"POÑER FIN Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E AS NENAS" FOI O LEMA ELIXIDO PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NO ANO 2007.
A eliminación da violencia contra as mulleres segue sendo, por desgraza, un dos desafíos máis graves e imperiosos dos nosos tempos. Todo o mundo ten a responsabilidade de actuar ante tal violencia. Todos e cada un de nós temos o deber de apoiar e manter un contexto político e social no que non se tolere a violencia contra as mulleres e as nenas, no que os amigos, os familiares, os veciños, os homes e as mulleres interveñan para impedir que os autores deses actos queden impunes.

Non che levará demasiado tempo ler a información que hai neste documento. Di cousas como esta:
"Polo menos unha de cada tres mulleres foi golpeada, obrigada a ter relacións sexuais ou maltratada doutro xeito ao longo da súa vida. Polo xeral, o autor da violencia é un membro da súa propia familia ou algún coñecido. A violencia no fogar é a forma máis xeralizada de maltrato da muller no mundo enteiro, independentemente da orixe étnica, a educación, a clase social e a relixión".

Lembra que hai bastante información na páxina do centro, aínda que non temos tratado o tema da violencia de forma explícita e tes unha ampla bibliografía na biblioteca. Esta é a ligazón ao SERVIZO GALEGO DE IGUALDADE, onde podes
atopar unha guía PRÁCTICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO.
atopar unha guía PRÁCTICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO.Hai un teléfono de atención as 24 horas: 900.400.273.
Noutra orde de cousas non deixes de botar unha ollada a esta páxina: ALBUM DAS MULLERES. Moi interesante.
Maruja Mallo

No comments:
Post a Comment