Thursday, 12 April 2007

MENOS LINGUAS QUE EN BABEL?

Coñecedes a historia de Babel? Se premes na imaxe poderás ver ampliado o famoso zigurat recreado por Brueghel. Desde a súa mención na Biblia, o nome de Babel sempre estará indisolublemente vencellado á diversidade das linguas que se falan no mundo. Pois ben, segundo a UNESCO estes son algúns datos acerca da situación das linguas na actualidade:

- Máis do 50% das 6.000 linguas do mundo corren perigo de desapareceren.
- O 96% das 6.000 linguas que hai no mundo son faladas por só o 4% da poboación mundial.
- O 90% das linguas do mundo non están representadas en Internet.
- Unha lingua máis ou menos desaparece cada dúas semanas.
- O 80 % das linguas africanas carecen de trascripción escrita.

Como unha pequena homenaxe a estas linguas africanas invitámosvos a escoitar Tajabone, unha fermosa e evocadora canción do cantante senegalés
Ismael Lo
. Poderás escoitar wolof, a língua vehicular máis importante do Senegal. Tajabone fala dunha festividade musulmana, ao rematar o Ramadán, na que os nenos e as nenas cambian as súas ropas e recollen doces e comida. Por curiosidade, estas son as primerias estrofas:

Tajabone beni tajabone
Tajabone beni tajabone
Habdu buhu yamba, nyari malaïka

Rhawe hekiko darum siserum
momu muhu dida neka mukedinga
momu muhu dida neka muhonga (bis)

Tajabone beni tajabone
Tajabone beni tajabone
Wele, Wele, Wele
Wele Abdu nyamba ...wele
Nyari malaïka ...wele
Sika ule yowe ...wele Dari siserum ... wele munina ...wele eka muninga...wele munina ...wele eka muhola...wele ah ah ah ...Tajabone.

2 comments:

Anonymous said...

Parabéns Mesturas!!
Cada día entro na vosa marabillosa bitácora e nunca deixades de sorprenderme.
Unha aperta.

Anonymous said...

gustoume moito a cancion
seguide asi que o estades facendo moi ben un saudo dunha alumna do sanchez

Related Posts with Thumbnails