Sunday, 15 April 2007

A DAY IN THE LIFE OF AFRICA


Enlazando coa entrada anterior non resistimos a tentación de facer unha nova referencia a ÁFRICA, sen dúbida, o continente máis descoñecido e esquecido. Se mirades o mapa da esquerda veredes dunha forma moi gráfica a inmensidade da súa extensión. Propoñémosvos un xogo. Cantos dos preto de 60 países africanos saberiades colocar?. Podedes entretervos un intre facendo clik nesta ligazón.
.
Conscientes da dificultade de nin tan sequera poder esbozar unha análise mínimamente precisa da diversa e complexísima realidade africana, a empresa OLYMPUS enviou, hai 4 anos, a 100 dos fotógrafos máis reputados a nivel mundial e repartiunos por todos os países africanos para facer fotos durante un día enteiro intentando, deste xeito, captar en imaxes parte da súa esencia. O proxecto chámase "A day in the life of Africa" Con este incrible material fotográfico editouse un libro. Os beneficios da súa venda doáronse a varias fundacións que loitan contra a sida. Podedes ver parte do impresionante resultado nesta ligazón. Hai máis de cen magníficas fotografías. Paga a pena.
..

3 comments:

ADMINISTRADORES said...

Dedicamos esta entrada ao segrel do penedo e a todas as compañeiras e compañeiro de AGABEL, para poñer a proba o seu coñecemento/descoñecemento da xeografía africana e, sobre todo, para agradecer o seu apoio a esta bitácora que non fixo máis que empezar. Bicos e grazas desde o Sánchez Cantón

O Segrel do Penedo said...

Para que comprobedes a miña fidelidade, aquí estou eu, disfrutando de “A Day in Africa” recen colgado do voso extraordinario blog. É unha marabilla, pero o que non podía imaxinar era a dedicatoria.
Graciñas e a seguir aloumiñando o noso espírito.
Bicos.
PD:Espero vervos no I Premio Espiral!!

Trasar said...

Pois que é ben interesante este blog, as fotos africanas son impresionantes e moitísimas, ánimo sanchez canton

Related Posts with Thumbnails