.

AGASALLOS NADAL 2010
EQUIPO BIBLIOTECA-TIC

SE PREMEDES NAS IMAXES, VEREDES AS PORTADAS MÁIS GRANDES
SE PREMEDES NOS TÍTULOS, TEREDES ACCESO Á INFORMACIÓN

Tedes tamén estes agasallos na páxina do centro

Un Nadal Dixital

Sunday, 12 December 2010

Los pájaros de la mina

Acertadísimo o titulo da imprescindible curta dirixida por Víctor Moreno que foi estrenada en Pontevedra o pasado venres 10 de decembro. Dunha gran forza expresiva a asociación entre os afectados de SQM (Sensibilidade Química Múltiple) e os pequenos paxaros que por ser máis sensibles aos efluvios mortais eran utilizados polos mineros para detectar o perigo en determinadas galerías. Coma eles estas persoas  avísannos das impredecibles pero inevitables consecuencias da exposición incontrolada a centos de substancias químicas coas que convivimos de cotío.

Podedes ver o trailer oficial da reportaxe e un excelente documento dunha rapaza afectada polo síndrome na que explica cunha lucidez extraordinaria a súa enfermidade.

Friday, 10 December 2010

Nyotaimori

“Antes de se converter en bandexa vivente para sushi, a  muller é adestrada para permanecer deitada durante horas sen mover un músculo. Ademais, debe ser quen de tolerar a exposición prologada á comida fría. O vello corporal, incluido o púbico, debe estar totalmente depilado. Antes de servir a comida, a muller debe tomar un baño usando un xabón especial sen aroma, terminado con auga fría para baixar un pouco a temperatura do corpo. “

Acabades de ler un texto traducido da Wikipedia, pero hai unha ampla información na rede, se alguén está interesad@. Tamén moitos vídeos en Youtube con só teclear o nome do ritual que, por certo,  tamén podemos solicitar en algúns restaurantes fóra de Xapón, ao parecer.

Trátase da tradición xaponesa do Nyotaimori. Non é unha práctica estendida pero pódese acceder a este tipo de delicatessen en certos restaurantes pagando sumas astronómicas. Supostamente, ademais do evidente pracer estético, con este orixinal método conséguese que a temperatura do sushi sexa totalmente perfecta.  E a muller prato? Preguntarédesvos. Por favor, que mentalidade tan ríxida e puritana tedes. Non hai un pracer maior para ela que a total submisión, a perfecta atención ao cliente manifestada nunha inmobilidade absoluta durante o tempo que dure a degustación na que vai quedando progresivamente espida salvo un pequeno pano que apenas lle cobre a pube rasurada. Obrigada tamén é a absoluta ausencia de xestos e reaccións ante o que se di ou se comenta.

Sen palabras estamos.

Thursday, 9 December 2010

Algunhas novidades

Estas son algunhas das nosas novidades máis recentes. Próximamente estarán en exposición no vestíbulo do centro, xunto a outro stand con máis novidades para o alumnado.

Wednesday, 8 December 2010

Nova música portuguesa

Unha das nosas alumnas de 1º ESO , recentemente chegada de Oporto,  fainos o agasallo desta escolma de nova música portuguesa. Interesante poder saber o que escoita a rapazada do país viciño.

Thursday, 2 December 2010

Busuu

Hai unha rede social para  aprender idiomas chamada Busuu. O busuu é unha lingua africana que só falan, ao parecer 8 persoas, segundo datos de 1980. Os creadores da rede crearon este video co fin de aumentar o tráfico da mesma e oímos que as visitas están aumentando exponencialmente. Non nos estrana porque o video é divertido e trasmite moi boas vibracións. Por certo un día destes darémonos de alta en Busuu para ver que se move por alí. De momento gústanos o deseño,  limpo e aparentemente de fácil navegación.

Related Posts with Thumbnails