
Varios grupos de compañeir@s, seguindo este proxecto, están traballando en diferentes cursos en temas relacionados coa cultura alimentaria, a forma en que comemos e as repercusións que a alimentación ten tanto para cada un de nós como para a sociedade. A todos eles ánimo e visitade esta páxina onde baixo o titulo de Caldeirada de letras podedes encontrar suxestións bibliográficas acompañadas dun breve comentario. Entre esas referencias hai unha que promete aportar moita luz sobre a tendencia dos galegos e doutros pobos a celebrar con grandes e interminables banquetes os acontecementos sinalados: vodas, bautizos e mesmo pasamentos.
Non vos preguntachedes como nun momento de proliferación de dietas e de publicidade encamiñada a vender unha imaxe estilizada do corpo proliferan as festas gastronómicas e persisten as comidas pantagruélicas?
O libro en cuestión chámase El hambre en España. Una Historia de la alimentación, escrito por Miguel Ángel Almodóvar.
No prologo dise: "Sólo un pueblo que ha pasado mucha hambre durante siglos y milenios puede desarrollar un gen, o una enzima, que permita a sus miembros trasegar las descomunales cantidades de comid


Noutra sección da páxina hai varios comentarios suxestivos como o que conta as peripecias de Leonardo da Vinci como cociñeiro e deseñador de artefactos de cociña entre eles un muíño para pica-los grans de pementa e un forno de cociña (ver a imaxe). Tamén vos ofrecen a súa receita de sopa de castañas. Pincha nas imaxes.
Fai clic en Cociñando na lareira para entrar no receitario con elaboracións da cociña tradicional galega.
Fai clic en Cociñando na lareira para entrar no receitario con elaboracións da cociña tradicional galega.
No comments:
Post a Comment